Narrar -xa o vimos-
é contar sucesos reais ou imaxinarios que lles suceden a un ou varios
personaxes nun espazo en un tempo determinados.
A
narración está presente en moi diversas situacións: prensa, radio, cómics,
chistes, anécdotas, cine... No ámbito literario consideramos diversos xéneros
ou tipos de narración:
· En verso:
-
A epopea que é o relato dos feitos memorables dun pobo ou dun heroe.
-
O romance que é un poema narrativo que trata sucesos históricos, lendarios ou
da
vida cotiá.
· En prosa:
-
O conto é un relato breve cun argumento sinxelo
-
A lenda, que é un relato breve no que se mesturan elementos históricos con
fantásticos.
-
A novela é unha narración longa con gran abundancia de personaxes e un
argumento complexo.
Este é o Romance de DonGaiferos, explica o seu argumento e explica por que se trata dun texto
narrativo.
I a onde vai aquel romeiro,
meu romeiro, a onde irá?
Camiño de Compostela,
non sei se alí chegará.
Os pes leva cheos de sangue
e non pode máis andar,
malpocado, probe vello!
non sei se alí chegará.
Ten longas e brancas barbas,
ollos de doce mirar,
ollos gazos, leonados,
verdes como auga do mar.
-I a onde ides meu romeiro,
onde queredes chegar?
-Camiño de Compostela,
onde teño o meu fogar.
-Compostela é miña terra
deixeina sete anos hai
relucinte en sete soles
brilante como un altar
-Cóllase a min meu velliño
imoss xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas
da Virxe de Bonaval
-I eu chámome don Gaiferos
Gaiferos de Mormaltán,
se agora non teño forzas
meu Santiago mas dará.
Chegaron a Compostela
e foron á Catedral,
Ai, desta maneira falou
Gaiferos de Mormaltán:
-Gracias meu señor Santiago
os vosos pés me tés xa,
si queres tirarme a vida
pódesma señor tirar,
porque morrerei contento
nesta santa Catedral.
E o vello das brancas barbas
caíu tendido no chan,
Pechou os seus ollos verdes
verdes como a auga do mar.
O bispo que esto ovíu
alí o mandou enterrar
E así morreu meus señores
Gaiferos de Mormaltán.
Iste é un dos moitos milagres
que Santiago Apostol fai
Ningún comentario:
Publicar un comentario