Ten para nós unha especial relevancia a difusión que Henri Deluy lle deu á nosa poesía medieval no ámbito francófono. En 1984, Action Poétique publica unha ampla escolma de « Troubadours Galego-Portugais » que acolle unha trintena de autores de cantigas de amigo, de amor, de escarnho e maldizer e de Santa María. A escolma e a introdución, dirixida por Madeleine Arroja e Henri Deluy mobiliza catorce poetas franceses que asinan as adaptacións.
Pouco despois, en 1987, Deluy publica na Editorial P.O.L. unha magnífica escolma : « Troubadours Galego-Portugais. Une anthologie » , baseada na de Action Poétique mais moi mellorada, non só pola maior cantidade de obra traducida (191 composicións e 71 trobadores e xograres) senón polos utilísimos apoios de introdución, notas biográficas, definición dos xéneros, contextualización do trovadorismo galego-portugués no movemento literario europeo, bibliografía, etc. E a rica e fermosa identificación de Deluy.
Ningún comentario:
Publicar un comentario