domingo, 29 de setembro de 2013

Lecturas optativas



1.      Alapont, Pasqual: O inferno de Marta. Xerais

2.      Alonso, Fran: Cartas de amor. Xerais

3.      Álvarez, Blanca: Palabras de pan. Tambre

4.      Agra, Agustín: Trampa de luz. Xerais

5.      Blanco, Concha: Berta non soubo voar. Pentalfa

6.      Boyne, John: O neno do pixama a raias. Faktoría K

7.      Boyne, John:Noah Barleywater escapa da casa. Faktoría K

8.      Calo, Teresa: Marta ante o espello. Xerais

9.      CanfieldFisher, Dorothy: A aprendizaxe de Betsy.  Editorial Triqueta verde

10.  Carou Figueira, Natalia: O alento nas costas. Baía edicións

11.  Casalderrey, Fina: A Pomba e o Degolado. Xerais

12.  Castelao: Retrincos / Un ollo de vidro. Galaxia

13.  Castro, Francisco: O segredo de Marco Polo. Galaxia

14.  Cela, Jaume: Silencio no corazón. Galaxia

15.  Cimadevila, Fernando: O mundo secreto de Basilius Hoffman. Urco

16.  Docampo, Xabier: O libro das viaxes imaxinarias. Xerais

17.  Fernández Paz, Agustín: As fronteiras do medo. Rodeira-Edebé

18.  Fernández Paz, Agustín. Corredores de sombras. Xerais

19.  Fernández Paz, Agustín: Fantasmas de luz. Xerais

20.  Funke, Cornelia: Reckless. Xerais

21.  Gripe, María: Os escaravellos voan á tardiña. SM

22.  Hesse, Herman: Baixo as rodas. Galaxia

23.  Hinton, Susan: Rebeldes. Alfaguara-Obradoiro

24.  London, Jack: A chamada da selva. Xerais

25. Lourenzo González: Irmán do vento. Xerais

26.  Miranda, Xosé: Ariadna. Xerais

27.  Muñoz Puelles, Vicente: A expedición dos libros. Oxford

28.  Nozière, JeanPaul: Cabeza de pelouro. Editorial Galaxia

29.  O Leo: Hai kus. Xerais

30.  Orwell, George: A revolta dos animais. Edicións Positivas

31.  Pullman, Philip: A materia escura (Triloxía). Faktoría K

32.  Reigosa, Antonio: Trece noites, trece lúas. Xerais

33.  Rodríguez Cueto, Milio: A pedra da serpe. Rodeira-Edebé

34.  Schlieper, Birgit e Stahl, Nina: Ás veces quero morrer coa risa. Galaxia

35.  Sende, Sechu: Made in Galiza. Galaxia 


36.  Sierra i Fabra, Jordi: A modelo descalza. Galaxia

37.  Tomás, Xosé: Nómades. Galaxia

38.  Toro, Suso de: A sombra cazadora. Xerais

39.  Toro, Suso de: Unha rosa é unha rosa. Xerais

40.  Uhlman, Fred. Reencontro. Galaxia

41.  Vanderbeke, Birgit: Mexillóns para cear. Editorial Rinoceronte

42.  Vázquez Freire, Miguel: Anxos en tempos de chuvia. Xerais

43.  Vila Sexto, Carlos: As sete mortes. Galaxia

44.  Vila Sexto, Carlos: Gárgola. Galaxia

luns, 16 de setembro de 2013

luns, 25 de marzo de 2013

Ás voltas co texto argumentativo

Copio exactamente este magnífico post de Román Landín no seu blogue Caderno de Lingua:



Para traballarmos o texto argumentativo (tamén en presentación de Loli Cid) hai multitude de propostas e materiais que podemos levar ás aulas: dende as clásicas valoracións das lecturas até a organización de debates ben planificados e pautados pasando pola elaboración de anuncios publicitarios.
O traballo coa tipoloxía textual pódese enfrontar dende variadas perspectivas mais sempre orientándose cara á práctica, e así temos interesantes recursos:
Identificar vantaxes e inconvenientes en relación a un tema, elaborar unha valoración completa e persoal dunha lectura ou comentar unha película máis alá dos típicos “gustoume/non me gustou” non é nada fácil máis alá do alumnado que tamén mostra bos resultados noutras facetas académicas.
No colexio andamos niso e nestas semanas atrás botamos man dunha curtametraxe e unha reportaxe (“Matar por diversión”, de Diego Bagnera) que dan moito xogo para traballar nas aulas de Titoría, Alternativa ou Lingua Galega, aínda que o fixemos a dous niveis diferentes (2º ESO e 4º ESO) e tan só como primeiro un primeiro chanzo no proceso. A idea é seguir turrando deste tema, o da violencia gratuíta (máis próxima do que pensamos: un e dous), para rematar propoñendo un debate máis traballado nas aulas.

domingo, 10 de marzo de 2013