domingo, 2 de outubro de 2016

Ao rematar a lectura...

Nesta avaliación na que estamos a facerlle unha homenaxe a Agustín Fernández Paz, podedes escoller un dos seguintes traballos ao rematar a lectura:

.- Booktrailer: un pequeno vídeo que promociona un libro. 
Elementos dun booktrailer:
- Entrada de presentación e editorial
- Textos seleccionados do libro
- Imaxes
- Información sobre o autor
Características:
- Pouca duración
- Gran intensidade
- Funciona como un pequeno avance
- Trata de enganchar o público
- Proporciona información

.- Booktuber: precisamos unha webcam, un ordenador, e falar. É facer unha crítica do libro lido, compartindo a paixón libresca.

.- Un álbum ilustrado. Converter o libro en álbum

.- Un cómic. Converter o libro en cómic

Ningún comentario:

Publicar un comentario