Amosando publicacións coa etiqueta Explicacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Explicacións. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de marzo de 2020

Mulleres que fixeron Historia... escribindo

Como non sabemos moi ben que vai pasar, de momento teredes que facer o traballo das mulleres por escrito. Por tanto, xa non tedes que facer exposición oral deste tema. A oralidade avaliarase por medio do Booktuber.
Vouvos poñer que mulleres tedes escollidas para que vaiades buscando outras e mo vaiades indicando. Irei completando esta listaxe a medida que mas vaidades dicindo. Estade atentxs ao blogue, por tanto.
Podedes facer o traballo tal como vos ensinou a profesora de Historia, Sheila, na plataforma do Clasroom. Se vedes que se cambia a ficha, mandade mensaxe no propio Clasroom para recompoñela de novo. Por favor, estade alertas para facelo axeitadamente.

O prazo remata o día 29 deste mes.

OLLO: O QUE ESTADES A FACER MAL: NON CONSTATADES A SÚA OBRA ESCRITA, QUE É MOI IMPORTANTE

 3º ESO A:

    1. Caramés Otero, Paula     :    CHUS PATO


    2. Conde Quiroz, Alejandra  : MARGARITA LEDO


    3. Couto González, Nuria     : ROSALÍA DE CASTRO


    4. Ferradás Sánchez, Claudia  : ROCÍO LEIRA CASTRO


    5. Gutiérrez García, Iván    : MARÍA REIMÓNDEZ


    6. Gutiérrez Penido, Samuel 


    7. Hermida Lamas, Nerea    : OLGA NOVO


    8. Lameiro Cortés, Lúa     :  LUÍSA VILLALTA


    9. Lameiro Insua, Marcos José 


    10. López Pereira, Abel     :    MARINA MAYORAL


    11. López Santiso, Raquel  : CHUS NOGUEIRA


    12. Lorenzo Pérez, Efrén     : ANTÍA OTERO


    13. Loureiro Taboada, Marco    : XOANA TORRES


    14. Mato Rodríguez, Uxía       : NICOLASA AÑÓN PAZ


    15. Miguélez Pérez, Pablo 


    16. Montoto González, Ademar  : MARÍA DO CEBREIRO


    17. Pájaro Romero, Paula      : IOLANDA ZÚÑIGA


    18. Prado Areán, Nina     : YOLANDA CASTAÑO


    19. Remeseiro Rodríguez, David  


    20. Roqueiro Galego, Roberto 


    21. Taboada Caldevilla, Aarón 


    22. Vázquez Rodríguez, Abel    : LEDICIA COSTAS




3º ESO B:

    1. Areán López, Joritz                :     LUISA VILLALTA     


    2. Barros Jeremías, Lucía          : Mª XOSÉ QUEIZÁN


    3. Cagide Meijome, María      :    FRANCISCA HERRERA


    4. Fernández Cuiña, Nuria   


    5. Fernández Lalín, Gabriel   


    6. Froján González, Marcos     :   PURA VÁZQUEZ


    7. Lamas Civeira, Arón           : MARÍA DOLORES DEL RÍO


    8. Lamazares Fernández, Nuria    :     MARÍA MARIÑO


    9. Mein García, Claudia             :     FINA CASALDERREY


    10. Méndez Vilas, Diego 


    11. Novoa Fernández, Santiago   :      BEGOÑA CAAMAÑO


    12. Peiteado Carrón, Paula    : JOSEFA IGLESIAS VILERELLE


    13. Pérez García, Uxía  


    14. Portela Suárez, Lara       :              MARÍA VICTORIA MORENO


    15. Rivero Montoto, Nuno   :  MARTA DACOSTA


    16. Rodriguez Abelleira, Pablo      : SILVIA PENAS


    17. Rodríguez González, Olivia     : INMA LÓPEZ SILVA


    18. Rodríguez Jiménez, Antía            : SOFÍA CASANOVA


    19. Silva Lage, Alex                        : ANISIA MIRANDA


    20. Taboada García, Lorena  


    21. Taboada García, Miguel          :   FILOMENA DATO


    22. Vázquez Castro, Jorge 


    23. Vázquez Lorenzo, María    : LUZ POZO GARZA

mércores, 5 de outubro de 2016

Regras de acentuación

SE tedes algunha dúbida respecto a estes exercicios de repaso que estamos a facer na aula, podedes acudir á seguinte ligazón. Alí está todo moi ben explicado:

Acentuación gráfica

xoves, 2 de abril de 2015

PROXECTO “Poetizámonos”

Como sabedes, díxenvos que nesta terceira avaliación iades seguir traballando co libro Poetízate. E propúxenvos varias opcións. Falando con Mar e Arancha, elas propoñen facer un vídeo a partir do seguinte esquema:

EXERCICIO: Creación dun video para ilustrar ou representar un poema.
-   Traballo en grupos de 2/3 alumnos/as.
-   Pódese empregar fotografía, video e música.
-   Acéptase o uso de móbiles, cámaras dixitais, Internet,…
-  Pódese editar o vídeo con diferentes programas de edición, (ver titoriais na rede,) poñer título e créditos e empregar algún efecto e transición. Duración mínima de 2 minutos e máxima de 5 min.

PRESENTACIÓN DO STORY BOARD: semana do 27 ao 30 de abril.
-   Indicar os membros do grupo e o poema co que  se vai  traballar.
-   Explicar a idea/ideas para facer o vídeo.
-  Deseñar o story board, o guión principal da gravación mediante unha secuencia breve de imaxes (tipo cómic).

PRESENTACIÓN DO VIDEO: semana do 25 ao 28 de maio.

luns, 30 de marzo de 2015

Lectura obrigatoria (IV)

Non foi unha decisión doada, e ben sei máis dun hame dicir que non lle gusta o libro, que lle resulta pesado... pero coido que será difícil que vos acheguedes a este texto no futuro, polo que aí vai a vosa quinta e penúltima lectura obrigatoria. Trátase dun clásico que cómpre coñecer, e xa que temos esta elección na nosa lingua imos aproveitala.

.- As mil e unha noites. Vicens Vives

Aínda que xa hai moitos séculos que se escribiu a máis fermosa e variada compilación de contos orientais baixo o título de As mil e unha noites, difundida polo orientalista francés Jean Antoine Galland, esas historias relatadas por Sherezade para librarse da morte continúan vixentes no século XXI.


venres, 20 de marzo de 2015

Lendo "Poetízate" (II)


Agora que xa escolliches o poema do libro que máis che gustou, indaga se che apetece sobre o seu autor ou autora, procura información sobre el ou ela e achégate a algún dos seus libros para comprobar se tamén os seus outros poemas son do teu agrado ou se pola contra só che gusta o que escolliches de inicio.
Con este poema terás que facer un cartaz ilustrado ou ben unha fotografía que che suxira o poema ou ben un vídeo: na rede tes moitos exemplos de vídeos que fixeron compañeiros e compañeiras vosas anteriormente recreando poemas. Tamén podedes pórlle música e facer unha canción do poema. Tedes liberdade para escoller!!!



Primeiro, escribe o poema e comenta as ideas que sentes cando o les, os sentimentos que che provoca...

https://www.youtube.com/playlist?list=PLdJ-2ohvNytsYVLIcnopcePYBD1UubSjh

https://www.youtube.com/watch?v=Su-9EiGndqY













venres, 13 de marzo de 2015

Lendo "Poetízate"

Grazas a Rosa Salgueiro e a Carme Moure por ofrecerme o seu traballo. Un traballo que agora pasa a mans do meu alumnado.


Cando vos mandei ler este libro, todas e todos puxestes cara de "Oh, non, poesía". A meta que perseguimos arestora é que ao final do libro digades: "que ben, poesía". Ou cando menos que perdades algo dese medo que lle tedes a este xénero que vos vai encandilar. Para iso, temos unha selección marabillosa que Fran Alonso realizou neste libro. Non pretendo que vos gusten todos os poemas, agardo que -cando menos- si vos guste algún, que esperte a vosa curiosidade por coñecer mellor a obra dun autor ou autora e que sigades mergullándovos na poesía de cando en vez para sempre.

A POESÍA NON MORDE!!!

Na clase xa lemos o Limiar de Fran Alonso onde explica os motivos polos que elaborou este libro, xa falamos dos tópicos que existen sobre a poesía e de cales deses tópicos coinciden co voso pensamento.
Realizamos tamén unha pequena pescuda de autores, autoras e as súas obras.

Agora terás que facer o seguinte traballo:

1.- En primeiro lugar vas escoller dez poemas suscitados polos dez motivos diferentes que che suxerimos. Sempre seguindo o teu gusto persoal. Escribe o nome do autor/a e o título do poema (se non leva título ningún, escribe o primeiro verso completo).

  1. O poema máis divertido de todo o libro foi...                                 porque..
  1. O poema máis atrevido de todo o libro foi...                                   porque... 
  1. O poema máis sorprendente de todo o libro foi...                          porque...
  1. O poema máis sentimental de todo o libro foi...                             porque..
  1. O poema máis misterioso de todo o libro foi...                                porque...
  1. O poema máis erótico de todo o libro foi...                                     porque...
  1. O poema máis amoroso de todo o libro foi...                                  porque...
  1. O poema máis triste de todo o libro foi...                                        porque...
  1. O poema máis alegre de todo o libro foi...                                      porque...
  1. O poema máis rítmico de todo o libro foi...                                     porque...


