Se eu podesse desamar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem me sempre desamou | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
e podess'algum mal buscar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem me sempre mal buscou! | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Assi me vingaria eu, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
se eu pudesse coita dar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem me sempre coita deu. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mais sol nom poss'eu enganar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
meu coraçom que m'enganou, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
per quanto mi fez desejar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem me nunca desejou. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
E por esto nom dórmio eu, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
porque nom poss'eu coita dar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem me sempre coita deu. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mais rog'a Deus que desampar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem m'assi desamparou, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
ou que podess'eu destorvar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem me sempre destorvou. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
E logo dormiria eu, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
se eu podesse coita dar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem me sempre coita deu. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Vel que ousass'en preguntar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem me nunca preguntou, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
por que me fez em si cuidar, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
pois ela nunca em mi cuidou; | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
e por esto lazeiro eu: | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
porque nom posso coita dar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
a quem me sempre coita deu. |
Estamos ante unha cantiga de amor porque a voa poética é a dun home, e fala dos seus sentimentos amorosos por unha dona, que aparecerá baixo o pronome “ela” (contrariamente ao esperado non temos en toda a cantiga a palabra “senhor” tan característica); o que si temos en cambio nesta cantiga, e que nos axudará a identificala no seu xénero, será a palabra “coita”, que se repetirá abondamente no refrán. Por outra parte, podemos xa estimar que precisamente a ausencia da palabra “senhor” (a que cabía esperar) responde a un desexo do trobador de distanciamento da dona. Porén, aínda así, o tema tratado na cantiga lévanos a afirmar que se trata dunha cantiga de amor: o sentimento amoroso expresado polo poeta, o distanciamento da dona, o sentimento de pena e dor producido por este amor, son claves significativas para poder manter a afirmación de que se trata dunha cantiga de amor.
Dos SUBTEMAS
fundamentais que aparecen nas cantigas de amor aparecen nesta cantiga tres
deles:
-
O amor do poeta: o amor que o
poeta expresa nas cantigas de amor é concibido como amor-servicio, amor-vasalaxe,
o que conduce, a maioría dos casos, ao sufrimento do poeta polo distanciamento
da dona e á imposibilidade dunha relación directa do poeta coa dona da que está
namorado. Nesta cantiga a confesión do amor do trobador exprésase xa na
primeira cobra dunha maneira indirecta: o poeta está namorado e gustaríalle que
a situación cambiase. O mesmo sentimento amoroso é declarado polo poeta nos
versos da segunda cobra.
-
Coita de amor: o sufrimento que
lle supón o amor non correspondido está claramente expresado no refrán e nos
últimos versos das cobras. A coita de amor é tan grande que non só lle impide
durmir, senón que o conduce a concibir un sentimento de vinganza, a desexar que
a dona sufra o mesmo que sofre el.
-
A reserva da dama: a actitude de
distanciamento e de desinterese da dona exprésaa o mesmo poeta en contraste cos
seus sentimentos. O trobador nun dobre xogo de versos antitéticos recolle os
sentimentos de amor –do poeta- / desamor –da dona-. Estas antíteses, acentuadas
pola presenza dos adverbios “sempre, nunca” postos en relación coa actitude da
dona fronte a el, serven para poñer de manifesto moi claramente que o
comportamento da dama non é só de reserva ou de prohibición, senón dun total
distanciamento e desinterese polo amor que o poeta lle ofrece.
O cuarto subtema, a
loanza da dama, non aparece expresada en ningún momento ao longo da cantiga.
Trátase dunha
cantiga monologada na que o trobador fai unha confesión íntima dos seus
sentimentos e da súa coita de amor. A través dunha serie de expresións
antitéticas vai contrastando os seus propios sentimentos coa actitude e
comportamento da dama. Mentres o poeta confesa o seu amor pola dona, sabemos, a
través das súas propias palabras, que a dona xamais mantivo a actitude que el
esperaba nin cedeu nunca ás súas pretensións; esta situación leva ao poeta a
desexar unha certa vinganza polo desprezo da muller. Presenta por tanto un
dobre xogo caracterizado formalmente coa presenza do mozdobre. Semanticamente e
ideoloxicamente a cantiga está imbuída da antítese: un nó esencial está na
diferenza de comportamentos entre o home e a muller.
O tema central da
cantiga é pois o desexo do poeta, desolado polo desprezo e o desinterese da dona,
de que ela chegue a sentir a mesma desesperación e frustración que el sente, a
mesma coita amorosa que el sofre.
Xa na primeira
cobra anúnciasenos o leitmotiv da cantiga, que vai ter un desenvolvemento nas
cobras seguintes: o desexo de esquecer, de desamar, e mesmo de vingarse da súa
dona que nunca amosou interese por el. O trobador desexa que a mesma coita de
amor, o mesmo sufrimento que el sente, que o experimente a súa amada.
Na segunda cobra
hai unha clara constatación, non só da coita de amor, senón da imposibilidade
de superala, porque o seu corazón segue desexando á dona.
Na terceira cobra,
o poeta recorre a Deus como único medio de saída desa situación.
Na cuarta cobra
repite de novo o motivo inicial e contrasta o sentimento de interese, amor /
desinterese, desamor e incide no seu
sufrimento.
Así pois, toda a primeira cobra recolle o desexo
íntimo do poeta de esquecemento e vinganza (ou dunha certa vinganza, xa que o
namorado xamais nos di que desapareceu a súa paixón) que se amplifica ao longo
da cantiga. É, neste senso, unha das cantigas máis curiosas do cancioneiro, xa
que a maioría das cantigas expresan simplemente a dor polo amor non
correspondido, pero o desexo de vinganza é un tema pouco recorrente na nosa
lírica medieval, o que fai desta cantiga, un exemplar “único” de cantiga de
amor.
Dende un punto de
vista formal, os recursos utilizados nesta cantiga son a significativa presenza dos mozdobres ao final
de todos os versos, a existencia da “palabra-rima” eu no quinto verso de todas as cobras, os capdenais no inicio do 2º
v. da 1ª, 3ª e 4ª cobra, así como no 1º v. da 2ª e 3ª cobra. E os dobres en todas as cobras.
Os versos miden 8
sílabas, co seguinte esquema rimático (rima macho):
a-b-a-b-c-A-C
ao longo de toda a
composición, polo que son cobras unisonantes.
É unha cantiga de
refrán, cun refrán un tanto especial xa que se alterna nas cobras, sendo igual
o da 1ª e o da 3ª por un lado, e o da 2ª e a 4ª por outro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario