Narrar
é contar uns feitos que sucederon. O narrador conta, relata, refire unha
historia (un feito real ou imaxinario no que suceden determinadas accións) que
lle sucede a alguén (personaxes humanos ou non, reais ou ficticios, individuais
ou colectivos) e desenvólvese nun determinado lugar e tempo. A narración
interrómpese con frecuencia pola presenza de descricións, diálogos, aínda que é
posible que unha narración por si soa chegue a constituír un texto propiamente
dito.
Por tanto, narrar é contar uns feitos reais ou imaxinarios cuns personaxes nun tempo e lugar determinados.
A
narración utilízase principalmente nos textos literarios e xornalísticos, pero
pode aparecer en calquera tipo de texto, incluída a conversa. A función
predominante é a referencial, pero iso non implica que a intención comunicativa
sexa necesariamente informativa, pode ser entreter, convencer, etc.
1.- A ESTRUTURA
BÁSICA dunha unidade narrativa é a seguinte:
- Estado ou situación inicial da que se parte
- Conflito que altera a situación inicial e que desenvolve o proceso narrativo: as accións, acontecementos nos que se produce unha complicación problemática.
- Resolución.
O autor pode introducir alteracións a este tipo de
estrutura básica que alteran a orde lineal:
- Pódese prescindir da presentación e empezar a narración directamente no conflito, “in media res”
- Mesmo se pode iniciar o relato polo final. Ambas técnicas alteran a orde lineal. O autor pode prescindir do desenlace co que consegue un relato de final aberto e obriga ao lector a imaxinar posibles desenlaces.
Toda narración literaria ten,
ademais, un sentido (finalidade): este é o motor que xera o relato. Non sempre é
explícito e pode ocorrer que se infira do relato pero que non se inclúa nel. Un
exemplo moi claro de “sentido explícito” é a sentenza (“moraleja” en castelán)
dos contos tradicionais. O sentido é o que explica a finalidade do relato.
2.- HISTORIA E
DISCURSO
En toda narración debemos
distinguir en primeiro lugar entre historia
(o que se conta), sucesión de acontecementos (accións) narrados, dispostos na
súa orde temporal cronolóxica (tempo da historia) e causal, tal e como aconteceron,
realizados por uns personaxes nun tempo e espazo determinados, e discurso (como se conta), o xeito como
se conta a historia, as accións ordenadas conforme ao designio do autor; é dicir,
a construción da historia, a secuencia dos feitos tal e como se presenta ordenada
no texto.
3.- PERSONAXES
Segundo o seu papel na historia os
personaxes poden ser protagonistas ou
secundarios. Os protagonistas realizan unha serie de accións para conseguir
uns obxectivos e outros personaxes (principais ou secundarios) axudan aos
protagonistas a conseguir os seus obxectivos (aliados) ou lles poñen obstáculos
(adversarios).
Tamén pode aparecer un antagonista, que é o personaxe que se
opón ás accións do protagonista e intenta que non consiga o seu propósito
Os personaxes poden ser planos, aqueles que responden durante
toda a obra a un esquema establecido desde a súa aparición sen variar no
desenvolvemento da acción. Normalmente este esquema tipo verá configurado por
obras literarias anteriores, neste caso os personaxes
serán arquetípicos. Unha segunda posibilidade é un tratamento fondo dos
personaxes principais que responden a unha complexidade psicolóxica
considerable e que, polo tanto, non serán facilmente reducibles a un esquema;
estes son denominados caracteres
redondos e van evoluíndo a medida que avanza a historia.
4.- ESPAZO E TEMPO
O espazo pode estar concibido
como un espazo obxectivo, é dicir, como un reflexo máis ou menos fiel do mundo
real, ou ben como un espazo subxectivo cando aparece determinado pola
percepción que o personaxe realiza desde a súa subxectividade.
En canto ao tempo, hai que ter en
conta en primeiro lugar o tempo externo
que refire a época histórica en que suceden os feitos relatados e o tempo interno que fai referencia tanto á
orde cronolóxica dos acontecementos narrados como á súa duración. Cando o
narrador relata os feitos na orde en que sucederon dise que é una narración
lineal, pero pode haber alteracións da orde que dean lugar a saltos temporais
ou anacronías, que se producen cando hai discordancia entre a orde da historia,
lóxica e lineal, e a orde do discurso, subxectivo e dependente do punto de
vista. Hai dous tipos fundamentais de anacronías: a analepse (flash back),
evocación de momentos anteriores, e a
prolepse, anticipación de acontecementos posteriores ao tempo da historia.
5.- NARRADOR E
PUNTO DE VISTA
O narrador (ente de ficción
encargado de contar a historia) pode relatar os feitos en primeira persoa,
(narrador personaxe/narrador protagonista), en terceira persoa, (narrador testemuño
dos acontecementos) ou mesmo en segunda persoa (como un desdobramento da primeira
persoa).
O
grao de coñecemento dos feitos por parte do narrador determina a perspectiva ou
punto de vista, que pode cambiar ao longo do relato. O primeiro elemento estrutural
na narración é o punto de vista xa que o problema previo á estruturación da
materia narrativa é saber quen será o narrador e desde que punto de vista vai
ser tratada. Atendendo á perspectiva podemos distinguir os seguintes
narradores:
- Punto de vista externo: o narrador é unha voz situada FÓRA da historia, conta feitos nos que on participou como personaxe, limítase a narralos “dende fóra”:
- Narrador omnisciente: o narrador
domina toda a historia, o que ocorre dentro e fóra de cada personaxe, antes e
despois, pero non participa na historia.
- Narrador observador (narrador
obxectivista): só conta o que ve e o que oe (accións externas), como unha
cámara fotográfica, sen saber (e polo tanto non pode contalo) o que pensan ou
senten os personaxes. Ás veces esta voz pode estar dentro da historia, polo
tanto, pode ser interno ou externo. Ex.: Crónica
de una muerte anunciada).
- Narrador editor: o escritor finxe
que a obra non a escribiu el, senón que a atopou escrita e limítase a editala.
Ás veces son cartas as que o autor di estar publicando. É unha técnica parecida
á do “relato dentro do relato”, onde un personaxe narra a outro unha historia.(Utilizado xa en “Las
mil e unha noites”).
- Punto de vista interno: o narrador sitúase dentro da historia, como un dos personaxes que participan na acción. Hai varios tipos de narradores internos:
1.
Narrador protagonista: usa
preferentemente a primeira persoa narrativa
2.
Narrador personaxe secundario, que
pode alternar o uso da primeira e terceira persoa.
(Ex.: as narracións de Sherlock Holmes).
(Ex.: as narracións de Sherlock Holmes).
3.
Narrador testemuña, presente como
espectador, utiliza preferentemente a terceira persoa. Tamén pode utilizar a
segunda.
6.- A NARRACIÓN
PRESENTA OS SEGUINTES RASGOS LINGÜÍSTICOS:
- Uso do perfecto para enunciar os
feitos e do imperfecto para presentar o desenvolvemento das accións: Chegou cedo, Camiñaba pola rúa cando escoitou un berro
- Predominio de oracións enunciativas
- Relevancia de complementos circunstancias de lugar e tempo
- Utilización de subordinadas adverbiais de causa, finalidade e consecuencia e de coordinadas copulativas que permiten a organización lóxica das accións.
- Presenza dos estilos directo e indirecto: Contestoulle: -Boh!; Lembroulle que era tarde.
-
Utilización de verbos de movemento,
acción e lingua: Correu tras ela; Díxolle que non estaba
- Emprego de adverbios deícticos de lugar e tempo: Ocorreu alí; Coñeceuno onte
En resumo, cales
son so cinco elementos da narración?
-
Narrador:
interno (1ª persoa) ou externo (3ª persoa)
-
Personaxes:
principal (protagonista) e secundarios. Pode aparecer un antagonista.
-
Lugar:
aberto ou pechado; real, imaxinario ou fantástico
-
Tempo:
desde o principio, a metade da historia (o máis frecuente) ou desde o final;
tempo externo ou tempo interno.
-
Acción:
formulación, nó e desenlace
Que outros elementos debemos ter en contar para a
redacción dun texto narrativo?:
- .-
División do texto narrativo en capítulos
ou secuencias.
- .- Introdución de descricións de persoas,
lugares ou obxectos.
-
.- Introdución de diálogos entre
personaxes.
-
.- Creación ou non de suspense.
-
.- Final aberto ou pechado.
.-.-Uso de expresións espaciais (aquí, alí,
diante, máis atrás...) e temporais (entón, onte, ao mesmo tempo...)
- .-
Uso preferentemente de verbos en pasado
como o imperfecto (cantaba) ou o o perfecto
(cantou).
- .-
Uso de verbos de acción ou de lingua
(dicir).
O TEXTO NARRATIVO.
A NARRACIÓN NON FICCIONAL
Hai outro tipo de
narracións, as non ficcionais, nas que non cabe inventar nada, nas que se atopan
sucesos históricos, sucesos que ocorreron realmente e tal como ocorreron. Nestas,
o autor é o narrador e non pode nin debe inventarse nada, debe limitarse a
contar verazmente o que sabe dos feitos que narra. Si pode, en cambio, comentar
os feitos que narra, sempre que non confundan os feitos cos comentarios.
Aparte estas diferenzas, este tipo de narracións emprega moitos dos
recursos dos relatos ficcionais. Predomina nelas a orde cronolóxica, aínda que
non sexa imposible outra orde.
Cada
vez que contamos algo a alguén, sexa de palabra ou por escrito e
calquera que sexa o tema ou os motivos, non estamos máis que contando
unha historia e, polo tanto, narrando. O acto de contar ou narrar é un
dos procedementos básicos da comunicación humana: todos e todas somos
narradores en distinta medida e en máis dunha ocasión, por exemplo,
cando lle contamos unha película a un compañeiro ou unha anécdota que
nos pasou.
Exemplos en castelán e páxinas para repasar en castelán.
Un texto para comentar na nosa lingua.
Prácticas narrativas en Caderno da Lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario