Imos coa poesía, que vai sendo hora. E para comezar, nada mellor que unha antoloxía onde atoparedes todos os temas e unha gran variedade de autores e autoras. O mellor libro para poetizarnos é, por suposto,
.- Fran Alonso: Poetízate. Editorial Xerais.
Mirade o que din na editorial:
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é
aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética
demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas,
propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e
desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as
persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar,
berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para
falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a
poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario