Amosando publicacións coa etiqueta O substantivo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O substantivo. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de marzo de 2020

Repasar a Gramática e a Ortografía

Estes días, xa que non podemos adiantar materia, aproveitade para repasar todo o visto, que ben nos cómpre!
Nesta páxina tedes todo tipo de exercicios con autocorrección. Non fagades trampas porque non vén a nada.
ESTES EXERCICIOS SON PARA FACER POLA VOSA CONTA, NON TEDES QUE MOS MANDAR!!!
Repasade a Ortografía:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#0

E todo o que levamos dado de Gramática:

. O substantivo e adxectivo:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 

http://aprendogalego.com/apgal_fin/2-Substfin/o_substantivo_definicin_e_clasificacin.html

https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_substantivo/O_x%C3%A9nero

https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/substantivo/X%C3%A9nero 

http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_sub_01.html?orix=mor&tema=mor_sub_01.html 

http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_adx_01.html?orix=mor&tema=mor_adx_01.html

. O artigo:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/artigo.htm 

. O demostrativo:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/demostrativo.htm 

. O posesivo:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/posesivo.htm

  . O indefinido:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/indefinido.htm 

 . O numeral:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/numeral.htm 


https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1411726747/contido/mor/mor_det_03.html?orix=mor&tema=mor_det_03.html

. O pronome persoal:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm 


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm#0 


http://aulasgalegas.org/colocamos-os-pronomes/ 


http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud4_01.html?orix=mor&tema=mor_ud4_01.html


http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/o_pronome_persoal_tono.html


http://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda/system/files/u10/o_pronome_persoal.pdf 


https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/persoal/Colocaci%C3%B3n


https://ancoralengua.wordpress.com/category/lingua-galega-2/pronomes-atonos-e-tonicos/


https://padlet.com/xuliovaz/fdzukerlbsfj


http://www.iespugaramon.com/ies-puga-ramon/resources/pronomes1295393426287.pdf


https://galegoenzadar.files.wordpress.com/2015/05/erros_pronomes.pdf 

xoves, 10 de outubro de 2019

FORMACIÓN DO PLURAL



- As palabras rematadas en ditongo, vogal ou en –n engaden -s:

lei   -   leis
avó   -    avós
can  -    cans

- As palabras rematadas en consoante distinta de –n ou –s engaden –es:

Flor -  flores


- Os substantivos rematados en –s:

. Se son agudas engaden –es:
Siamés  -   siameses

. Se rematan en grupo consonántico, se son graves ou esdrúxulas, permanecen INVARIABLES, é dicir, presentan sincretismo.
o luns  -    os luns
o lapis   -    os lapis
o mércores   -    os mércores


- Os substantivos rematados en –l:

. Os monosílabos fan o plural engadindo –es

mel   -   meles

. As palabras graves engaden –es

túnel  -   túneles

. As palabras compostas con algún destes monosílabos engaden –es

ollomol  -    ollomoles

. As palabras agudas quitan o –l e engaden –is

animal  -  animais

- Os substantivos rematados en –x presentan sincretismo, polo que o número vén indicado polo artigo

o tórax   -    os tórax

- Os cultismos e os préstamos que rematan en calquera outra consoante, engaden -s

club  -   clubs
lord  -    lores


- Plural das palabras compostas:

. Se os dous compoñentes non están perfectamente soldados, o plural faise nas dúas palabras:

garda civil    -    gardas civís

. Se o composto está constituído por unha forma verbal ou palabra invariable e outro elemento, ou se os dous elementos están separados por un guión, só este segundo elemento vai en plural:

norte-africano    -     norte-africanos
galego-falante     -     galego-falantes

. Nas construcións con preposición só o primeiro elemento vai en plural:

estrela de mar   -      estrelas de mar

. Cando os dous elementos son substantivos e van separados, de maneira que o segundo modifica o primeiro, só recibe marca de plural o primeiro elemento:

sofá cama    -      sofás cama
cidade xardín     -        cidades xardín

mércores, 9 de outubro de 2019

FORMACIÓN DO FEMININO



- Cando o masculino remata en vogal átona, fórmase o feminino cambiando o –o final por un  –a:

avogado – avogada
presidente – presidenta

- Se o masculina remata en vogal tónica, o feminino fórmase engadindo un –a:

avó – avoa

- Se o masculino remata en consoante distinta de –n , engádese un –a:

pastor – pastora

- Se o masculino remata en –ín, engade un –a:

pescantín  -  pescantina

- Se o masculino remata en –eu, cambia esta terminación por  –ía:

xudeu  -  xudía

- Se o masculino remata en –ón, desaparece o –n final e engade un –a:

patrón -  patroa

Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo –a, é dicir, en –ona:
abusón -  abusona

- Se o masculino remata en -án, o feminino fórmase coa desaparición do –n final:

irmán – irmá

Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo –a, é dicir, en –ana:

lacazán -  lacazana

- Ás veces, o feminino fórmase cun morfema derivativo:

actor -  actriz
rei  -   raíña

- Noutras ocasións, a oposición de masculino /  feminino   é a base de semantemas diferentes:

cabalo  -  egua
home  -  muller

- Ás veces, a oposición de xénero dáse só mediante o artigo:

o artista   -   a artista

- Con algúns animais, cómpre engadir ao seu carón a palabra “macho” ou “femia”:

leopardo macho  - leopardo femia


A oposición de xénero pode servir para:

-          Diferenciar seres polo sexo: o boi -  a vaca
-          Diferenciar seres polo tamaño ou pola forma externa. O feminino adoita designar o ser de maior tamaño: o cesto  -   a cesta
-          Diferenciar entre individual e colectivo:  o gran  -   a gra

martes, 8 de outubro de 2019

O XÉNERO DO SUBSTANTIVO



O xénero é un signo gramatical que leva todo substantivo. Polo xénero os substantivos poden ser masculinos ou femininos. Polo xeral, os substantivos te­ñen un só xénero: ou son masculinos ou son femininos. Non obstante, hai substan­tivos que admiten a variación de xénero e, xa que logo, poden estar en masculino ou en feminino. Exemplo:     
avogado/avogada
xudeu/xudía

A adscrición a un xénero ou a outro vén indicada pola concordancia que o substantivo lles impón aos outros elementos do sintagma nominal:
- Os substantivos masculinos combínanse coas formas masculinas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
o teléfono vermello
o rapaz alto
- Os substantivos femininos combínanse coas formas femininas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
a ponte vella
a vaca rubia

Son masculinos


·        Os nomes das letras:

o a, o be, o ce, o gue, o e, o xe, o uve...

·        Os substantivos rematados en  -ote:

o lote, o dote...

·        Os rematados en  -ume:

o fume, o cume...  (pero a pesadume, a servidume)

·        Os substantivos rematados en  -me:

o abdome, o exame, o arame...

·        Outros coma o leite, o mel, o fel, o sal, o sinal, o labor, o nariz, o sangue, o berce, o la­bor, o sorriso, o ubre, o cárcere, o cal...


Son femininos


·        Os substantivos rematados en   -axe:

a homenaxe, a porcentaxe, a paisaxe, a sondaxe... excepto traxe, paxe, garaxe e personaxe (que tamén pode ser feminino).

·        Os substantivos rematados en  -se,  -ite:

a análise, a crise, a énfase, a farinxite, a hepatite, a dermatite...

·        Os seguintes substantivos: a árbore, a arte, a canle, a calor, a cor,  a dor,  a orde, a orixe, a vertixe, a pantasma, a ponte, a síndrome, a suor...

·                 A maioría das árbores froiteiras, o mesmo que a froita que dan: a maceira, a cerdeira, a pereira, a nogueira, a ameixeira, a claudieira, a laranxeira...
        Se o nome da froi­ta é masculino, polo xeral o nome da árbore tamén o é: o limoeiro-o     limón, o pexegueiro-o pexego.
         Son excepcións:    a figueira-o figo,     o castiñeiro-a castaña.

luns, 7 de outubro de 2019

O SUBSTANTIVO



É unha clase de palabras que designa cousas, seres ou conceptos abstractos (casa, home, amor); caracterízase por estar formado por un lexema ou máis nos compostos (vacaloura), que achega o significado léxico, e por morfemas derivativos (sufixos e prefixos) e/ou flexivos (xénero e número).



TIPOS DE SUBSTANTIVOS:

Substantivos propios (topónimos, antropónimos e patronímicos) e comúns.

Os comúns poden ser:

1.- Pola orixe:
.- Primitivos: se non teñen ningún morfema derivativo. Exemplo: mesa
.- Derivados: se teñen morfema derivativo. Exemplo: mesiña

2.- Pola composición:
.- Simples: cun só lexema. Exemplo: mesa
.- Compostos: dous ou máis lexemas. Exemplo: beirarrúa

3.- Polo significado:
.- Abstractos: designan calidades dos seres. Exemplo: paz
.- Concretos: con existencia real. Exemplo: mesa
Á súa vez, os concretos divídense en:
- non contables: podemos medilos ou pesalos. Exemplo: fariña
- contables: que se poden contar. Poden ser:
                      . individuais: designan un só ser. Exemplo: mesa
                      . colectivos: designan un conxunto. Exemplo: rabaño

Así pois, un substantivo como MESA clasifícase como: substantivo común, primitivo, simple, concreto, contable, individual.