sábado, 15 de febreiro de 2020

Colocación do pronome átono

LEMBRADE:
1º: O pronome átono non se debe confundir co pronome tónico.
Vós sabedes que non vos esquezo.
A nós non che nos deu nada
 
2º: O pronome átono NUNCA pode iniciar frase.
Chameite por teléfono, pero saltou o contestador.
Quedáronme dous xurelos sen vender.
Se na frase hai unha pausa (con coma na escrita ou pausa oral) o pronome debe ir despois do verbo, pois non debe comezar o enunciado: Axiña, ponte a traballar.
 
3º: A súa colocación normal é DESPOIS do verbo.
Iguais a eses hainos en calquera sitio.
            Xoán chamoute ao móbil varias vaces.

Excepcións

-- O pronome átono vai DAINTE do verbo nos seguintes casos:
 
1. Nas oracións subordinadas: Dille que me chame.
 
2. Nas oracións interrogativas e exclamativas: ¿Canto che custou?
 
3. Nas oracións desiderativas: oxalá me chamen para esa película.
 
4. Nas oracións negativas: Non te coñezo.
 
5. Cando o verbo vai precedido de certos adverbios: acaso, aínda, xa, axiña, mesmo, sempre, nunca, tamén…
              e cando o verbo vai precedido por algúns indefinidos: algo, alguén, ninguén, ambos, bastante, calquera, todo, nada.
 
           6. Cando comeza o enunciado un elemento do predicado que habitualmente vai detrás do verbo, para focalizar a atención sobre el: Ganas me deron de marchar de alí.

Acabamos de dicir que algúns adverbios e indefinidos esixen a anteposición do pronome. Máis doado que memorizar cales son os que esixen a proclise do pronome (é dicir, que vai diante do verbo) podes facer o seguinte razoamento: estas clases de palabras adoitan figurar no predicado despois do verbo; daquela, os enunciados nos que os adverbios ou os indefinidos van diante do verbo son enunciados enfáticos, polo que o pronome debe ir diante do verbo.
Mais, vaiamos por partes.
Esixen proclise os seguintes indefinidos:
-         Ninguén, nada e ningún (xa por seren negativos): Ninguén me axudou.
-         Algo, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos, mesmo e todo. (Alguén nos avisará).
-         O problema está en que algúns indefinidos, como os da serie seguinte: algún, outro, un, os máis, os demais, moito, moi, pouco, tal, tanto, tan, máis, menos e demasiado, unhas veces esixen proclise, outras non e outras depende do contexto. Poñamos de novo un pouco de lóxica e será doado distiguir cando debe haber proclise ou enclise. Observa estas oracións: 
            Algún día hasme dar a razón/ Algún che gustará, non é?
Observa que a primeira permite unha pequena pausa entre a frase que contén o indefinido (algún día) e o verbo, polo que -como na norma xeral- o pronome vai despois do verbo. Mais a segunda non permite esa pausa e conleva unha entoación enfática, polo que esixe a proclise.   
Tamén son deste tipo: 
Tanto che me ten/
Demasiado o sabía ela / 
Tan honrado che é Xan coma Pericán.

Os adverbios 

Compórtanse de xeito semellante aos indefinidos:

A maioría nunca esixen proclise (De súpeto achegouse a nós).

Algúns fano por razóns de énfase (Si o teño/Si, téñoo; Mal te vexo/ véxote mal).


Outros dependen do significado: logo e agora provocan proclise cando significan “axiña”, pero non con outros significados (Agora vos atendo/ agora chámanos por orde).


En definitiva, adverbios como
acaso, aínda, xa, axiña, mesmo, sempre, nunca, tamén, case, ata, disque, eis, seica, velaí, só, ben, cedo, tarde, mal, moito, talvez, quizaispoden esixir a anteposición do pronome cando, precedendo ao verbo, están en posición enfática e non admiten pausa antes do verbo: Aínda te lembro/ Aínda me parecen poucas suspensas.



Colocación cos infinitivos

Se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome vai despois: Fora mellor contarllo antes.
 
Nos outros casos o pronome pode ir antes ou despois:
É unha tolemia non llo dicir/ É unha tolemia non dicirllo.
 
Mesmo se pode intercalar entre o infinitivo e a preposición/conxunción que o rexe (se é o caso):
  Teño que dicircho/       téñocho que dicir/   teño que cho dicir.

 

 ORDE DOS PRONOMES:

A orde de colocación dos pronomes é a seguinte:
Primeiro vai o pronome se, logo o pronome de solidariedade, despois o complemento indirecto e por último o complemento directo.

 http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/colocacin_do_pronome_tono.html

xoves, 13 de febreiro de 2020

O pronome persoal átono


Formas de Complemento Directo


Singular
Plural
1ª pers
2ª pers
3ª pers
1ª pers
2ª pers
3ª persoa
me
te
o/lo/no
a/la/na
nos
vos
os/los/nos
as/las/nas


Alomorfos da 3ª persoa:

- no/na/nos/nas úsanse despois dun verbo rematado en ditongo (Merqueino barato. Chamouno a nai).
- lo/la/los/las úsanse tras verbo rematado en –r ou –s, tras os pronomes átonos "nos", "vos" e "lles" e tralo adverbio interrogativo –u (¿Ulo?).
- o/a/os/as empréganse no resto dos casos.


Formas de Complemento Indirecto


Singular
Plural
1ª pers
2ª pers
3ª pers
1ª pers
2ª pers
3ª persoa
me
che
lle
nos
vos
lles

- Te, pronome de 2ª persoa de CD: onte vinte na rúa.
- Che, pronome de 2ª persoa de CI: tróuxenche un agasallo.
- Lle , pronome de 3ª persoa singular de CI (a el ou a ela): deille un bo consello.
       - Lles, pronome de 3ª persoa plural e CI (a eles ou a elas): deilles un bo consello.

Formas reflexivas

Ocorren cando o pronome persoal representa a mesma persoa do suxeito (o suxeito e o pronome teñen o mesmo referente).
Pro. reflexivo
1ª p. sg
1ª p. pl.
2ª p. sg.
2ª p. pl.
3ª p. sg e pl.
Sen prep.
me
nos
te
vos
se
Con prep.
min comigo
nós
connosco
ti
contigo
vós
convosco
si
consigo

 

Contraccións


o
a
os
as
me
mo
ma
mos
mas
che
cho
cha
chos
chas
lle
llo
lla
llos
llas
nos
nolo
nola
nolos
nolas
vos
volo
vola
volos
volas
lles
llelo
llela
llelos
llelas

LLO-LLELO




EXERCICIOS

http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/o_pronome_persoal_tono.html

http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/exercicios_teche.html

http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/substitucin_de_cd_e_ci_polo_pronome_correspondente.html

 Teísmo e Cheísmo:





mércores, 12 de febreiro de 2020

O pronome persoal tónico


Pronomes persoais tónicos

Desempeñan a función de suxeito:
Ti mais el sodes coma dúas pingas de auga.
 
Van tras preposición e tralas conxuncións comparativas:
Teño medo de vós. Xoel é tan rápido coma min.


Singular
Plural

1ª persoa
2ª persoa
3ª persoa
1ª persoa
2ª persoa
3ª persoa

Suxeito
Eu
Ti
El/ela
Nós
nosoutros
Vós
vosoutros
Eles/elas

Con prep.
Min
Ti
Si
Nós
Nosoutros
Vós
Vosoutros
Si

Prep.con
Comigo
Contigo
Consigo
Connosco
Convosco
Consigo


As formas de cortesía son vostede e vostedes: esixen o verbo en 3ª persoa
 Nosoutros e vosoutros son plurais de exclusividade (Imos recoller todos a leña; nosoutros xuntámola e vosoutros cargádela no carro).
Na terceira persoa as formas si e consigo son sempre reflexivas.
 Os pronomes tónicos de 1ª e 2ª persoa de plural deben levar til para diferenciarse dos átonos: Vós non vos erguedes a tempo.
Connosco, convosco son as formas tradicionais, preferibles a con nós ou con vós. Mais se o pronome leva algún adxacente, as formas sintéticas non son posibles: viñeron convosco/ viñeron con vó-las dúas.

Contraccións:



el
ela
eles
elas
de
del
dela
deles
delas
en
nel
nela
neles
nelas