luns, 30 de marzo de 2015

Lectura obrigatoria (IV)

Non foi unha decisión doada, e ben sei máis dun hame dicir que non lle gusta o libro, que lle resulta pesado... pero coido que será difícil que vos acheguedes a este texto no futuro, polo que aí vai a vosa quinta e penúltima lectura obrigatoria. Trátase dun clásico que cómpre coñecer, e xa que temos esta elección na nosa lingua imos aproveitala.

.- As mil e unha noites. Vicens Vives

Aínda que xa hai moitos séculos que se escribiu a máis fermosa e variada compilación de contos orientais baixo o título de As mil e unha noites, difundida polo orientalista francés Jean Antoine Galland, esas historias relatadas por Sherezade para librarse da morte continúan vixentes no século XXI.


venres, 20 de marzo de 2015

Lendo "Poetízate" (II)


Agora que xa escolliches o poema do libro que máis che gustou, indaga se che apetece sobre o seu autor ou autora, procura información sobre el ou ela e achégate a algún dos seus libros para comprobar se tamén os seus outros poemas son do teu agrado ou se pola contra só che gusta o que escolliches de inicio.
Con este poema terás que facer un cartaz ilustrado ou ben unha fotografía que che suxira o poema ou ben un vídeo: na rede tes moitos exemplos de vídeos que fixeron compañeiros e compañeiras vosas anteriormente recreando poemas. Tamén podedes pórlle música e facer unha canción do poema. Tedes liberdade para escoller!!!



Primeiro, escribe o poema e comenta as ideas que sentes cando o les, os sentimentos que che provoca...

https://www.youtube.com/playlist?list=PLdJ-2ohvNytsYVLIcnopcePYBD1UubSjh

https://www.youtube.com/watch?v=Su-9EiGndqY













venres, 13 de marzo de 2015

Lendo "Poetízate"

Grazas a Rosa Salgueiro e a Carme Moure por ofrecerme o seu traballo. Un traballo que agora pasa a mans do meu alumnado.


Cando vos mandei ler este libro, todas e todos puxestes cara de "Oh, non, poesía". A meta que perseguimos arestora é que ao final do libro digades: "que ben, poesía". Ou cando menos que perdades algo dese medo que lle tedes a este xénero que vos vai encandilar. Para iso, temos unha selección marabillosa que Fran Alonso realizou neste libro. Non pretendo que vos gusten todos os poemas, agardo que -cando menos- si vos guste algún, que esperte a vosa curiosidade por coñecer mellor a obra dun autor ou autora e que sigades mergullándovos na poesía de cando en vez para sempre.

A POESÍA NON MORDE!!!

Na clase xa lemos o Limiar de Fran Alonso onde explica os motivos polos que elaborou este libro, xa falamos dos tópicos que existen sobre a poesía e de cales deses tópicos coinciden co voso pensamento.
Realizamos tamén unha pequena pescuda de autores, autoras e as súas obras.

Agora terás que facer o seguinte traballo:

1.- En primeiro lugar vas escoller dez poemas suscitados polos dez motivos diferentes que che suxerimos. Sempre seguindo o teu gusto persoal. Escribe o nome do autor/a e o título do poema (se non leva título ningún, escribe o primeiro verso completo).

  1. O poema máis divertido de todo o libro foi...                                 porque..
  1. O poema máis atrevido de todo o libro foi...                                   porque... 
  1. O poema máis sorprendente de todo o libro foi...                          porque...
  1. O poema máis sentimental de todo o libro foi...                             porque..
  1. O poema máis misterioso de todo o libro foi...                                porque...
  1. O poema máis erótico de todo o libro foi...                                     porque...
  1. O poema máis amoroso de todo o libro foi...                                  porque...
  1. O poema máis triste de todo o libro foi...                                        porque...
  1. O poema máis alegre de todo o libro foi...                                      porque...
  1. O poema máis rítmico de todo o libro foi...                                     porque...


2.- A seguinte fase é escoller versos.. Non ten por que gustarche o poema a que pertencen, podes escoller dez versos que recordas especialmente, polos motivos que sexan: porque soan ben, porque eran diferentes, porque resumían perfectamente algo que ti sentiches algunha vez, porque resultan estraños, porque che fan pensar, porque te fan rir ou chorar, porque expresan algo que sentías pero que non sabías comunicar...

Lembra que podes escoller un verso que che guste moito, aínda que pertenza a un  poema que no seu conxunto non che interese especialmente.

Ti dedices eses dez versos;  indicando a que poema e autor pertencen.


3.- Última fase (polo de agora): escolle o teu poema preferido entre todos, aquel que realmente che chegou ao corazón, comentando por que, que sensacións e ideas che fai sentir cando o les. E deberás tamén escoller o que menos che guste de todos os poemas do libro, tamén explicando o porqué.

sábado, 7 de marzo de 2015

Estrutura dos diálogos


Os diálogos van precedidos dunha raia e NUNCA rematan en raia, senón no signo de puntuación correspondente (punto, punto e coma, interrogacion, exclarmación...)


"Estou algo cansado."Non hai espazo entre a raia e a primeira letra.

Para introducir unha aclaración do narrador, utilízase tamén a raia:

"—Estou algo cansado dixo el."
"—Estou algo cansado dixo el. Marcho para a casa."

Tendo en conta que hai que diferenciar dous casos:


1.-A intervención do narrador fai referencia a un verbo ou acción da fala ou o pensamento ("dixo el", "pensou ela", "replicou o seu amigo", etc.).
  • Déixase un espazo en banco entre o final da frase e a raia, e a frase do narrador comeza sen espazo entre a raia e esta: "cansado dixo él."
  • A frase comeza en minúsculas: dixo el."
  • O signo de puntuación correspondente á frase do personaxe péchase tras a aclaración do narrador: "—Estou algo canso dixo el. Voume para a casa"
  • Se o diálogo continúa, péchase coa raia; en caso contrario, non: "—Estou algo canso dixo el. Voume para a casa."
  • Se a frase do diálogo non está completa, pero corresponderíalle outro signo de puntuación (como unha coma), este pones coma no exemplo anterior co punto: "—Estou canso —dixo el—, e iso que durmiu ben."
2.- No caso de que o comentario do narrador no teña nada que ver coa acción de falar, pensar ou calquera de accións relacionadas (gritar, susurrar, etc.), péchase a frase, se cumprise, e o texto do narrador comeza por maiúscula:
—Teño que marchar. -O portazo retumbou en toda a casa.

E contando con certas excepcións:
  • A exclamación e a interrogación cérranse sempre (se a frase rematou) antes da raia: "Estás canso? dixo a súa muller—. Poderías durmir máis."
  • Do mesmo modo, tamén os puntos suspensivos preceden á raia: "Nótote canso... observou ela. Será que non durmes ben."
  • Se a narración precisa dous puntos, estes substitúen o signo de puntuación que correspondería á frase do diálogo: "Nótote canso observou ela, e engadiu: Será que no durmes ben."