Amosando publicacións coa etiqueta Apuntamentos propios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Apuntamentos propios b>. Amosar todas as publicacións
martes, 10 de marzo de 2020
domingo, 20 de outubro de 2019
xoves, 10 de outubro de 2019
FORMACIÓN DO PLURAL
- As palabras
rematadas en ditongo, vogal ou en –n engaden -s:
lei - leis
avó - avós
can - cans
- As palabras
rematadas en consoante distinta de –n ou
–s engaden –es:
Flor - flores
- Os substantivos rematados en –s:
. Se son agudas
engaden –es:
Siamés - siameses
. Se rematan en
grupo consonántico, se son graves ou esdrúxulas, permanecen INVARIABLES, é
dicir, presentan sincretismo.
o luns - os luns
o lapis - os lapis
o mércores - os mércores
- Os substantivos rematados en –l:
. Os monosílabos fan o plural engadindo –es
mel - meles
. As palabras graves engaden –es
túnel - túneles
. As palabras compostas con algún destes monosílabos
engaden –es
ollomol - ollomoles
. As palabras agudas quitan o –l e engaden –is
animal - animais
- Os substantivos
rematados en –x presentan sincretismo, polo que o número vén
indicado polo artigo
o tórax - os tórax
- Os cultismos e os
préstamos que rematan en calquera
outra consoante, engaden -s
club - clubs
lord - lores
- Plural das palabras compostas:
. Se os dous
compoñentes non están perfectamente soldados, o plural faise nas dúas palabras:
garda civil
- gardas civís
. Se o composto
está constituído por unha forma verbal ou palabra invariable e outro elemento,
ou se os dous elementos están separados por un guión, só este segundo elemento
vai en plural:
norte-africano
- norte-africanos
galego-falante
- galego-falantes
. Nas construcións
con preposición só o primeiro elemento vai en plural:
estrela de mar
- estrelas de mar
. Cando os dous
elementos son substantivos e van separados, de maneira que o segundo modifica o
primeiro, só recibe marca de plural o primeiro elemento:
sofá cama - sofás cama
cidade xardín
- cidades xardín
mércores, 9 de outubro de 2019
FORMACIÓN DO FEMININO
- Cando o masculino remata en vogal
átona, fórmase o feminino cambiando o –o
final por un –a:
avogado
– avogada
presidente
– presidenta
- Se o masculina remata en vogal
tónica, o feminino fórmase engadindo un –a:
avó – avoa
- Se o masculino remata en consoante distinta de –n , engádese un –a:
pastor – pastora
- Se o masculino remata en –ín, engade un –a:
pescantín - pescantina
- Se o masculino remata en –eu, cambia esta terminación por –ía:
xudeu - xudía
- Se o masculino remata en –ón, desaparece o –n final e engade un –a:
patrón - patroa
Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo –a, é dicir, en –ona:
abusón -
abusona
- Se o masculino remata en -án, o feminino fórmase coa desaparición do –n final:
irmán – irmá
Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo
–a, é dicir, en –ana:
lacazán - lacazana
- Ás veces, o feminino fórmase cun morfema
derivativo:
actor - actriz
rei - raíña
- Noutras ocasións,
a oposición de masculino / feminino é a base de semantemas diferentes:
cabalo - egua
home - muller
- Ás veces, a
oposición de xénero dáse só mediante o artigo:
o artista - a artista
- Con algúns
animais, cómpre engadir ao seu carón a palabra “macho” ou “femia”:
leopardo macho -
leopardo femia
A oposición de xénero pode servir para:
-
Diferenciar seres polo sexo: o boi -
a vaca
-
Diferenciar seres polo tamaño ou
pola forma externa. O feminino adoita designar o ser de maior tamaño: o cesto
- a cesta
-
Diferenciar entre individual e
colectivo: o gran - a gra
martes, 8 de outubro de 2019
O XÉNERO DO SUBSTANTIVO
O xénero é un signo
gramatical que leva todo substantivo. Polo xénero os substantivos poden ser
masculinos ou femininos. Polo xeral, os substantivos teñen un só xénero: ou son masculinos ou son femininos. Non obstante, hai
substantivos que admiten a
variación de xénero e, xa que logo, poden estar en masculino ou en
feminino. Exemplo:
avogado/avogada
xudeu/xudía
A adscrición a un xénero ou a outro vén indicada
pola concordancia que o substantivo lles impón aos outros elementos do sintagma
nominal:
- Os substantivos masculinos combínanse coas
formas masculinas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
o
teléfono vermello
o
rapaz alto
- Os substantivos femininos combínanse coas formas
femininas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
a
ponte vella
a
vaca rubia
Son masculinos
·
Os
nomes das letras:
o a, o be, o ce, o gue, o e,
o xe, o uve...
·
Os
substantivos rematados en -ote:
o lote, o dote...
·
Os
rematados en -ume:
o fume, o cume... (pero a pesadume, a servidume)
·
Os
substantivos rematados en -me:
o abdome, o exame, o arame...
·
Outros
coma o leite, o mel, o fel, o sal, o
sinal, o labor, o nariz, o sangue, o berce, o labor, o sorriso, o ubre, o cárcere, o cal...
Son femininos
·
Os
substantivos rematados en -axe:
a homenaxe, a porcentaxe, a paisaxe, a
sondaxe... excepto traxe,
paxe, garaxe e personaxe (que tamén pode ser feminino).
·
Os
substantivos rematados en -se,
-ite:
a análise, a crise, a
énfase, a farinxite, a hepatite, a
dermatite...
·
Os
seguintes substantivos: a árbore, a arte,
a canle, a calor, a cor, a dor, a orde, a
orixe, a vertixe, a pantasma, a ponte, a síndrome, a suor...
·
A maioría das árbores froiteiras, o mesmo que a froita
que dan: a maceira, a cerdeira, a pereira, a nogueira, a ameixeira, a claudieira, a laranxeira...
Se o nome da froita é masculino, polo xeral o nome da árbore tamén
o é: o limoeiro-o limón, o pexegueiro-o pexego.
Son excepcións: a figueira-o figo, o castiñeiro-a castaña.
luns, 7 de outubro de 2019
O SUBSTANTIVO
É unha clase de palabras que designa
cousas, seres ou conceptos abstractos (casa, home, amor); caracterízase por
estar formado por un lexema ou máis nos compostos (vacaloura), que achega o
significado léxico, e por morfemas derivativos (sufixos e prefixos) e/ou
flexivos (xénero e número).
TIPOS DE SUBSTANTIVOS:
Substantivos propios (topónimos,
antropónimos e patronímicos) e comúns.
Os comúns poden ser:
1.- Pola orixe:
.- Primitivos: se non teñen ningún morfema
derivativo. Exemplo: mesa
.- Derivados: se teñen morfema derivativo.
Exemplo: mesiña
2.- Pola composición:
.- Simples: cun só lexema. Exemplo: mesa
.- Compostos: dous ou máis lexemas.
Exemplo: beirarrúa
3.- Polo significado:
.- Abstractos: designan calidades dos
seres. Exemplo: paz
.- Concretos: con existencia real.
Exemplo: mesa
Á súa vez, os concretos divídense en:
- non contables: podemos medilos ou
pesalos. Exemplo: fariña
- contables: que se poden contar. Poden
ser:
. individuais: designan
un só ser. Exemplo: mesa
. colectivos: designan un
conxunto. Exemplo: rabaño
Así pois, un substantivo como MESA
clasifícase como: substantivo común, primitivo, simple, concreto, contable,
individual.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)