2.- A seguinte fase é escoller versos.. Non ten por que gustarche o poema a que pertencen, podes escoller dez versos que recordas especialmente, polos motivos que sexan: porque soan ben, porque eran diferentes, porque resumían perfectamente algo que ti sentiches algunha vez, porque resultan estraños, porque che fan pensar, porque te fan rir ou chorar, porque expresan algo que sentías pero que non sabías comunicar...

Lembra que podes escoller un verso que che guste moito, aínda que pertenza a un  poema que no seu conxunto non che interese especialmente.

Ti dedices eses dez versos;  indicando a que poema e autor pertencen.


3.- Última fase (polo de agora): escolle o teu poema preferido entre todos, aquel que realmente che chegou ao corazón, comentando por que, que sensacións e ideas che fai sentir cando o les. E deberás tamén escoller o que menos che guste de todos os poemas do libro, tamén explicando o porqué.

domingo, 8 de febreiro de 2015

Lectura obrigatoria (III)

Imos coa poesía, que vai sendo hora. E para comezar, nada mellor que unha antoloxía onde atoparedes todos os temas e unha gran variedade de autores e autoras. O mellor libro para poetizarnos é, por suposto, 

.- Fran Alonso: Poetízate. Editorial Xerais
Mirade o que din na editorial: 
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.


martes, 16 de decembro de 2014

Lectura obrigatoria (II)

Como dixemos na anterior entrada sobre  as lecturas obrigatorias, o máis importante é que leades gozando. Xa sabedes: se non vos gusta, cambiádeo. Hai miles de libros agardando por vós, non leades algo que odiades.
O primeiro libro que vos propoñemos para esta segunda avaliación é

.- Xesús Fraga: Reo. Editorial Galaxia.



domingo, 5 de outubro de 2014

Libro do Mal Amor

Unha das tarefas destes próximos días é a realización de Haikus contra a Violencia de Xénero.
 Como saberedes, esta é unha das lacras más graves da nosa sociedade actual. No que vai de ano, 42 mulleres foron asasinadas no estado español, 6 delas en Galicia. Parade, por favor,  a cavilar un anaco de tempo: que ocorrería se este número de vítimas o fosen do terrorimos de ETA? E se en lugar de mulleres anónimas fosen políticos? Ou persoas famosas? De seguro, os medios para combater a violencia serían máis eficaces e a toda a sociedade amosaría a súa preocupación. 
Porén, o silencio.
E mentres, os brutais asasinatos seguen en aumento cada ano.
Pero non podemos esquecer que a violencia de xénero non só se reflicte no número de mortes. Esta é, tan só, a parte visible. Cada día miles de mulleres sofren violencia física que non chega ao asasinato; cada día, miles de mulleres sofren violencia psíquica, verbal, que as vai convertendo en farrapos. Cada día, miles de mozas adolescentes pensan que o amor romántico vai salvalas do mundo mentres van sendo eliminadas como persoas e converténdose en obxectos. Non sei se aínda é máis preocupante o número de violacións que sofren as mulleres ("Non eduques ás túas fillas para que non as violen, educa aos teus fillos para que non violen")
Ante todo isto, convidámosvos a reflexionar. Como o fixo o outro día Emma Watson.
E farémolo mediante os HAIKUS.
Escoitastes algunha vez esta palabra? Sabedes que é un "haiku"?
Na seguinte presentación (e aquí agradecemos a Anxos o seu labor), explicámosvolo:





O alumnado do IES Laxeiro vai realizar conxuntamente un "Libro do Mal Amor" no que expresará o rexeitamento de todo o alumnado contra a violencia de xénero. Por tanto, sodes vós quen ten a palabra: deberedes entregarme un par de haikus, como mínimo, antes do 20 de outubro. Logo, nas aulas de Plástica ilustraranse para despois publicarmos un libro chamado "Libro do Mal Amor". Asemade, imos tentar contar coa colaboración dalgúns e dalgunhas poetas máis coñecid@s da nosa terra.

Xa vistes que un Haiku nun principio era un poema de exaltación á Natureza. Pero logo serviu para achegarse a calquera tema. Agora somos nós os que imos poetizar en forma de Haiku. A dificultade, quizais, radique no cómputo silábico. Sabedes contar as sílabas dun verso? Estas son as normas:



          Palabra final:
      Aguda: + 1 sílaba: 
Exemplo: unha casa de marfil (7+1=8)
      Esdrúxula: - 1 sílaba: :
Exemplo: estas claras efemérides  (9-1=8)

          Licenzas poéticas:
      Sinalefa:
Exemplo: para a virtude o humilde (10 > 8)
      Sinérese: 
Exemplo: recollendo realidades (9 > 8)
      Diérese: 
Exemplo: fragor e süavidade (7 > 8)


 
E aquí algún Haiku que veño de facer como mostra:


Sobre a mesa
salada de constancia
xeado de dor

A sopa fría
os nenos agochados
berros calados

Controla o móbil
amor encadeado
ameazante