Cita tirada dunha carta que Franz Kafka remitiu a Oskar Pollak no
ano 1904. As afirmacións que Kafka realiza neste parágrafo convéncenme da
fantástica clarividencia do autor d´A metamorfose no que se
refire aos posibles categorizacións de lecturas: nun libro non debe ser
prioritaria a súa función balsámica ou evasiva, antes ben, un libro debe
morder e aguilloar.
Penso que só debemos ler libros dos que mordan e aguilloen. Se o libro que estamos a ler non nos obriga a espertar como unha puñada no rostro, para que molestarse en lelo? Para que nos faga felices, como di a túa carta? Meu deus, seriamos igualmente felices se non tiveramos ningún libro! Os libros que nos fagan felices poderiamos escribilos nós mesmos, se non nos quedase outro remedio. O que precisamos son libros que nos golpeen como unha desgraza dolorosa, como a morte de alguén a quen queriamos máis que a nós mesmos, libros que nos fagan sentirnos desterrados aos bosques máis remotos, lonxe de toda presenza humana, algo semellante ao suicidio. Un libro debe ser o machado que rompa o mar xeado dentro de nós. Iso é o que penso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario