martes, 31 de marzo de 2020

Redactamos

 Agora que xa rematou a segunda avaliación, e para non perder o ritmo, propóñovos escribir. O tema no podía ser outro, a estas alturas e con todo o que está pasando. A próxima semana estamos de vacacións, así que tedes que mandarme este traballiño antes do día 5, coma sempre, ás 12 da noite. Xa sabedes, ao meu correo.
Se estades moi cansos e cansas , podedes mandalo durante a Semana Santa. Esta data de entrega é máis flexible. Mentres tanto, a ver se sabemos que vai pasar coa 3ª avaliación. Moito ánimo!!!

 Coidadiño coa ortografía (agora xa sabedes moito máis... porque fixestes os exercicios de repaso)!!!

O tema que vos suxiro é moi un acaído para estes días:

O  MUNDO DESPOIS DO CORONAVIRUS



luns, 23 de marzo de 2020

Quíxente tanto, meniña

Déixovos aquí un comentario de mostra para que saibades como realizar os comentarios dos poemas de Rosalía que vos vou ir pedindo pouco a pouco. Prestade atención á estrutura do mesmo.
Un pouco máis abaixo, no blogue, tendes as instrucións, ou premendo aquí.


Quíxente tanto, meniña

1 «Quíxente tanto, meniña,       
            tívenche tan grande amor,      
            que para min eras lúa,
            branca aurora e craro sol;       
            augua limpa en fresca fonte,  
            rosa do xardín de Dios,          
            alentiño do meu peito,           
            vida do meu corazón».           
   9         Así che falín un día    
            camiñiño de San Lois,            
            todo oprimido de angustia,    
            todo ardente de pasión,         
            mentras que ti me escoitabas  
            depinicando unha frol,           
            porque eu non vise os teus ollos         
            que refrexaban traiciós.          
        17    Dempois que si me dixeches,
            en proba de teu amor
            décheme un caraveliño           
            que gardín no corazón.           
            ¡Negro caravel maldito,         
            que me fireu de dolor!           
            Mais a pasar polo río,
            ¡o caravel afondou!...
            Tan bo camiño ti leves           
   26         como o caravel levou.    
 


       

O tema é o desamor (ou o amor non correspondido).
Subtemas: a traizón; a vinganza.


O argumento é sinxelo, como sinxela é a forma: o narrador rememora unha declaración pasada, a aceptación e posterior traizón e o seu actual desexo de vinganza; O poema está posto en boca do mozo, quen vai relatando as súas propias penas. Este mozo comunícase cunha 2ª persoa que non se corresponde co destinatario do poema (o lector ou lectora), senón que se trata dun destinatario interno, é dicir, esa moza que foi a meniña dos seus ollos.
O desamor exprésase en contacto cunha natureza apacible e delicada, a pesar do sentimento tan forte e desespardo non presenta características tráxicas.
O punto de vista masculino obedece ao desexo de ofrecer diferentes perspectivas da realidade, por iso no libro hai homes e mulleres falando de feitos similares, ofrecendo a súa versión masculina ou feminina da realidade. Ante a traizón amorosa, a dor no home convértese en violencia e rancor.

Estrutura
Ten dúas partes: a primeira parte vai dende o primeiro verso ata o verso dezaseis, ambos incluídos, cando fala do amor que sentía pola rapaza; aínda que dentro desta primeira pardte hai unha subdivisión clara: 1-8/9-l6, indicada mesmo polas comiñas que ten o texto. A segunda parte tamén o podemos subdividir, xa que os dous últimos versos expresan un desexo de vinganza que non existía no resto do poema.
Todo dito cunha grande musicalidade fónica que lle vén dada polo predominio de consoantes sonoras e abundancia de nasais.

PRIMEIRA PARTE DO POEMA
Comeza a composición "in media res", no medio da acción, e a localización desa situación só nos será dada na segunda subparte.

Os oito primeiros versos van entre aspas, fannos pensar logo que son unhas palabras textuais que o protagonista pronunciou, pero máis adiante comprobaremos que non é exactamente así, e poderemos ver a sutil elaboración de Rosalía, que deste xeito nos dá xa pistas desde a primeira palabra sobre cal vai ser o desenlace do poema.

Versos 1- 8: Os dous primeiros versos son como un resumo de toda a primeira subparte: expoñen directamente o grande amor do protagonista. En toda esta parte os verbos están en pasado, o que nos indica que hai un berro desesperadamente intenso do sentimento. Nesta primeira subparte non hai acción, case non hai verbos e aquí atópase a maior parte da adxectivación do poema. Os versos acumulan comparacións cos elementos da natureza pola idealización da amada: comeza identificándoa -mediante unha gradación ascendente- coa luz (gradación que pode querer plasmar o progresivo aumento do amor: desde a pálida lúa ata o sol, fonte de calor e vida); a esa gradación hai que lle engadir primeiro a ausencia de adxectivos e logo a construción paralelística, intensificativa de adxectivo + substantivo (“branca aurora e claro sol”), con esa anteposición subxectiva que expresa os seus sentimentos: a brancura, a claridade, os símbolos de pureza da moza, que era o máis perfecto que el nunca vira.No sexto verso compárra coa flor máis fermosa por excelencia, pero ademais non dun xardín calquera, senón co de Dios (e aquí aparece xa explícito o elemento sobrenatural do que antes falábamos), continuando coa ansia intensificadora por medio desa dobre construción substantivo + de + substantivo + de + substantivo (“rosa do xardín de Dios”). Acaba a descrición nos dous últimos versos desta subparte (versos 7 - 8) con dous versos paralelísticos, que ademais son totalmente sinónimos e non engaden nada novo. A autora consegue a abstracción dos sentimentos mediante cousas concretas, naturais e populares, e non mediante conceptos abstractos de difícil comprensión.

Versos 8- 16: Esta segunda subparte contitúe un momento anterior ao xa narrado na primeia subparte. O verso 8 aclara que os oito primeiro versos foron a declaración amorosa del; pero esta declaración non podía estar en pasado, tal como a lemos. Así pois, non son palabras textuais, polo que estamos ante unah superposición de planos temporais (cambia o presente lóxico por un pasado narrativamente ilóxico) para que o lector non se engane, xa desde o primeiro verso: non vai ler un amor pleno, realizado, senón algo frustrado, xa acabado no tempo.
A situación dos dous protagonistas está tamén maxistralmente plasmada:
- a del mediante dous versos paralelísticos e anafóricos, que intensifican o seu estado, recalcado ademais pola contradición semántica: como contraditorio é o seu ánimo ante a dúbida do resultado.
- a dela mediante 4 versos nos que practicamente por primeira vez fai a súa aparición o encabalgamento, suave, como se o home tivese présa por coñecer a súa resposta. A súa actitude é presentada xa como contraposta á del: non hai coordinación, senón “mentres que”, e ademais ela está depenicando unha flor (símbolo popular de indecisión) o que ao mesmo tempo lle serve de ocultación, e aparece a primeira palabra negativa e clave de todo o texto: TRAICIÓS (se ben antes aparecían palabras que poderíamos considerar negativas -“angustia”, “oprimido”-, estas estaban relacionadas cunha situación concreta e contraditoria, que encerra en si mesma o positivo e o negativo e non en relación directa co tema) non percibida naquel momento polo mozo.


SEGUNDA PARTE DO POEMA
A segunda parte, aínda que enlazando coa anterior, supón unha ruptura, pois aí estarán os sentimentos do presente e non só as lembranzas do pasado.
Comeza coa resposta da moza, ese ansiado si sabiamente realzado polo hipérbato e a prenda de amor regalada, ese caraveliño, ese símbolo tenramente engrandecido polo diminutivo cariñoso, que é o máis prezado para o home.
Pero o sentimento actual, a realidade, xorde bruscamente, entre exclamacións que non se poden conter, rompendo a delicia do pasado. Nela, o caraveliño perde o seu diminutivo e adquire unha dobre adxectivación (único caso en todo o texto) totalmente negativa: un paradoxal caravel negro e maldito. E só despois deste exabrupto pode explicar o que pasou (que o lector aínda descoñece): o tempo, que todo o leva, tamén levou o amor: a felicidade, o idilio, durou pouco, como xa presaxiaba o depenicar inconsciente da moza e os reflexos de traizón. E acaba o poema con eses puntos suspensivos, ferintes e tristes que seguen levando o caravel cada vez máis lonxe.
Os dous últimos versos son a maldición popular, o desexo vingativo do mozo ferido e traizoado.


Valoración
Estamos ante un poema costumista característico de Rosalía, no que partindo de elementos populares e sinxelos (o dito, os recursos, as figuras, os símbolos...) crea unha composición lírico-narrativa (conta unha situación, mais predomina o sentimento) estilisticamente elaborada (a interferencia temporal, o xogo co caravel...), dunha grande beleza e forte musicalidade.

Localización
É un romance de Rosalía de Castro, da súa primeira obra en galego "Cantares Gallegos".

 De acordo co contido deste libro, é unha composición sinxela, de resonancias populares, tanto pola métrica como polos recursos empregados, mais non exenta de elaboración poética. Responde tamén ao método de composición de todo o libro, ao figurar ao final dous versos populares, perfectamente integrados no texto, nos que se baseou a autora.



 

venres, 20 de marzo de 2020

Booktuber

Ola! Estou recibindo algúns Booktuber. Mirade primeiro as instrucións. Lembrade que se grava en horizontal, non en vertical. E que o traballo é un comentario do libro, a vosa impresión; non se trata, pois, de facer un resumo só (este debe ser curto), senón a vosa proposta literaria, ou sexa, convidar a unha lectura.

Hai persoas que non me permiten colgar o booktuber no blogue da biblioteca. Outras si, e podedes velos xa (aqueles que pagan a pena):

https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/

Para crear reseñas, debes nomear o seguinte:
  • Título do libro
  • Autor/a
  • Ilustrador/a
  • Breve resumo
  • O que máis che gustou
  • Por que o recomendas?


 https://trafegandoronseis5.blogspot.com/2018/01/unha-das-tarefas-desta-segunda.html

Repasar a Gramática e a Ortografía

Estes días, xa que non podemos adiantar materia, aproveitade para repasar todo o visto, que ben nos cómpre!
Nesta páxina tedes todo tipo de exercicios con autocorrección. Non fagades trampas porque non vén a nada.
ESTES EXERCICIOS SON PARA FACER POLA VOSA CONTA, NON TEDES QUE MOS MANDAR!!!
Repasade a Ortografía:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#0

E todo o que levamos dado de Gramática:

. O substantivo e adxectivo:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 

http://aprendogalego.com/apgal_fin/2-Substfin/o_substantivo_definicin_e_clasificacin.html

https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_substantivo/O_x%C3%A9nero

https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/substantivo/X%C3%A9nero 

http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_sub_01.html?orix=mor&tema=mor_sub_01.html 

http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_adx_01.html?orix=mor&tema=mor_adx_01.html

. O artigo:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/artigo.htm 

. O demostrativo:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/demostrativo.htm 

. O posesivo:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/posesivo.htm

  . O indefinido:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/indefinido.htm 

 . O numeral:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/numeral.htm 


https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1411726747/contido/mor/mor_det_03.html?orix=mor&tema=mor_det_03.html

. O pronome persoal:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm 


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm#0 


http://aulasgalegas.org/colocamos-os-pronomes/ 


http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud4_01.html?orix=mor&tema=mor_ud4_01.html


http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/o_pronome_persoal_tono.html


http://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda/system/files/u10/o_pronome_persoal.pdf 


https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/persoal/Colocaci%C3%B3n


https://ancoralengua.wordpress.com/category/lingua-galega-2/pronomes-atonos-e-tonicos/


https://padlet.com/xuliovaz/fdzukerlbsfj


http://www.iespugaramon.com/ies-puga-ramon/resources/pronomes1295393426287.pdf


https://galegoenzadar.files.wordpress.com/2015/05/erros_pronomes.pdf 

venres, 13 de marzo de 2020

Mulleres que fixeron Historia... escribindo

Como non sabemos moi ben que vai pasar, de momento teredes que facer o traballo das mulleres por escrito. Por tanto, xa non tedes que facer exposición oral deste tema. A oralidade avaliarase por medio do Booktuber.
Vouvos poñer que mulleres tedes escollidas para que vaiades buscando outras e mo vaiades indicando. Irei completando esta listaxe a medida que mas vaidades dicindo. Estade atentxs ao blogue, por tanto.
Podedes facer o traballo tal como vos ensinou a profesora de Historia, Sheila, na plataforma do Clasroom. Se vedes que se cambia a ficha, mandade mensaxe no propio Clasroom para recompoñela de novo. Por favor, estade alertas para facelo axeitadamente.

O prazo remata o día 29 deste mes.

