Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro b>. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2020
sábado, 19 de maio de 2018
'Cantares Gallegos': os días previos ao 17 de maio de 1863
Publicado en Sermos:
Mais, como foron os días previos ao 17 de maio de 1863?
O quince de marzo de 1863 Galicia, Revista Universal de este reino anuncia a publicación de Cantares Gallegos, versos de Rosalía Castro de Murguía.
Está na prensa, di a revista, “esta preciosa colección de poesías galegas tan apreciadas polos periódicos da Galiza e de Castela”. 300 páxinas, excelente papel francés, letra compacta mais clara e elegante. O prezo, 12 reais. Editor, D. Juan Compañel, Vigo.

Detallado o produto, cómpre criar o interese necesario para o poder vender e para iso o autor do texto, Francisco de la Iglesia, identifica e illa os elementos que dan valor ao libro e polo tanto xustifican a súa compra:
1.-Cualidade literaria.
2.-Perfección métrica.
3.-O coñecemento que a autora ten da súa terra.
4.-A empatía que este coñecemento vai producir especialmente nas clases populares e
5.-A consecuente popularización da obra derivada da interiorización por parte de lectoras e lectores da proposta literaria de Rosalía.
Así que, continúa a revista, “recomendamos a adquisición da súa nova obra, que non só debe ocupar o andel de todo bon galego literato, senón que parece chamado ese libro a ser de texto para todo poeta que teña que metrificar no galego idioma”
Cualidade literaria e perfección métrica perfectamente recoñecidas. Mais hai máis: os cantares, co tempo, han de se popularizar tanto que mesmo ocuparán a memoria dos campesiños, que os entoarán unidos ás cantigas populares que o propio libro ten pois a autora soubo facer un texto de simbiose total entre a poesía popular, entre as notas “tenras, sentimentais e sinxelas” dos campesiños e a súa propia poesía.
Na mesma revista o un de maio faise de novo unha apelación á compra do libro: “son tan dignos de atención pública estes textos que parece imposíbel que lidos unha vez ou parte deles, exista persoa normal que non trate de adquirir estas producións”
Só achamos estas dúas notas anunciando a publicación de Cantares. É moito menos do que aconteceu con outras obras. E contrasta coa fría recepción, máis ben indiferenza, que a crítica na Galiza outorgou aos Cantares a partir do 17 de maio de 1863.
Sobre como foi recibido Cantares Gallegos
unha vez publicado hai moito escrito; sobre como se anunciou a
publicación, ou como diríamos hoxe, como se planificou o lanzamento
editorial e se creou o ambiente necesario para a súa comercialización
hai menos, por non dicer nada.
Mais, como foron os días previos ao 17 de maio de 1863?
O quince de marzo de 1863 Galicia, Revista Universal de este reino anuncia a publicación de Cantares Gallegos, versos de Rosalía Castro de Murguía.
Está na prensa, di a revista, “esta preciosa colección de poesías galegas tan apreciadas polos periódicos da Galiza e de Castela”. 300 páxinas, excelente papel francés, letra compacta mais clara e elegante. O prezo, 12 reais. Editor, D. Juan Compañel, Vigo.

Detallado o produto, cómpre criar o interese necesario para o poder vender e para iso o autor do texto, Francisco de la Iglesia, identifica e illa os elementos que dan valor ao libro e polo tanto xustifican a súa compra:
1.-Cualidade literaria.
2.-Perfección métrica.
3.-O coñecemento que a autora ten da súa terra.
4.-A empatía que este coñecemento vai producir especialmente nas clases populares e
5.-A consecuente popularización da obra derivada da interiorización por parte de lectoras e lectores da proposta literaria de Rosalía.
Así que, continúa a revista, “recomendamos a adquisición da súa nova obra, que non só debe ocupar o andel de todo bon galego literato, senón que parece chamado ese libro a ser de texto para todo poeta que teña que metrificar no galego idioma”
Cualidade literaria e perfección métrica perfectamente recoñecidas. Mais hai máis: os cantares, co tempo, han de se popularizar tanto que mesmo ocuparán a memoria dos campesiños, que os entoarán unidos ás cantigas populares que o propio libro ten pois a autora soubo facer un texto de simbiose total entre a poesía popular, entre as notas “tenras, sentimentais e sinxelas” dos campesiños e a súa propia poesía.
Na mesma revista o un de maio faise de novo unha apelación á compra do libro: “son tan dignos de atención pública estes textos que parece imposíbel que lidos unha vez ou parte deles, exista persoa normal que non trate de adquirir estas producións”
Só achamos estas dúas notas anunciando a publicación de Cantares. É moito menos do que aconteceu con outras obras. E contrasta coa fría recepción, máis ben indiferenza, que a crítica na Galiza outorgou aos Cantares a partir do 17 de maio de 1863.
mércores, 10 de maio de 2017
Actividades didácticas arredor de Rosalía de Castro
En Educabarrié tedes un montón de actividades arredor de Rosalía de Castro: audio, vídeo, test, xogos, textos con
preguntas e unha webquest....
http://www.educabarrie.org/gl/recursos/libro-multimedia-rosalia-de-castro
mércores, 13 de maio de 2015
Negra Sombra
http://www.rtve.es/television/20150420/negra-sombra-poema-rosalia-castro/744761.shtml
Vía
Vía
domingo, 19 de xaneiro de 2014
Dinche o corazón na man
Imaxe do manuscrito rosaliano e texto do poema Dinche o corazón na man,
publicado pola RAG, a cargo de Henrique Monteagudo e Mª X. Lama
domingo, 10 de marzo de 2013
sábado, 9 de marzo de 2013
xoves, 7 de marzo de 2013
sábado, 16 de febreiro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)