sábado, 7 de marzo de 2015

Estrutura dos diálogos


Os diálogos van precedidos dunha raia e NUNCA rematan en raia, senón no signo de puntuación correspondente (punto, punto e coma, interrogacion, exclarmación...)


"—Estou algo cansado."Non hai espazo entre a raia e a primeira letra.

Para introducir unha aclaración do narrador, utilízase tamén a raia:

"—Estou algo cansado —dixo el."
"—Estou algo cansado —dixo el—. Marcho para a casa."

Tendo en conta que hai que diferenciar dous casos:


1.-A intervención do narrador fai referencia a un verbo ou acción da fala ou o pensamento ("dixo el", "pensou ela", "replicou o seu amigo", etc.).
  • Déixase un espazo en banco entre o final da frase e a raia, e a frase do narrador comeza sen espazo entre a raia e esta: "cansado —dixo él."
  • A frase comeza en minúsculas:“ —dixo el."
  • O signo de puntuación correspondente á frase do personaxe péchase tras a aclaración do narrador: "—Estou algo canso —dixo el—. Voume para a casa"
  • Se o diálogo continúa, péchase coa raia; en caso contrario, non: "—Estou algo canso —dixo el—. Voume para a casa."
  • Se a frase do diálogo non está completa, pero corresponderíalle outro signo de puntuación (como unha coma), este pones coma no exemplo anterior co punto: "—Estou canso —dixo el—, e iso que durmiu ben."
2.- No caso de que o comentario do narrador no teña nada que ver coa acción de falar, pensar ou calquera de accións relacionadas (gritar, susurrar, etc.), péchase a frase, se cumprise, e o texto do narrador comeza por maiúscula:
—Teño que marchar. -O portazo retumbou en toda a casa.

E contando con certas excepcións:
  • A exclamación e a interrogación cérranse sempre (se a frase rematou) antes da raia: "—Estás canso? —dixo a súa muller—. Poderías durmir máis."
  • Do mesmo modo, tamén os puntos suspensivos preceden á raia: "—Nótote canso... —observou ela—. Será que non durmes ben."
  • Se a narración precisa dous puntos, estes substitúen o signo de puntuación que correspondería á frase do diálogo: "—Nótote canso —observou ela, e engadiu—: Será que no durmes ben."


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario