mércores, 27 de maio de 2015
domingo, 17 de maio de 2015
mércores, 13 de maio de 2015
Negra Sombra
http://www.rtve.es/television/20150420/negra-sombra-poema-rosalia-castro/744761.shtml
Vía
Vía
martes, 12 de maio de 2015
O texto argumentativo
Lembrade que tedes aquí xa dúas entradas sobre o texto argumentativo.
O texto argumentativo é unha modalidade discursiva que ten como finalidade defender mediante argumentos unha idea ou tese. Á hora de redactar un texto argumentativo tedes que partir dunha estrutura previa:
1.- Tese ou tema2.- Título, ou ben obxectivo -que informa- ou ben subxectivo -que opina-.
3.- Procura de información
4.- Argumentos. Pódense buscar argumentos de autoridade. Procurar utilizar argumentos a favor e argumentos en contra; engadir argumentos de experiencia persoal ("no meu caso", a min pasoume")
5.- Adxectivos valorativos ("importante, fundamental, magnífico, extraordinario, imprescindible, moi + adxectivo")
6.- Conectores textuais ("ademais, en primeiro lugar, por outra parte, pero, en resumo, en definitiva, como conclusión")
Un exemplo, en castelán.
Nesta páxina tamén atopei isto:
Textos argumentativos son os ensaios científicos,
filosóficos, os discursos políticos, os artigos de opinión xornalísticos, as
intervencións en debates e mesas redondas e, en xeral, tamén as discusións
espontáneas do noso día a día.
Nesta páxina tamén atopei isto:
O texto argumentativo ten como finalidade convencer, ben
demostrando unha opinión ou ben rebatíndoa. A función lingüística predominante
é a apelativa, posto que o discurso está encamiñado en producir no receptor unha
determinada reacción. A esta función debemos engadir a representativa, pois os
argumentos utilizados para convencer usan variantes de textos expositivos, como
definicións, ou descritivos, de maneira que as opinións subxectivas que
defendemos se vexan reforzadas por razóns obxectivas.
Argumentar non é simplemente contradicir, nin berrar nin
descualificar ao adversario. Argumentar é opoñer mellores razóns que apoien as
nosas opinións fronte ás dos adversarios e tamén artellar unha estratexia
intelixente na súa exposición. Sempre é mellor considerar que, por moito que
non esteamos de acordo, os demais tamén terán as súas boas razóns e, por
suposto, o respecto por eles e as súas opinións debe quedar claro, tanto nos
nosos argumentos como na súa posta en escena no texto oral ou no escrito.
ESTRUTURA DO TEXTO ARGUMENTATIVO
Todo texto argumentativo parte dunha idea básica, a tese, que terá que ser explicada e reforzada ao longo do
seu desenvolvemento.
A estrutura habitual consta de introdución, desenvolvemento
e conclusión. Sempre é aconsellable facer antes un esquema no que se enuncie
claramente a tese, se apunten todas as ideas que se nos ocurran que poidan
reforzala e se lles dea unha orde. Cada unha destas ideas poderá converterse
logo nun parágrafo:
- Introdución: Comézase por presentar o tema que se vai tratar dunha maneira xeral para ir achegándose a un aspecto concreto sobre o que ao final deste apartado se enunciará claramente unha opinión: a tese.
- Desenvolvemento: Trátase de ampliar a idea central, a tese, e reforzala mediante a ilustración por medio de exemplos, citas, descricións, datos, opinións de autoridade ... Cada unha das ideas apuntadas no esquema convertirase nun parágrafo que debe relacionarse coherentemente co anterior e co seguinte. Nestes parágrafos, a idea principal da que se parte pode ampliarse con varias ideas relacionadas (ideas secundarias) que a completen e ilustrala con exemplos.
- Conclusión: pódese facer unha recapitulación dos principais argumentos e reafirmarse na tese inicial ou tamén pódese rematar con algunha frase que resuma a idea defendida ou que apunte unha nova idea que se poida inferir do que se leva dito e mesmo unha invitación a sumarse á opinión defendida e actuar en consecuencia.
Segundo a orde lóxica que se escolla podemos falar de dous
tipos de argumentacións:
·
Argumentación dedutiva ou estrutura analítica: que
parte da tese, segue co corpo de argumentos e remata na conclusión.
·
Argumentación indutiva ou estrutura sintética: que
parte dos argumentos para chegar ao final, a modo de conclusión, á tese.
Un bo esquema sobre o que practicar sería un texto
argumentativo formado polo menos por cinco parágrafos: 1º a introdución, 2º
argumento a favor, 3º argumento a favor, 4º argumento en contra e refutación,
5º conclusión.
PROCEDEMENTOS DISCURSIVOS E LINGÜÍSTICOS
- A definición: explica o significado de conceptos clave no texto.
- A comparación: serve para poñer en relación ideas, poñer exemplos con casos semellantes ou diferentes que axudan a comprender conceptos.
- A exemplificación: achega exemplos concretos que facilitan a comprensión de razoamentos abstractos.
- A enumeración de exemplos ou argumentos proporciona unha base sólida para apoiar a tese.
- A interrogación: pode usarse para poñer en dúbida un argumento contrario e reforzar así o propio ou mesmo para enunciar as reticencias que un razoamento propio poida suscitar para, a continuación, rebatelos.
Un texto argumentativo, como calquera outro tipo de texto,
debe presentar adecuación entre a
expresión lingüística (tanto no plano morfosintáctico como no plano léxico) ao
receptor, ao contexto e á intención coa que é feito.
É moi importante que o texto argumentativo dea unha
impresión de coherencia lóxica, para o
cal é imprescindible que as partes (parágrafos) estean ben ordenadas e sigan
unha progresión que conduza á conclusión. Para isto é imprescindible elixir ben
os conectores ou marcadores discursivos: conxuncións, locucións conxuntivas,
adverbios que organizan o texto.
No entramado textual existen mecanismos de cohesión
léxica (repetición de palabras clave ou
conceptos sinónimos sobre o tema), cohesión gramatical (uso de pronomes e adverbios que fagan referencia a
algo que xa se dixo ou que se vai dicir) que vaian establecendo vínculos entre
si a medida que o texto avanza, de maneira que se aprecie que son partes dun
todo.
xoves, 2 de abril de 2015
PROXECTO “Poetizámonos”
Como sabedes, díxenvos que nesta terceira avaliación iades seguir traballando co libro Poetízate. E propúxenvos varias opcións. Falando con Mar e Arancha, elas propoñen facer un vídeo a partir do seguinte esquema:
EXERCICIO: Creación dun video para ilustrar ou
representar un poema.
- Traballo en grupos de 2/3 alumnos/as.
- Pódese empregar fotografía, video e música.
- Acéptase o uso de móbiles, cámaras dixitais,
Internet,…
- Pódese editar o vídeo con diferentes programas
de edición, (ver titoriais na rede,) poñer título e
créditos e empregar algún efecto e transición. Duración mínima de 2 minutos e
máxima de 5 min.
PRESENTACIÓN
DO STORY BOARD: semana do 27 ao 30 de abril.
- Indicar os membros do grupo e o poema co
que se vai traballar.
- Explicar a idea/ideas para facer o vídeo.
- Deseñar o story board, o guión principal da
gravación mediante unha secuencia breve de imaxes (tipo cómic).
PRESENTACIÓN
DO VIDEO: semana do 25 ao 28 de maio.
luns, 30 de marzo de 2015
Lectura obrigatoria (IV)
Non foi unha decisión doada, e ben sei máis dun hame dicir que non lle gusta o libro, que lle resulta pesado... pero coido que será difícil que vos acheguedes a este texto no futuro, polo que aí vai a vosa quinta e penúltima lectura obrigatoria. Trátase dun clásico que cómpre coñecer, e xa que temos esta elección na nosa lingua imos aproveitala.
.- As mil e unha noites. Vicens Vives
.- As mil e unha noites. Vicens Vives
Aínda que xa hai moitos séculos que se escribiu a máis fermosa e variada compilación de contos orientais baixo o título de As mil e unha
noites, difundida polo orientalista francés Jean Antoine Galland, esas
historias relatadas por Sherezade para librarse da morte continúan
vixentes no século XXI.
venres, 20 de marzo de 2015
Lendo "Poetízate" (II)
Agora que xa escolliches o poema do libro que máis che gustou, indaga se che apetece sobre o seu autor ou autora, procura información sobre el ou ela e achégate a algún dos seus libros para comprobar se tamén os seus outros poemas son do teu agrado ou se pola contra só che gusta o que escolliches de inicio.
Con este poema terás que facer un cartaz ilustrado ou ben unha fotografía que che suxira o poema ou ben un vídeo: na rede tes moitos exemplos de vídeos que fixeron compañeiros e compañeiras vosas anteriormente recreando poemas. Tamén podedes pórlle música e facer unha canción do poema. Tedes liberdade para escoller!!!
Primeiro, escribe o poema e comenta as ideas que sentes cando o les, os sentimentos que che provoca...
https://www.youtube.com/playlist?list=PLdJ-2ohvNytsYVLIcnopcePYBD1UubSjh
https://www.youtube.com/watch?v=Su-9EiGndqY
martes, 17 de marzo de 2015
venres, 13 de marzo de 2015
Lendo "Poetízate"
Grazas a Rosa Salgueiro e a Carme Moure por ofrecerme o seu traballo. Un traballo que agora pasa a mans do meu alumnado.
Cando vos mandei ler este libro, todas e todos puxestes cara de "Oh, non, poesía". A meta que perseguimos arestora é que ao final do libro digades: "que ben, poesía". Ou cando menos que perdades algo dese medo que lle tedes a este xénero que vos vai encandilar. Para iso, temos unha selección marabillosa que Fran Alonso realizou neste libro. Non pretendo que vos gusten todos os poemas, agardo que -cando menos- si vos guste algún, que esperte a vosa curiosidade por coñecer mellor a obra dun autor ou autora e que sigades mergullándovos na poesía de cando en vez para sempre.
A POESÍA NON MORDE!!!
Na clase xa lemos o Limiar de Fran Alonso onde explica os motivos polos que elaborou este libro, xa falamos dos tópicos que existen sobre a poesía e de cales deses tópicos coinciden co voso pensamento.
Realizamos tamén unha pequena pescuda de autores, autoras e as súas obras.
Agora terás que facer o seguinte traballo:
1.- En primeiro lugar vas escoller dez poemas suscitados polos dez motivos diferentes que che suxerimos. Sempre seguindo o teu gusto persoal. Escribe o nome do autor/a e o título do poema (se non leva título ningún, escribe o primeiro verso completo).
- O poema máis divertido de todo o libro foi... porque..
- O poema máis atrevido de todo o libro foi... porque...
- O poema máis sorprendente de todo o libro foi... porque...
- O poema máis sentimental de todo o libro foi... porque..
- O poema máis misterioso de todo o libro foi... porque...
- O poema máis erótico de todo o libro foi... porque...
- O poema máis amoroso de todo o libro foi... porque...
- O poema máis triste de todo o libro foi... porque...
- O poema máis alegre de todo o libro foi... porque...
- O poema máis rítmico de todo o libro foi... porque...
2.- A seguinte fase é escoller versos.. Non ten por que gustarche o poema a que pertencen, podes escoller dez versos que recordas especialmente, polos
motivos que sexan: porque soan ben, porque eran diferentes, porque resumían
perfectamente algo que ti sentiches algunha vez, porque resultan estraños,
porque che fan pensar, porque te fan rir ou chorar, porque expresan algo que
sentías pero que non sabías comunicar...
Lembra que podes escoller un verso
que che guste moito, aínda que pertenza a un
poema que no seu conxunto non che interese especialmente.
Ti dedices eses dez versos; indicando a que poema e autor pertencen.
3.- Última fase (polo de agora): escolle o teu poema preferido entre todos, aquel que realmente che chegou ao corazón, comentando por que, que sensacións e ideas che fai sentir cando o les. E deberás tamén escoller o que menos che guste de todos os poemas do libro, tamén explicando o porqué.
sábado, 7 de marzo de 2015
Estrutura dos diálogos
Os diálogos van precedidos dunha raia e NUNCA rematan en raia, senón no signo de puntuación correspondente (punto, punto e coma, interrogacion, exclarmación...)
"—Estou algo cansado."Non hai espazo entre a raia e a primeira letra.
Para introducir unha aclaración do narrador, utilízase tamén a raia:
"—Estou algo cansado —dixo el."
"—Estou algo cansado —dixo el—. Marcho para a casa."
Tendo en conta que hai que diferenciar dous casos:
1.-A intervención do narrador fai referencia a un verbo ou acción da fala ou o pensamento ("dixo el", "pensou ela", "replicou o seu amigo",
etc.).
- Déixase un espazo en banco entre o final da frase e a raia, e a frase do narrador comeza sen espazo entre a raia e esta: "cansado —dixo él."
- A frase comeza en minúsculas:“ —dixo el."
- O signo de puntuación correspondente á frase do personaxe péchase tras a aclaración do narrador: "—Estou algo canso —dixo el—. Voume para a casa"
- Se o diálogo continúa, péchase coa raia; en caso contrario, non: "—Estou algo canso —dixo el—. Voume para a casa."
- Se a frase do diálogo non está completa, pero corresponderíalle outro signo de puntuación (como unha coma), este pones coma no exemplo anterior co punto: "—Estou canso —dixo el—, e iso que durmiu ben."
2.- No caso de que o comentario do narrador no teña nada que ver
coa acción de falar, pensar ou calquera de accións relacionadas
(gritar, susurrar, etc.), péchase a frase, se cumprise, e o texto do narrador comeza por maiúscula:
—Teño que marchar. -O portazo retumbou en toda a casa.
- A exclamación e a interrogación cérranse sempre (se a frase rematou) antes da raia: "—Estás canso? —dixo a súa muller—. Poderías durmir máis."
- Do mesmo modo, tamén os puntos suspensivos preceden á raia: "—Nótote canso... —observou ela—. Será que non durmes ben."
- Se a narración precisa dous puntos, estes substitúen o signo de puntuación que correspondería á frase do diálogo: "—Nótote canso —observou ela, e engadiu—: Será que no durmes ben."
http://www.ecoescritura.com/tengo-que-escribir-un-dialogo-y-ahora-que/
http://www.alquimistasdelapalabra.com/dialogos/teoria_dialogo/unidad.html
http://www.literautas.com/es/blog/post-2156/10-claves-para-escribir-dialogos-eficaces/
http://www.alquimistasdelapalabra.com/dialogos/teoria_dialogo/unidad.html
http://www.literautas.com/es/blog/post-2156/10-claves-para-escribir-dialogos-eficaces/
luns, 9 de febreiro de 2015
5 motivos para ler POESÍA
1.
A poesía non morde, non fai dano e, aínda que haxa quen pense o
contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin cursi, nin difícil. E
hai moitos tipos de poesía para que elixamos.
2.
A poesía serve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar,
declararse, rebelarse contra o mundo ou unicamente para falar suave á
orella. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química
que mellora a saúde e o benestar, e relaxa ás persoas. E serve, sobre
todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.
3.
Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para
sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario,
ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na
parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de
papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou
deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando
todos se deitaron. Ademais a poesía cura enfermidades como a
impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as
feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e
algunhas gripes.
4.
A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na
amizade, no supermercado, na risa, na moto, no váter, na esperanza, na
rutina, nas cousas persoais, no calexón sen saída, no mar contaminado,
na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na
paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras.
5.
O imprtante da poesía non é obsesionarse con descifrala senón saber
gozala, sentila e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a
súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos
deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus
enigmas. Poetizarse. En definitiva facer da poesía un pracer.
FRAN ALONSO
domingo, 8 de febreiro de 2015
Lectura obrigatoria (III)
Imos coa poesía, que vai sendo hora. E para comezar, nada mellor que unha antoloxía onde atoparedes todos os temas e unha gran variedade de autores e autoras. O mellor libro para poetizarnos é, por suposto,
.- Fran Alonso: Poetízate. Editorial Xerais.
Mirade o que din na editorial:
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é
aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética
demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas,
propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e
desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as
persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar,
berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para
falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a
poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.
domingo, 18 de xaneiro de 2015
Lecturas optativas
Ampliamos a listaxe de lecturas optativas; arestora aínda tedes máis libros para escoller. Credes que entre todos estes non toparedes algún que vos guste???
Alapont, Pasqual: O inferno de Marta. Xerais
Aleixandre, Marilar: Rúa Carbón . Xerais
Alonso, Fran: Cartas de amor / A punta de pistola / Cidades
/ Silencio. Xerais
Álvarez, Blanca: Palabras de pan. Tambre
Agra, Agustín: Trampa de luz. Xerais
As
mil e unha noites. Selección
de Brian Alderson. Vicens Vives
Blanco, Concha: Berta non soubo voar. Pentalfa
Boyne, John: O neno do pixama a raias
/ Noah Barleywater escapa da casa. Faktoría K
Calo, Teresa: Marta ante o espello. Xerais
Calveiro, Marcos: Todos somos / As
palabras poden matar. Xerais
CanfieldFisher, Dorothy: A aprendizaxe de Betsy.
Editorial Triqueta Verde
Carballude, Pepe: Marxinados. Galaxia
Carou Figueira, Natalia: O alento nas costas. Baía edicións
Carroll, Lewis: Alicia no país das marabillas. Xerais
Casalderrey, Fina: A Pomba e o Degolado. Xerais
Castelao: Retrincos
/ Un ollo de vidro. Galaxia
Castro, Francisco: O segredo de Marco Polo. Galaxia
Cela, Jaume: Silencio no corazón. Galaxia
Cimadevila, Fernando: O mundo secreto de Basilius Hoffman. Urco
Cisneros, Sandra: A casa de Mango Street. Sushi Books
Conan Doyle, Arthur: Un estudio en escarlata. Galaxia
(ou calquera outro libro deste autor)
Costas, Ledicia: O corazón de Xúpiter /
Unha estrela no vento.
Xerais / Xardín de inverno. Everest
Christie, Agatha: Asasinato no Orient Express
/ Asasinato de Roger Ackroyd /
Cianuro espumoso / Dez negriños . Galaxia
Docampo, Xabier: O
libro das viaxes imaxinarias. Xerais
Fernández Paz, Agustín: As fronteiras do medo. Rodeira-Edebé / Corredores de sombras / Fantasmas de luz. Xerais
Funke, Cornelia: Reckless.
Xerais
Gripe, María: Os
escaravellos voan á tardiña. SM
Hesse, Herman: Baixo as rodas /
Siddartha. . Galaxia
Hinton, Susan: Rebeldes.
Alfaguara-Obradoiro
Kipling, Rudyard: O libro da selva. Sushi Books
Lienas, Gemma: O diario violeta de Carlota. Galaxia
Lindgren, Astrid: Os nenos de Bullerbyn. Sushi Books
London, Jack: A
chamada da selva. Xerais
Lourenzo González: Irmán
do vento. Xerais
Maceiras, Andrea: Nubes de evolución. Xerais
Martin, Andreu e Ribera, Jaume: O diario vermello de Flanagan. Galaxia
Miranda, Xosé: Ariadna.
Xerais
Muñoz Puelles, Vicente: A expedición dos libros. Oxford
Negro, Carlos: Makinaria / Penúltimas
tendencias . Xerais
Northomb, Amelie: Un nome de dicionario. Galaxia
Nöstlinger, Christine: Horario de clase, Galaxia
Nozière, JeanPaul: Cabeza de pelouro. Editorial Galaxia
Núñez Singala, X. M.: Comedia
bífida. Galaxia
O Leo: Hai
kus. Xerais
Orwell, George: A
revolta dos animais. Edicións Positivas
Poe, Edgar Allan: Os escaravellos de ouro. Os crimes da rúa
Morgue. Vicens Vives
Pullman, Philip: A
materia escura (Triloxía). Faktoría K
Reigosa, Antonio: Trece
noites, trece lúas. Xerais
Reimóndez, María: Moda galega. Positivas
Rodríguez Cueto, Milio: A pedra da serpe. Rodeira-Edebé
Roger, Marie-Sabine: Tardes con Margueritte.
Galaxia
Ruá, Aurora: Debuxos no muro. Galaxia
Saint-Exupery, Antoine de: O principiño. Galaxia
Schlieper, Birgit e Stahl, Nina: Ás veces quero morrer coa risa. Galaxia
Sende, Sechu: Made in Galiza.
Galaxia
Sierra i Fabra, Jordi: A modelo descalza. Galaxia
Sierra i Fabra, Jordi: Nun lugar chamado guerra, Galaxia.
Stevenson, Robert Louis: A illa do tesouro. Xerais
Tomás, Xosé: Nómades. Galaxia
Toro, Suso de: Unha rosa é unha rosa. Xerais
Twain, Mark: As aventuras de Tom Sawyer. Xerais
Uhlman, Fred. Reencontro. Galaxia
Vanderbeke, Birgit: Mexillóns para
cear. Editorial Rinoceronte
Vázquez Freire, Miguel: Anxos en tempos de chuvia. Xerais
Verne, Jules: A illa misteriosa. Xerais
Viaxe
ao futuro. Relatos de ciencia ficción.
Edición de Agustín Sánchez Aguilar. Vicens Vives
Vila Sexto, Carlos: As sete mortes / Gárgola.
Galaxia
Wilde, Óscar: A pantasma de Canterville e outros contos. Vicens Vives
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)