Non hai tempos compostos na conxugación dos verbos galegos
1ª CONXUGACIÓN :andar
|
2ª CONXUGACIÓN: bater
|
3ª CONXUGACIÓN: vivir
|
Presente de indicativo
|
Presente de indicativo
|
Presente de indicativo
|
ando
andas
anda
andamos
andades
andan
|
bato
bates
bate
batemos
batedes
baten
|
vivo
vives
vive
vivimos
vivides
viven
|
Copretérito de indicativo
|
Copretérito de indicativo
|
Copretérito de indicativo
|
andaba
andabas
andaba
andabamos
andabades
andaban |
batía
batías
batía
batiamos
batiades
batían |
vivía
vivías
vivía
viviamos
viviades
vivían |
Pretérito de indicativo
|
Pretérito de indicativo
|
Pretérito de indicativo
|
andei
andaches
andou
andamos
andastes
andaron |
batín
batiches
bateu
batemos
batestes
bateron |
vivín
viviches
viviu
vivimos
vivistes
viviron |
Futuro de indicativo
|
Futuro de indicativo
|
Futuro de indicativo
|
andarei
andarás
andará
andaremos
andaredes
andarán |
baterei
baterás
baterá
bateremos
bateredes
baterán |
vivirei
vivirás
vivirá
viviremos
viviredes
vivirán |
Antepretérito de indicativo
|
Antepretérito de indicativo
|
Antepretérito de indicativo
|
andara
andaras
andara
andaramos
andarades
andaran |
batera
bateras
batera
bateramos
baterades
bateran |
vivira
viviras
vivira
viviramos
vivirades
viviran |
Pospretérito
|
Pospretérito
|
Pospretérito
|
andaría
andarías
andaría
andariamos
andariades
andarían |
batería
baterías
batería
bateriamos
bateriades
baterían |
viviría
vivirías
viviría
viviriamos
viviriades
vivirían |
Presente de subxuntivo
|
Presente de subxuntivo
|
Presente de subxuntivo
|
ande
andes
ande
andemosos
andedes
anden
|
bata
batas
bata
batamos
batades
batan |
viva
vivas
viva
vivamos
vivades
vivan |
Pretérito de subxuntivo
|
Pretérito de subxuntivo
|
Pretérito de subxuntivo
|
andase
andases
andase
andásemos
andásedes
andasen |
batese
bateses
batese
batésemos
batésedes
batesen |
vivise
vivises
vivise
vivísemos
vivísedes
vivisen |
Futuro de subxuntivo
|
Futuro de subxuntivo
|
Futuro de subxuntivo
|
andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren |
bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren |
vivir
vivires
vivir
vivirmos
vivirdes
viviren |
Imperativo
|
Imperativo
|
Imperativo
|
anda
andade |
bate
batede |
vive
vivide |
Infinitivo
|
Infinitivo
|
Infinitivo
|
andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren |
bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren |
vivir
vivires
vivir
vivirmos
vivirdes
viviren |
Xerundio
|
Xerundio
|
Xerundio
|
andando |
batendo |
vivindo |
Participio
|
Participio
|
Participio
|
andado |
batido |
vivido |
- R = Raíz.
- VT = Vogal temática.
- SMT = Sufixo modo temporal.
- SNP = Sufixo número persoal.
Caracterización morfolóxica do verbo
1. Raíz (R): aporta o contido léxico (lexema); é o único constituínte obrigatorio:
1.1. Será rizotónica se leva acento (and-o), arrizotónica se non o leva (and-a-ba)
1.2. Indica se un verbo é regular ou irregular (neste caso haberá unha raíz de presente e outra de pretérito). Tamén muda nos verbos con alternancia.
2. Vogal temática (VT): Indica a
conxugación: primeira (
CI), segunda (
CII) ou terceira (
CIII).
A maioritaria tirámola do infinitivo:
CI: -a-: and-a-r
CII: -e-: varr-e-r
CIII: -i-: part-i-r
Pero presenta
alomorfos (variantes):
-ø-: nas seguintes persoas das
tres conxugacións:
- p1 do pste. de indicativo: and-ø-ø-o, varr-ø-ø-o, part-ø-ø-o;
- todas do pste. de subxuntivo: and-ø-e-mos, varr-ø-a-mos, part-ø-a-mos.
CI:
-e-, -o-: no pretérito:
and-e-i (p1)
and-o-u (p3)
CII:
-i-: en todo o copretérito:
varr-i-a-mos; no participio,
varr-i-do;
e nas p1 e p2 do pretérito:
varr-í-n,
varr-i-ches.
CIII:
-e-: p2, p3, p6 do pste. de indicativo:
part-e-s, part-e, part-e-n.
3. Sufixo de modo e tempo (SMT): Indíca modo, tempo, aspecto.
a) Indicativo:
presente e pretérito: -ø-: and-a-ø-s; and-a-ø-ches.
copretérito: –ba- na CI: and-a-ba-mos; -a- nas CII e CIII: varr-i-a-mos, part-i-a-mos.
antepretérito: -ra-: and-a-ra-mos.
pospretérito: -ria-: and-a-ria-mos.
futuro: -re- / -ra-: and-a-re-mos, and-a-rá-s.
b) Subxuntivo:
presente: -e- na CI: and-ø-e-mos; -a- nas CII e CIII: varr-ø-a-mos, part-ø-a-mos.
pretérito: -se-: and-á-se-mos.
futuro: -r- / -re-: and-a-re-s, and-a-r-mos.
imperativo: -ø-: and-a-ø, and-a-ø-de.
c) Nas formas nominais indica máis ben substancia (infinitivo) ou aspecto (xerundio e participio):
infinitivo: -r: varr-e-r;
participio: -do: varr-i-do;
xerundio: -ndo: varr-e-ndo.
d) Infinitivo conxugado:
-r- / -re-: varr-e-r-mos, varr-e-re-n.
4. Sufixo de número e persoa (SNP):
P1:
-ø na maioría:
and-a-ba-ø, and-a-se-ø…
-o no pste. indicativo:
and-ø-ø-o
-i no pretérito da CI:
and-e-ø-i
-n no pretérito das CII e CIII:
varr-í-ø-n
P2: -
s en case todos os tempos:
and-a-ba-s…
-ches no pretérito:
and-a-ø-ches
-ø no imperativo:
and-a-ø-ø-
P3:
-ø na maioría:
and-a-ra-ø, and-a-ría-ø…
-u no pretérito:
and-o-ø-u, varr-e-ø-u
P4:
-mos sempre:
and-a-re-mos, and-a-r-mos
P5:
-des na maioría:
part-i-re-des, and-a-ø-des…
-stes no pretérito de indicativo:
and-a-ø-stes
-de no imperativo:
and-a-ø-de
P6:
-n na maioría:
part-i-rá-n, varr-e-se-n…
-ron no pretérito:
varr-e-ø-ron
|
Cantar
|
Comer
|
Partir
|
Presente Indicativo
|
cant-Ø-o*
cant-a-Ø-s
cant-a-Ø-Ø
cant-a-Ø-mos
cant-a-Ø-des
cant-a-Ø-n
|
com-Ø-o*
com-e-Ø-s
com-e-Ø-Ø
com-e-Ø-mos
com-e-Ø-des
com-e-Ø-n
|
part-Ø-o*
part-e-Ø-s
part-e-Ø-Ø
part-i-Ø-mos
part-i-Ø-des
part-e-Ø-n
|
Copretérito
(Imperfecto de indicativo)
|
cant-a-ba-Ø
cant-a-ba-s
cant-a-ba-Ø
cant-a-ba-mos
cant-a-ba-des
cant-a-ba-n
|
com-í-a-Ø
com-í-a-s
com-í-a-Ø
com-i-a-mos
com-i-a-des
com-í-a-n
|
part-í-a-Ø
part-í-a-s
part-í-a-Ø
part-i-a-mos
part-i-a-des
part-í-a-n
|
Pretérito de indicativo
(Perfecto de indicativo)
|
cant-e-Ø-i
cant-a-Ø-ches
cant-o-Ø-u
cant-a-Ø-mos
cant-a-Ø-stes
cant-a-Ø-ron
|
com-í-Ø-n
com-i-Ø-ches
com-e-Ø-u
com-e-Ø-mos
com-e-Ø-stes
com-e-Ø-ron
|
part-í-Ø-n
part-i-Ø-ches
part-i-Ø-u
part-i-Ø-mos
part-i-Ø-stes
part-i-Ø-ron
|
Antepretérito
(Pluscuamperfecto)
|
cant-a-ra-Ø
cant-a-ra-s
cant-a-ra-Ø
cant-a-ra-mos
cant-a-ra-des
cant-a-ra-n
|
com-e-ra-Ø
com-e-ra-s
com-e-ra-Ø
com-e-ra-mos
com-e-ra-des
com-e-ra-n
|
part-i-ra-Ø
part-i-ra-s
part-i-ra-Ø
part-i-ra-mos
part-i-ra-des
part-i-ra-n
|
Futuro de indicativo
|
cant-a-re-i
cant-a-rá-s
cant-a-rá-Ø
cant-a-re-mos
cant-a-re-des
cant-a-rá-n
|
com-e-re-i
com-e-rá-s
com-e-rá-Ø
com-e-re-mos
com-e-re-des
com-e-rá-n
|
part-i-re-i
part-i-rá-s
part-i-rá-Ø
part-i-re-mos
part-i-re-des
part-i-rá-n
|
Pospretérito
(Condicional)
|
cant-a-ría-Ø
cant-a-ría-s
cant-a-ría-Ø
cant-a-ria-mos
cant-a-ria-des
cant-a-ría-n
|
com-e-ría-Ø
com-e-ría-s
com-e-ría-Ø
com-e-ria-mos
com-e-ria-des
com-e-ría-n
|
part-i-ría-Ø
part-i-ría-s
part-i-ría-Ø
part-i-ria-mos
part-i-ria-des
part-i-ría-n
|
Presente de subxuntivo
|
cant-Ø-e-Ø
cant-Ø-e-s
cant-Ø-e-Ø
cant-Ø-e-mos
cant-Ø-e-des
cant-Ø-e-n
|
com-Ø-a-Ø
com-Ø-a-s
com-Ø-a-Ø
com-Ø-a-mos
com-Ø-a-des
com-Ø-a-n
|
part-Ø-a-Ø
part-Ø-a-s
part-Ø-a-Ø
part-Ø-a-mos
part-Ø-a-des
part-Ø-a-n
|
Pretérito de subxuntivo
(imperfecto de subxuntivo)
'
|
cant-a-se-Ø
cant-a-se-s
cant-a-se-Ø
cant-á-se-mos
cant-á-se-des
cant-a-se-n
|
com-e-se-Ø
com-e-se-s
com-e-se-Ø
com-é-se-mos
com-é-se-des
com-e-se-n
|
part-i-se-Ø
part-i-se-s
part-i-se-Ø
part-í-se-mos
part-í-se-des
part-i-se-n
|
Futuro de subxuntivo
|
cant-a-r-Ø
cant-a-r-es
cant-a-r-Ø
cant-a-r-mos
cant-a-r-des
cant-a-r-en
|
com-e-r-Ø
com-e-r-es
com-e-r-Ø
com-e-r-mos
com-e-r-des
com-e-r-en
|
part-i-r-Ø
part-i-r-es
part-i-r-Ø
part-i-r-mos
part-i-r-des
part-i-r-en
|
Imperativo
|
cant-a-Ø-Ø
cant-a-Ø-de
|
com-e-Ø-Ø
com-e-Ø-de
|
part-e-Ø-Ø
part-i-Ø-de
|
Infinitivo conxugado
'
|
cant-a-r-Ø
cant-a-r-es
cant-a-r-Ø
cant-a-r-mos
cant-a-r-des
cant-a-r-en
|
com-e-r-Ø
com-e-r-es
com-e-r-Ø
com-e-r-mos
com-e-r-des
com-e-r-en
|
part-i-r-Ø
part-i-r-es
part-i-r-Ø
part-i-r-mos
part-i-r-des
part-i-r-en
|
PRESENTE: a acción que presenta
ocorre no mesmo momento en que se fala:
"Varro a escaleira e axiña xogamos"
PRET.IMPERFECTO(copretérito): sinala a coincidencia da acción cun momento do pasado:
"Daquela comiamos moita froita"
PRET.PERFECTO(pretérito): indica unha acción anterior ó momento da fala:
"Hai dous días que andei pola praia"
P.PLUSCUAMPERFECTO(antepretérito): expresa unha acción rematada no pasado, anterior a outra tamén pasada:
"Cando falei contigo, xa varrera a escaleira"
FUTURO: expresa un acontecemento que vai vir con posterioridade ó momento presente:
"Mañá collerei as miñas cousas"
FUT.HIPOTÉTICO(pospretérito): serve para indicar un tempo futuro a partir dun momento do pasado:
"Avisou que chegarían onte a iso das cinco"
SUBXUNTIVO
O modo da irrealidade, do desexable, do posible, ...
O FUTURO DE SUBXUNTIVO:
1. Forma: ten as mesmas
desinencias que o infinitivo conxugado, de maneira que a súa forma pero
nos verbos irregulares leva a raíz de pretérito:
- coincide nos verbos regulares: andarmos e andarmos; comeren e comeren;
- é distinta nos irregulares por levar a raíz de pretérito:
infinitivo conxugado: dicirdes, quereren, caberes;
futuro de subxuntivo: dixerdes, quixeren, couberes.
2. Valor: indica unha acción futura non real pero con probabilidade de realizarse:
cando viñeres pola casa, veralo.
3. Uso: este tempo verbal está case perdido na fala, tal vez por presión do castelán, pero
- consérvase en frases feitas e refráns: veña o ben e veña por onde quixer;
- estase a recuperar sobre todo na lingua literaria e en rexistros formais da escrita documental xurídica e administrativa: os que botaren o lixo fóra dos colectores, serán multados.
IMPERATIVO
O modo das ordes, recomendacións, ...
INFINITIVO CONXUGADO
Emprégase cando o infinitivo ten suxeito propio distinto do que leva
o verbo principal:
"Pasou iso por andaren coma tolos"
1. Fórmase sobre a base do infinitivo nominal, tanto nos verbos regulares coma nos irregulares: and-a-r, and-a-re-s, and-a-r, and-a-r-mos, and-a-r-des, and-a-re-n
2. Emprégase nos seguintes casos:
2.1. Cando leva suxeito distinto ao do verbo da oración dominante: entrou na casa sen o saberen os donos, ao chegaren as chuvias sacaban os paraugas.
2.2. Aínda tendo o mesmo suxeito que o da frase dominante, cando vai precedido de preposición, sobre todo se vai antes: para achegáreste a eles, toma precaucións; antes de marchardes, comede algo.
Cando vai posposto ao verbo da oración dominante, usarémolo fundamentalmente se hai certa distancia entre ambos: Seguide por ese estreito carreiro da beiramar ata verdes as illas.
3. Non o usaremos nunca:
- nas perífrases: tedes que traballar,
- cando a preposición é esixida polo verbo: non vos esquezades de cerrar ben a billa.
4. Úsase en frases completivas e circunstanciais do máis variado:
- completivas (sen nexo): estardes atentos é fundamental, é preciso abrigármonos;
- circunstanciais (sempre encabezado por unha preposición, nunca conxunción):
- finais (con para): apurade un pouco máis o paso para chegardes a tempo;
- causais (con por): por falarmos de máis, metémonos nun compromiso;
- temporais (coa contracción ao): ao chegares, avísame;
- condicionais (con de): de cociñares mellor, contrataríante;
- concesivas e outros valores (con con): con choraren, non o van conseguir.
Son regulares: os verbos acabados en -cer (menos facer), -cir (menos dicir):
nazo, parezo, aparezo, renazo, conduzo, reduzo, produzo ... (1 ª presente de indicativo)
naces, pareces, apareces, renaces, conduces, produces ... (2ª presente de indicativo)
naza, pareza, apareza, renaza, conduza, produza ... (1ª presente de subxuntivo)
nacín, parecín, reducín, producín, conducín ... (1º pretérito)
reduciras, conduciras, produciras ... (2ª antepretérito)
Algúns verbos con futuro de indicativo e pospretérito regulares son:
caber, haber, poder, poñer/pór, querer, saber, saír, ter, valer, vir
caberei, haberás, poderá , poñeremos/poremos, quereredes, saberán, terei, valerás, (futuro)
viría, caberiamos, haberiades, poderían, poñería/poría, querería, saberiamos, sairiades, terían, valerei, virías ... (pospretérito)
Son da segunda conxugación, entre outros moitos
, os seguintes verbos:
bater (combater, debater, rebater ...), correr (concorrer, escorrer, ocorrer, percorrer, transcorrer ...) derreter, fender, ferver, render, rexer, romper (corromper, interromper, prorromper ...), verter (converter, perverter ...), xemer
Mais: advertir, divertir, tusir... son da 3ª
1. Diferenzas da nosa fala co estándar:
1.1. As p4 e p5 de copretérito, antepretérito e pospretérito de indicativo son
- graves: andabamos, andabades; andaramos, andarades; andariamos, andariades;
- esdrúxulas na nosa fala: *andábamos, *andárades, *andaríamos…
Cómpre, polo tanto, non acentualas na escrita.
1.2. As p2 e p5 do pretérito levan como SNP
- no estándar: -ches, -stes: ti andaches, vós andastes;
- na nosa fala -stes, -stedes: ti *andastes, vós *andástedes
1.3. A VT da p2 do pretérito da CII é
- no estándar -i- : ti com-i-ches, ti tem-i-ches;
- na nosa fala -e-: ti *com-e-eches , *com-e-stes.
1.4. A p3 do pretérito das CII e CIII levan como VT
- no estándar, a do seu infinitivo: varr-e-u de varr-e-r; part-i-u de part-i-r;
- pero na nosa bisbarra harmonizámolas consonte a fala respectiva:
- *varr-i-u, part-i-u na fala fisterrá norteña (de Louro para norte)
- varr-e-u, *part-e-u na fala fisterrá sureña (de Muros para sur).
1.5. As p4 e p5 do infinitivo conxugado levan -r- como SMT
- no estándar -r-: and-a-r-mos, and-a-r-des;
- na nosa fala usamos -re-: *and-á-re-mos, *and-á-re-des.
2. Son regulares os verbos seguintes:
2.1.
andar, coa raíz sempre
and-:
andei, andou, andarades, andasen…;
non *anduv- nin *andiv-: *anduven, *andivo, *andivera…
2.2. Nos verbos regulares
crer, ler, rir e derivados (
descrer, reler, sorrir...) prodúcense certas contraccións:
les, cres, ris; non *
lees,* crees, *ries
liches, criches, riches; non *leiches,* creiches, *reiches
lemos, cremos, rimos…; non *leemos, *creedes, *reiron…
2.3. Son regulares os rematados en
-cer:
acontecer, adoecer, agradecer, aparecer, coñecer (*conocer), crecer, obedecer, escurecer (*oscurecer), nacer…:
carezo, coñezo; obedeza, naza…; nunca *aparezco, *aparezca, *obedezca…
-cir:
conducir, introducir, producir, reducir, traducir…:
conduzo, conduza, conducín…; nunca *
conduzco, *traduzca, *traduxen…
Exceptúanse os irregulares
facer e
dicir.
2.4. Son regulares os rematados en
–uír: i
ncluír, atribuír, construír, diminuír (*disminuír), posuír (*poseer)…:
inclúo, inclúa; posúo, posuín, posúa…;
non *incluio, *construia, *atribuia, *poseo…
2.5. Son regulares os rematados en
-ear: nomear (*nombrar), cear (*cenar), encadear (*encadenar)…:
nomeo, nomeei; ceo, ceei; encadeamos…
-oar: amontoar, enxaboar, repoboar (*enxabonar), coar(*colar), perdoar (perdonar), magoar, acaroar, coroar, soar, abotoar, voar:
abotoo, abotoei, enxaboei, perdoe…;
nunca *abotonas, *repoblamos, *colar, *perdone, *coronado…
2.6. Introducen
-i- na p1 do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo os verbos rematados en
-aer: caer (decaer, recaer)e os derivados de traer (este é irregular): atraer, distraer:
caio, caes…; caias, caias caia…; distraio, distraia, distraias…
Na nosa fala adoitamos facer *trao, *caamos…
Reparemos: caiamos, saiamos son subxuntivos, fronte ao copretérito caïamos, saïamos, con diérese por mor de marcar o hiato; estas na nosa fala son esdrúxulas: *caíamos, *saíamos.
-oer: choer (“pechar”), doer, moer (remoer), proer (“picar o corpo”, *escocer), roer (corroer): moio, moiamos, roiades, doian… que na nosa fala facemos *doa, *roa…
-aír: saír, sobresaír…: saio, saian.
Cómpre evitar o castelanismo *salir (*salo, *salan…)
-oír: oír, desoír…: oio, desoiades, que na nosa fala adoitamos facer *oa, *desoan…
O verbo oír ten a variante ouvir, irregular, coas dúas raíces
ouv- en case todos os tempos: ouves, ouvía, ouviu, ouvise…
ouz- só na p1 do pste. de indicativo: ouzo (logo ouves, ouve, ouvimos…)
e en todo o pste. de subxuntivo: ouza, ouzas…