OLLO: O QUE ESTADES A FACER MAL: NON CONSTATADES A SÚA OBRA ESCRITA, QUE É MOI IMPORTANTE

 3º ESO A:

    1. Caramés Otero, Paula     :    CHUS PATO


    2. Conde Quiroz, Alejandra  : MARGARITA LEDO


    3. Couto González, Nuria     : ROSALÍA DE CASTRO


    4. Ferradás Sánchez, Claudia  : ROCÍO LEIRA CASTRO


    5. Gutiérrez García, Iván    : MARÍA REIMÓNDEZ


    6. Gutiérrez Penido, Samuel 


    7. Hermida Lamas, Nerea    : OLGA NOVO


    8. Lameiro Cortés, Lúa     :  LUÍSA VILLALTA


    9. Lameiro Insua, Marcos José 


    10. López Pereira, Abel     :    MARINA MAYORAL


    11. López Santiso, Raquel  : CHUS NOGUEIRA


    12. Lorenzo Pérez, Efrén     : ANTÍA OTERO


    13. Loureiro Taboada, Marco    : XOANA TORRES


    14. Mato Rodríguez, Uxía       : NICOLASA AÑÓN PAZ


    15. Miguélez Pérez, Pablo 


    16. Montoto González, Ademar  : MARÍA DO CEBREIRO


    17. Pájaro Romero, Paula      : IOLANDA ZÚÑIGA


    18. Prado Areán, Nina     : YOLANDA CASTAÑO


    19. Remeseiro Rodríguez, David  


    20. Roqueiro Galego, Roberto 


    21. Taboada Caldevilla, Aarón 


    22. Vázquez Rodríguez, Abel    : LEDICIA COSTAS




3º ESO B:

    1. Areán López, Joritz                :     LUISA VILLALTA     


    2. Barros Jeremías, Lucía          : Mª XOSÉ QUEIZÁN


    3. Cagide Meijome, María      :    FRANCISCA HERRERA


    4. Fernández Cuiña, Nuria   


    5. Fernández Lalín, Gabriel   


    6. Froján González, Marcos     :   PURA VÁZQUEZ


    7. Lamas Civeira, Arón           : MARÍA DOLORES DEL RÍO


    8. Lamazares Fernández, Nuria    :     MARÍA MARIÑO


    9. Mein García, Claudia             :     FINA CASALDERREY


    10. Méndez Vilas, Diego 


    11. Novoa Fernández, Santiago   :      BEGOÑA CAAMAÑO


    12. Peiteado Carrón, Paula    : JOSEFA IGLESIAS VILERELLE


    13. Pérez García, Uxía  


    14. Portela Suárez, Lara       :              MARÍA VICTORIA MORENO


    15. Rivero Montoto, Nuno   :  MARTA DACOSTA


    16. Rodriguez Abelleira, Pablo      : SILVIA PENAS


    17. Rodríguez González, Olivia     : INMA LÓPEZ SILVA


    18. Rodríguez Jiménez, Antía            : SOFÍA CASANOVA


    19. Silva Lage, Alex                        : ANISIA MIRANDA


    20. Taboada García, Lorena  


    21. Taboada García, Miguel          :   FILOMENA DATO


    22. Vázquez Castro, Jorge 


    23. Vázquez Lorenzo, María    : LUZ POZO GARZA

mércores, 11 de marzo de 2020

Como facer un comentario

QUE É COMENTAR UN TEXTO?

Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor e argumentar cos recursos significativos do texto esa idea escollida.
Identificar o/a autor/a con respecto a un texto polo seu estilo e temática.


CALES SON AS PARTES DUN COMENTARIO?

1-Lectura e información (se é preciso consultar palabras no dicionario)

2-Interpretación ou núcleo (o máis importante do comentario, mellor seguir esta orde):

a) Asunto ou resumo, tema central e punto de vista (lírico ou narrativo)
b) Estrutura (partes, relacións e elementos que as vertebran. Na narrativa: personaxes, espazo, tempo e discurso)
c) Linguaxe (por niveis: o semántico: o ton/ contido, o morfosintáctico: o ritmo/ forma e, no caso de ser poesía, o fónico: rima/sonoro)

3-Valoración (Reunir todos os argumentos e conclusións).


4-Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario do texto a comentar)

É importante:
Identificar cal é o tema central dun texto

- Os recursos máis significativos que na primeira lectura nos chaman á atención, axúdannos


DEBEDES FACER OS COMENTARIOS DOS POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO QUE TRAE O VOSO LIBRO DE TEXTO NAS PÁXINAS 212 - 213. PODEDES MANDARMOS POR CORREO ELECTRÓNICO PARA CORRIXILOS. 
IMPORTANTE: MANDAR O PRIMEIRO E AGARDAR A QUE VOLO MANDE CORRIXIDO ANTES DE FACER O SEGUNDO, PARA CORRIXIR OS POSIBLES FALLOS QUE POIDADES COMETER.
NON TEÑADES PRÉSA EN FACELOS, É MELLOR POUCO E BEN QUE MOITOS E MAL.