Levad', amigo, que dormides as manhãas frias;
todalas aves do mundo d' amor diziam:
leda m' and' eu.
Levad', amigo, que dormide' -las frias manhãas;
todalas aves do mundo d' amor cantavam:
leda m' and' eu.
Toda-las aves do mundo d' amor diziam;
do meu amor e do voss' en ment' aviam:
leda m' and' eu.
Toda-las aves do mundo d' amor cantavam;
do meu amor e do voss' i enmentavam:
leda m' and' eu.
Do meu amor e do voss' en ment'aviam;
vós lhi tolhestes os ramos en que siiam:
leda m' and' eu.
Do meu amor e do voss' i enmentavam;
vos lhi tolhestes os ramos en que pousavan
leda m' and' eu.
Vós lhi tolhestes os ramos en que siiam
e lhis secastes as fontes en que beviam:
leda m' and' eu.
Vós lhi tolhestes os ramos en que pousavam
e lhis secastes as fontes u se banhavam:
leda m' and' eu.
Estamos ante unha cantiga de amigo porque aparece a palabra "amigo" xa no primeiro verso da primeira cobra,
porque está posta en boca dunha muller (sabémolo no refrán, co pronome
"eu" e o adxectivo en feminino) e porque presenta os recursos formais
propios deste tipo de cantigas, como son o paralelismo e o leixaprén; é
ademais, unha cantiga de refrán, xa que o terceiro verso de cada cobra é
idéntico, constituíndo o refrán.
Pode pertencer ao subxénero da alba ou alborada posto que a cantiga
comeza coa petición ao namorado de que se erga á alba; ademais, neste
momento de tempo é cando os namorados escoitan cantar de amor ás aves.
Pero fáltanlle ingredientes propios como a recorrencia da palabra alba.
O suxeito lírico da cantiga e único personaxe é a moza namorada que
sutilmente nos introduce na contraposición dos sentimentos do namorado
grazas ao uso coidado cara a ela, que sinala a antítese do feliz tempo
pasado versus triste tempo actual. Como personaxes, poderiamos falar
nesta cantiga dos elementos da natureza, que se amosan claves para
entender a relación dos namorados: como a propia amiga, as aves cantan o
amor dos namorados na primeira parte da cantiga, mentres que o namorado
na segunda se encarga de rachar as pólas e secar as fontes onde os
paxaros celebraban o seu amor; é dicir, a natureza, en plena comuñón coa
namorada, canta leda cando o amor é compartido, e deixa de facelo (non
ten pólas para pousarse nin fonte para beber) cando o amor deixa de ser
mutuo. Non só iso, senón que os verbos da segunda parte da cantiga son
modificadores da acción que se describían na primeira parte da cantiga.
A cantiga, pois, amósanos a ledicia do amor, da amada ou do amante,
mesmo da natureza, nunha primeira parte que abrangue as catro primeiras
cobras. Nesta catro primeiras cobras a moza conmina ao namorado para que
se erga nas "mañás frías", o que nos suxire que veñen de durmir xuntos,
é dicir, que si se produciu o encontro amoroso e a perda de virxindade
da doncela (dobre moral da época: social/familia) e nos introduce na
ledicia do amor compartido, un amor tan fermoso que "todas as aves do
mundo" o proclaman.
A segunda parte da cantiga, as catro últimas cobras, falan do
cambio de actitude do namorado, un cambio que non só provoca a tristura
na namorada senón en todos os elementos da natureza que xa tiñamos na
primeira parte: é o namorado quen, metaforicamente, racha as pólas onde
as aves se pousaban para cantar e seca as fontes onde aquelas bebían e
se bañaban.
Cantiga de refrán con paralelismo e leixaprén, está composta por oito cobra alternas con medida diferente para cada par de dísticos:
I-II: 14a, 12a
III-IV: 12c, 11c
V-VI: 11a, 12a
VII-VIII: 12c, 12c
Cantiga de refrán con paralelismo e leixaprén, está composta por oito cobra alternas con medida diferente para cada par de dísticos:
I-II: 14a, 12a
III-IV: 12c, 11c
V-VI: 11a, 12a
VII-VIII: 12c, 12c
Ningún comentario:
Publicar un comentario