E aquí tedes un par de vídeos sobre a Descrición:
sábado, 31 de marzo de 2018
venres, 30 de marzo de 2018
A descrición
A descricion from marisadc2
AQUÍ tedes unha páxina ben interesante para axudarvos a realizar as vosas descricións. Estes apuntamentos que seguen son tirados de alí. Botádelle un ollo:
A descrición é un texto que presenta os trazos característicos de seres (como unha persoa ou un animal), de obxectos (como unha mesa, un coche etc), de lugares (como unha praia ou unha cidade) ou de fenómenos e procesos (como sentimentos, sensacións, etc).
Polo tanto describir consiste en explicar mediante palabras, de forma detallada e ordenada, como é unha persoa, un obxecto, un lugar etc, para que alguén poida imaxinalo sen velo.
A descrición é algo así como unha pintura ou unha fotografía feita con
palabras. Pero mentres que na pintura ou fotografía poden aparecer todos
os detalles do que retratamos, unha descrición non consiste nunha
simple enumeración de todas as características daquilo que estamos
describindo senón na selección das que permiten diferenciar o elemento
descrito dos outros da súa especie.
Tendo en conta a finalidade coa que se fai unha descrición distinguimos dous tipos de descrición: a descrición técnica e a descrición literaria.
Como elaborar unha descrición
1º paso
- Debemos observar detalladamente as características e os trazos definitorios do elemento que imos describir. Atenderemos especialmente ás características físicas (de que partes está composto, de que material está feito...), o lugar onde e sitúa, para que se usa ou que función ten...
2º paso
- Escoller o punto de vista que debemos ou queiramos adoptar: obxectivo ou subxectivo, segundo a función do texto que teñamos que redactar: por exemplo, se imos facer un retrato dun personaxe forzosamente debemos ser obxectivos; pola contra se queremos ridiculizar ese mesmo personaxe facendo unha caricatura del adoptaremos un punto de vista subxectivo.
3º paso
- Despois da observación e tendo en conta o punto de vista adoptado, seleccionaremos as características que mellor definen o obxecto que imos describir e que o diferencian doutros da súa especie ou similares a el.
- A descrición non pode ser exhaustiva (non ten sentido dicir absolutamente todo o que se ve nun obxecto, nunha persoa ou nun lugar) senón que se limita aos elementos máis característicos ou interesantes.
- Non se trata polo tanto de “copiar” con palabras os obxectos reais, senón que ao describilos interpretámolos e seleccionamos de entre todas as súas calidades, aquelas que consideremos máis características. A partir dun mesmo obxecto real dúas persoas farán dúas descricións distintas porque seguramente tamén será diferente a maneira de velo, por exemplo porque a unha persoa lle interesarán aspectos que tal vez á outra lle pasen desapercibidos.
4º paso
- Ao elaborar finalmente a descrición seguiremos unha orde determinada: podemos comezar facendo unha panorámica xeral do que describimos e a continuación imos describindo cada unha das súas partes; ou describindo o continente ou exterior e a continuación o contido ou interior. Esa ordenación dependerá do obxecto descrito e do noso criterio persoal, mais os datos deberán estar sempre ordenados, non se pode dar a impresión de saltar dunha parte a outra sen seguir ningunha orde.
Para describir unha persoa debemos seguir estas indicacións básicas:
- Despois de observar e reflexionar sobre a persoa que imos describir, organizaremos a información que nos parece máis destacada. A observación pode ser física ou mental, se imos describir a alguén que non está connosco, pero a quen coñecemos.
- Seguiremos unha orde, do máis xeral ao máis particular:
- Indicaremos o seu xénero (un home, unha muller, un rapaz... )
- Diremos a súa idade (naturalmente será a idade aproximada na maior parte dos casos: é unha nena de meses, un vello, unha velliña, un señor maduro, unha moza nova, terá uns vinte anos, andará polos corenta, etc.
- Citaremos a súa aparencia xeral: fermoso, feo, atlético, de aspecto canso, musculoso..
- Sobre a súa talla indicaremos se é unha persoa alta, baixa, anana, delgada, fraca, barriguda etc.
- A continuación describiremos a súa cara, pois é elemento das persoas no que máis nos fixamos e que o máis nos identifica. Ao falar da cara iremos tratando os distintos elementos: a súa forma (ovalada, cadrada, ancha...), o cabelo (abundante ou escaso, negro, loiro, ondulado, liso...), os ollos (grandes, pequenos, vivaces, alegres, claros, escuros, azuis, verdes...), os labios (grosos, finos, carnosos...), a fronte (ampla, pequena...) etc.
- Se é o caso falaremos dalgunha característica particular que teña a persoa descrita: calvo, bigote, barba, algunha mancha ou marca significativa.
- A continuación, xa para rematar o retrato físico, falaremos da súa vestimenta.
- Finalmente daremos información sobre o seu carácter: diremos se é unha persoa amable, sociable, antipática...
Non é obrigatorio seguir
necesariamente esta orde; son posibles outras organizacións, pero
sempre debe existir unha organización determinada, evitaremos dar a
sensación de saltar dun lado a outro sen orde concreta.
Descrición técnica
A descrición aparece con frecuencia en
textos de carácter técnico e científico:
- en xeografía temos descricións de paisaxes, de climas...;
- na xustiza hai necesidade de describir, por exemplo, o lugar onde se cometeu un delito, a situación na que se produciu o feito que se xulga, o delincuente que fuxiu e foi visto por algunha testemuña...;
- na arquitectura descríbense o terreo onde se vai edificar e os planos e dependencias dos edificios;
- en ciencias da natureza hai descricións de animais, de plantas, de minerais etc;
- nas guías de viaxe descríbense os lugares e os monumentos de interese, as rutas máis interesantes dun lugar etc.
Coa descrición técnica preténdese dar a coñecer as
características reais de persoas, de obxectos, de lugares etc.
Neste tipo de descrición procúrase a
obxectividade, é dicir, represéntanse as cousas tal como as ve todo
o mundo, prescindindo das opinións persoais de quen fai a
descrición.
Utilízase unha linguaxe denotativa, é
dicir, unha linguaxe na que as palabras están tomadas co seu sentido
recto. Son abundantes os termos técnicos e os adxectivos
especificativos.
Presenta unha ordenación lóxica,
describíndose primeiro o máis xeral e indo despois ao particular, ou o
que está máis próximo para seguir co máis afastado etc.
As súas finalidades son:
- definir: aparece a descrición técnica con este valor en
- dicionarios
- enciclopedias
- libros escolares
- leis, normas...
- explicar: aparece con esta finalidade en
- textos científicos
- manuais de instrucións
- noticias e reportaxes de prensa
- convencer: dáse sobre todo na publicidade, por exemplo en anuncios de
- venda de pisos
- ofertas de emprego
- venda de obxectos de segunda man
Descrición literaria
Na literatura a descrición aparece
frecuentemente alternando coa narración e supón unha pausa na
historia que se está a contar.
A descrición literaria cumpre as seguintes
funcións:
- Presentar os lugares onde sucede a acción e os elementos que son importantes para a mesma: O lugar pode ser interior (unha casa, un cuarto, unha cova, unha igrexa...) ou exterior (o campo, unha montaña, o mar, unha fraga....).
- Presentar os personaxes que interveñen na historia que se conta.
- Anticipar, aclarar ou crear interese sobre a acción que se desenvolve ou se vai desenvolver (unha paisaxe triste ou sinistra anticipa frecuentemente accións negativas; a descrición da mirada dun personaxe pode indicar se está dicindo a verdade ou non). A descrición permite polo tanto comprender mellor a historia que se nos conta.
Entre as principais características da descrición literaria, destacamos as seguintes:
- A linguaxe é connotativa, é dicir, teñen moita importancia as sensacións ou sentimentos que nos evocan as palabras, non só o seu significado obxectivo.
- Abundan os adxectivos explicativos, é dicir, aqueles que resaltan determinadas cualidades dos substantivos.
- A descrición literaria pode ser obxectiva ou subxectiva.
- Utilízanse, entre outros, recursos literarios como
- a hipérbole: esaxeración dunha característica;
- a metáfora: substitución dun elemento por outro co que ten parecido;
- a comparación: establecemento de relación por semellanza ou parecido;
- a enumeración: acumulación de elementos.
Características lingüísticas das descricións
Na
maior parte dos textos descritivos atoparemos características
lingüísticas que nos permiten diferencialos doutros tipos de textos:
- A descrición caracterízase pola organización espacial da información (por exemplo na descrición dunha paisaxe comezarase polos elementos que vemos en primeiro plano, e a continuación, pasarase a describir os situados en planos máis afastados; describindo unha persoa pódese seguir unha orde do máis xeral (o aspecto ou primeira impresión que nos causa) ao máis concreto (a cara, os ollos, as man...) ou comezar coa descrición da cabeza e a continuación o resto do corpo). As partes que compoñen o obxecto descrito sitúanse no espazo con respecto ás outras partes e ao conxunto: indícase que elementos están arriba, cales abaixo, é esquerda ou á dereita, no primeiro plano ou no fondo etc.
- As referencias ao espazo exprésanse mediante adverbios de lugar: alí, detrás..., e frases preposicionais con valor locativo: por riba de, por detrás de...
- Nas descricións son máis importantes e frecuentes os substantivos e os adxectivos que os verbos: os substantivos, porque son as palabras que designan os elementos do que se describe, e adxectivos porque indican as súas calidades ou características.
- As oracións habituais son as atributivas, é dicir, as que están formadas cos verbos ser ou estar. Tamén son frecuentes as construcións comparativas e adversativas.
- Os recursos expresivos máis usados son as comparacións e as metáforas.
- Utilízanse con frecuencia sinónimos, antónimos, hipónimos, hiperónimos...
Con respecto ao tipo de linguaxe utilizada nas descricións úsase
- linguaxe científica (con termos técnicos e precisión no uso do vocabulario), por exemplo nas descricións que atopamos nas enciclopedias;
- linguaxe literaria (con uso de figuras retóricas: metáforas...), por exemplo na descricións dos personaxes nunha novela;
- linguaxe coloquial (con utilización de termos correntes, menor precisión de vocabulario...), por exemplo cando lle describimos a algún coñecido como iamos disfrazados na pasada festa do entroido.
luns, 12 de febreiro de 2018
Prexuízos lingüísticos
Este vídeo trata sobre algúns tipos de prexuízos lingüísticos
: as súas causas, o que son, e a súa transmisión.
Vía Carta Xeométrica
domingo, 12 de novembro de 2017
venres, 20 de outubro de 2017
A Literatura na Idade Media
Tema 2 de 3º eso from trafegandoronseis
Para abordar visualmente este período de esplendor, podedes ir a esta páxina:
http://remexer.com/lgl/?projects=a-literatura-medieval
Para abordar visualmente este período de esplendor, podedes ir a esta páxina:
http://remexer.com/lgl/?projects=a-literatura-medieval
martes, 19 de setembro de 2017
Encántame
A primeira tarefa deste curso será escribir un poema no que falemos daquilo que nos encanta facer, aquelas actividades que nos resultan máis pracenteiras, aquilo co que soñamos... como fai a protagonista deste álbum, unha nena que ama contarnos todo o que lle encanta: acariñarse detrás da orella, as cousas qeu dia a amiga da súa mamá, poñer os seus pés sobre os do seu pai e facer boliñas co miolo do pan; encántalle divertirse, pelexar, que a queiran e que a mimen; encántalle ser nena. Así que tentade lembrar o que máis vos ten gustado dos momentos vividos ata agora. Ide máis alá, onde aquel pequeno momento que semellaba insignificante ponvos un sorriso na face que dura moito tempo e así irán sucedéndose lembranzas e emocións de toda a vosa vida. Cómpre reparar nos pequenos detalles e darlles a importancia que verdadeiramente teñen.
“Me encanta que la abuela me enseñe las fotos de mamá cuando era pequeña y diga: Cómo se parecía a ti, era casi tan bonita como tú.”
“Sacar la mano por la ventana cuando vamos en el coche, a toda velocidad y sentir la fuerza del viento.”
“Pegar la cara contra el cristal helado y dibujar un corazón con la nariz, en el vaho.”
“Pasearme por toda la casa con los zapatos de tacón de mamá.”
“Ponerme la falda de volantes y dar vueltas para ver su vuelo.”
“Poner los pies encima de los zapatos enormes de papá y caminar juntos por el salón.”
“Pegar la cara contra el cristal helado y dibujar un corazón con la nariz, en el vaho.”
“Cuando mi madre me mide y dice: ¡Es increíble!, a ver, ¿seguro que no te has puesto de puntillas? ¡Entonces has crecido mucho!”
“A mí me encantan las horquillas, los Casadielles, bañarme en la playa con mi perro y arrancarme las postillitas cuando ya están secas ¿Ya tí? ¿Qué es lo que te encanta?”
domingo, 28 de maio de 2017
CONSELLOS PARA LER UN POEMA SEN DESTROZALO POLO CAMIÑO
LER UN POEMA EN PÚBLICO?! QUE HORROOOOR!!! SOCORRO!!!
Ben, tranqui, con calma; xa que te ves no apuro de ler en público un artefacto de palabras chamado poema, escoita, medita e usa as seguintes instrucións:
a) ante todo, FAITE AMIGO OU AMIGA DO TEXTO; a primeira vez que o leas, seguramente non entenderás nada ou case nada, e perderaste mil veces; por iso, repite a lectura cantas veces necesites, ata que che soen as palabras, ata que saibas onde van colocadas e como soan; se hai algunha palabra que se che resista, recítaa ata que che escape da boca case sen pensala, como un peixe esvaradizo.
b) BÚSCALLE UN SENTIDO (UN SIGNIFICADO) AO TEXTO, algo que che axude a entender de que vai; se hai palabras que non coñeces, búscaas no dicionario ou pregúntalle ao profesor ou profesora.
c) TRATA CADA PALABRA CON COIDADO, COMO SE FOSE DE CRISTAL: cada vez que te equivocas ou te atascas na pronuncia dunha palabra é como se escachases o texto en mil anacos; tes que mimar as palabras, agarimalas coa voz, facer que soen fluídas como a corrente dun río (cada vez que te paras demasiado nunha palabra, é como se a matases, como se lle quitases a música que garda en cada sílaba)
d) CONTROLA A VELOCIDADE: ler ben significa respectar as normas de circulación, sen pasarse dos límites máximos de velocidade, pero sen camiñar como unha tartaruga (hai que levar un ritmo medio, para que a xente que nos escoite entenda o que cantamos).
e) REGULA O VOLUME DO APARATO: a túa ferramenta de traballo é a voz; procura que se te escoite ben, pero sen berrar; mira que non se che vaia apagando a radio, porque non estás lendo para ti só (tes un público de orellas abertas ansioso por devorarche a voz)
f) NON DEIXES DE RESPIRAR: ollo piollo con isto! Se quedas sen aire (por non saber facer pausas, descansos) afogas seguro, e se afogas, mandas o poema ao fondo do mar, como se che pesase a voz e xa non tiveses forza para levar os sons lixeiriños como aire dun globo.
g) ATENCIÓN AOS SINAIS DE TRÁFICO: os teus sinais de tráfico son os signos de puntuación; failles moitísimo caso, e xa verás o ben que conduces o ritmo do poema. E se non hai puntuación, guíate polos cortes do poema (cambios de verso)
h) NON TEÑAS VERGOÑA DA EMOCIÓN: un poema ten algo de ser vivo; non é unha receita médica nin unha fórmula matemática nin un cadáver de letras; fala de emocións humanas, e hai que sentilas un pouquichiño para que non se nos durma o persoal. E se queres pistas sobre onde está a emoción, fíxate nos signos de interrogación e admiración, que che marcan o matiz da voz, o ton do son bailón.
i) Por último, ANTE TODO MOITA CALMA; non te deixes levar polos nervios, nin esteas pendente dos demais; céntrate e concéntrate no poema, mira só para el, non te rías como un pallaso, pero tampouco te acovardes como un ratiño asustado; e lembra que ninguén nace aprendido, e que isto sae mellor coa práctica, pouco a pouco, con paciencia
mércores, 10 de maio de 2017
Actividades didácticas arredor de Rosalía de Castro
En Educabarrié tedes un montón de actividades arredor de Rosalía de Castro: audio, vídeo, test, xogos, textos con
preguntas e unha webquest....
http://www.educabarrie.org/gl/recursos/libro-multimedia-rosalia-de-castro
martes, 25 de outubro de 2016
A cantiga de amigo
1.1. Orixes
-Xénero
poético de orixe autóctona. Modelo da canción de amor
Feminina (kharjas).
Xénero pre-trobadoresco.
1.2.
Características xenéricas
-Voz poética:
fala unha muller nova (amiga), que se dirixe ao seu amigo (namorado), lamenta a
súa ausencia ou refire as alegrías e tormentos que lle produce o amor. A voz
poética tamén pode ser a da nai, unha confidente...
-Ambientación
en paraxes naturais
-Léxico
popular, arcaísmos
-Símbolos da
natureza (cervos, auga, cabelos, vento...)
-Recursos de
repetición (paralelismo, leixaprén e refrán)
1.3. A forma
da cantiga de amigo
-Refrán:
versos que se repiten literalmente despois de cada estrofa dunha composición (independentes
en rima). Se a composición carece de refrán, é de mestría (provenzal).
-Paralelismo:
propio da poesía popular (literal= palabras; estrutural= estruturas
sintácticas; semántico= significados)
-Leixaprén:en
cantigas cuxas estrofas están formadas por dous versos (dísticos). O segundo
verso da primeira estrofa, repítese literalmente como primeiro da terceira; o
segundo verso da segunda, como primeiro da cuarta, e así sucesivamente.
1.4. A
temática das cantigas de amigo
-Tema básico:
a ausencia do namorado e os efectos que produce na amiga.
Estados
emocionais da amiga e relacións con outros personaxes (nai, irmás, amigas...)
-Auto-loanza
da amiga
-Laméntase
pola ausencia do amigo
-Tenta
remover os obstáculos
-Propósito
de reunirse co namorado
-Canta as
alegrías do amor
-Subxéneros
temáticos:
-Mariñas ou
barcarolas
-Cantigas de
romaría
-Bailadas
-Albas
1.5. Modos
poéticos
-Cantigas
narrativas: a voz poética non se dirixe a ningún destinatario explícito
(terceira persoa)
-Cantigas
monologadas: segunda persoa como destinataria
-Cantigas
dialogadas: dúas ou máis voces, forma dialogada
1.6.
Personaxes da cantiga de amigo
-A amiga:
inxenuidade + forte pulsión erótica. Estados psicolóxicos variables (medo,
ledicia...)
-O amigo: variedade
de actitudes (distante, afastado pola guerra, frívolo...)
-Irmás e
amigas: confidentes (ou rivais)
-A nai:
interlocutor privilexiado. Censura ou aconsella. Desaproba as relacións.
-Os
personaxes masculinos quedan fóra. Non hai figura paterna.
1.7. A
natureza no discurso amoroso
-Papel
importante da natureza.Sitúan a cantiga nun espazo concreto. Ten diferentes funcións:
-Función
referencial: topónimos localizadores da acción (santuarios, mar, río...)
-Convértese
en personaxe a quen a amiga se dirixe (flores, piñeiros, abeleiras...)
-Función
simbólica:
-a auga asóciase
á fertilidade e á relación erótica
-o cervo simboliza
a sexualidade masculina
-a fonte representa
o encontro amoroso
-o mar ten diferentes
funcións (separación, confidente, paixón)
-o vento é
mensaxeiro
luns, 24 de outubro de 2016
O trobador eran elas
Boa parte da lírica medieval galego-portuguesa era tradición oral feminina, segundo Ria Lemaire
Os trobadores
non crearon as cantigas de amigo galego-portuguesas, só foron os seus
transmisores. Na realidade, estas composicións foron un labor colectivo
de mulleres no campo da literatura oral. Cando menos, así o defende Ria
Lemaire, especialista na relación entre literatura oral e escrita que
visitou o noso país o pasado outono. Segundo as súas ideas, estes textos
fundacionais das nosas letras farían parte do noso patrimonio
inmaterial.
Aínda
hoxe, a corrente maioritaria dos estudos de Literatura Medieval
consideran que as cantigas de amigo eran obra de trobadores homes que
adoptaban nestes temas papeis femininos. No entanto, hai correntes que
apostan por considerar que os personaxes aos que se lles atribúe a
autoría destas cancións unicamente as terían interpretado e non serían
os seus autores.
Ria Lemaire
Ria Lemaire é unha das máis
destacadas especialistas internacionais que avogan por esta teoría. A
investigadora, nada en Holanda, é profesora da Universidade de Poitiers,
Francia, onde dirixe o equipo do Centro de Estudos Latino-Americanos e o
Acervo Raymond Cantel de literatura de cordel brasileira. Especializada
en literatura medieval, coordina un programa dedicado aos estudos
comparados en tradicións orais e a súa relación co mundo da escrita. En
relación ao noso país, canda ás súas investigacións sobre a lírica
medieval, participou en Cores do Atlántico, un libro-CD editado
por Ponte
nas ondas! no que a brasileira Socorro Lira reinterpretaba
cantigas de amigo desde unha perspectiva actual coa colaboración de
artistas galegos como Uxía Senlle e que se editou en 2010. Lemaire
colabora desde hai anos con esta iniciativa, coa que está a elaborar un
novo volume do proxecto Cores do Atlántico. Desta volta será Uxía
quen versionará 16 cantigas na liña da tradición galega. Ponte
nas
ondas! convidouna o último outono a impartir no noso país dúas
conferencias para falar sobre a súa visión encol deste tema
luns, 17 de outubro de 2016
mércores, 5 de outubro de 2016
Regras de acentuación
SE tedes algunha dúbida respecto a estes exercicios de repaso que estamos a facer na aula, podedes acudir á seguinte ligazón. Alí está todo moi ben explicado:
Acentuación gráfica
luns, 3 de outubro de 2016
A crítica literaria
Unha crítica literaria é unha
opinión razoada sobre unha obra literaria: unha novela, un álbum ilustrado, un
poema…
O
seu propósito é deixar constancia de se merece a pena ler, ou non, o libro,
álbum ilustrado, obra teatral… que vas comentar.
Aspectos que hai que destacar
- Pódese comezar coa presentación do libro: novela, álbum ilustrado, cómic, teatro, poesía… e sinalar que tipo de temática se trata (social, misterio, terror, amor, humor….
- A continuación búscase expor de xeito preciso o conxunto de aspectos que se desexan destacar, o tema principal, personaxes destacados, estrutura ou calquera que sexa. Non deas demasiados detalles e nunca digas o final.
- Por último, emítese un breve xuízo persoal destacando os aspectos positivos ou negativos do mesmo. É neste momento cando podes incluír as reflexións persoais que creas oportunas, debido que ata este momento, a función do texto debe ser fundamentalmente informativa.
Aquí podes contar que che
transmitiu o libro, que significou para ti, que sentiches ao lelo ou a que
lectores llelo recomendas e por que…
.
♦ Que a crítica non che saia nin demasiado longa,
nin demasiado curta. Se ocupa máis de media páxina, talvez esteas dando moitos
detalles; e se son só un par de parágrafos, probablemente esteas contando
demasiado pouco.
♦ Revísaa! É
importante que estea ben construída e
redactada, que nos informe do libro sen destripar o argumento e que , ao lela,
nos dea a todos moitas ganas de lelo tamén, ou non.
domingo, 2 de outubro de 2016
Ao rematar a lectura...
Nesta avaliación na que estamos a facerlle unha homenaxe a Agustín Fernández Paz, podedes escoller un dos seguintes traballos ao rematar a lectura:
.- Booktrailer: un pequeno vídeo que promociona un libro.
Elementos dun booktrailer:
- Entrada de presentación e editorial
- Textos seleccionados do libro
- Imaxes
- Información sobre o autor
Características:
- Pouca duración
- Gran intensidade
- Funciona como un pequeno avance
- Trata de enganchar o público
- Proporciona información
.- Un álbum ilustrado. Converter o libro en álbum
.- Un cómic. Converter o libro en cómic
- Gran intensidade
- Funciona como un pequeno avance
- Trata de enganchar o público
- Proporciona información
.- Booktuber: precisamos unha webcam, un ordenador, e falar. É facer unha crítica do libro lido, compartindo a paixón libresca.
.- Un álbum ilustrado. Converter o libro en álbum
.- Un cómic. Converter o libro en cómic
xoves, 29 de setembro de 2016
Carta a un non lector/a de poesía
Topei esta carta que quizais vos axude a unha ollada diferente:
Vamos a hablar claro: esto de la poesía es un coñazo ¿verdad? No, no hay problema, tienes todo el derecho a pensarlo. Porque es cierto. La poesía (y la literatura en general, pero ahora quiero hablar de poesía porque de eso trata este blog) puede ser un coñazo, pero también puede ser maravillosa. Y eso sólo depende –como la mayor parte de las cosas- de cómo te la cuenten. De cómo te la vendan. Yo mismo, por ejemplo, no hace demasiado tiempo pensaba que la poesía era algo infumable. Aún hoy, que tengo ya 36, sigo pensando que hay mucha poesía que es una mierda. Pero hay otra que ha hecho que mi vida sea mejor. Y estoy escribiendo estas líneas para explicarte esto último, por si acaso a ti también pudiera sucederte.
Por lo general, en clase de Lengua y Literatura te explican los movimientos artísticos, la época en que nació el autor, sus obras principales… Y tú, que no eres tonto, te preguntas: “¿Y esto, a mí, para qué me sirve?”. Esa es la gran pregunta:
Quizás tu respuesta sea “para nada” o “para ligar” o “para aprobar
Lengua” o “ah ¿es que sirve para algo?”. Incluso podrías decirme que no tiene por qué
servir para nada. Y tendrías razón. Y, sin embargo, ya te digo que a mí
me ayudó y me ayuda mucho en la vida. ¿Por qué? Muy sencillo.
¿Alguna vez has tenido una experiencia realmente estupenda –una fiesta, un viaje, has conocido a alguien…- y, al contárselo a algún amigo que no estuviera allí, te faltaban las palabras exactas para explicarle por qué era tan estupenda y distinta a otras veces parecidas? ¿Unas palabras que no fueran “genial” “la hostia” o “ya ves, chaval”? Es muy posible también, aunque no quieras o no te atrevas a reconocerlo, que algunas veces te levantes triste sin saber por qué, o que ver a una persona determinada te dé mal rollo sin que sepas explicarlo, o que te sientas raro contigo mismo porque piensas que todos los que te rodean son imbéciles y no sabes qué haces con ellos (o, todo lo contrario, te parecen una gente alucinante mientras que tú sientes que no estás a su altura) y quizás te den ganas de llorar o de romper algo o de dar una hostia a las paredes cuando oyes a tus padres discutir en la cocina.
Claro que te has sentido así. Porque de esas y de otras muchas sensaciones está hecha tu vida y la de todos los que te rodeamos. Y para todas esas preguntas sin respuesta -y a otras muchas que tú y yo sabemos- tienes la poesía. Sí, no te quedes con esa cara.
Por supuesto que, cuando te sientes así, hay otras cosas. La play, por ejemplo. O un partido. O pasar un rato en tuenti o en facebook. O irte de fiesta con los colegas. O fumarte unos porros y echarte unas risas. Por supuesto que sí. Pero eso, seamos sinceros, no soluciona el problema. Sólo lo deja a un lado. Con cualquiera de esas cosas lo único que consigues es dejar de pensar en lo que te preocupa. Y eso es muy sano, ojo. Yo soy el primero que a veces necesita hacerlo, así que no lo critico. Lo que sucede es que, por mucho que te esfuerces, la realidad siempre vuelve cuando te quedas solo. Me apostaría cualquier cosa a que muchas noches, en la cama, te cuesta dormir porque no dejas de darle vueltas a la cabeza.
Lo que quiero que entiendas con esto es que, a partir de ahora, esas preocupaciones te van a acompañar toda la vida. Y cuando digo “toda la vida” quiero decir toda. Porque los seres humanos estamos hechos de esa pasta. De alegrías, ilusiones y sonrisas, sí, pero también de dudas, incertidumbres y temores. Así que deberías acostumbrarte a ello lo antes posible. Y, por supuesto, comenzar a buscar modos de enfrentarte a esas dudas, a esas incertidumbres, o, por lo menos, de comprenderlas. Es decir, de comprenderte. Porque hay veces en que el principal problema es que no sabemos qué es lo que nos pasa.
Lo que te quiero decir es que la poesía puede ayudarte a saberlo. Sí, sí. Sé que no ves qué relación puede haber entre eso que estudias en clase que se llama soneto y el que haya veces que te apetezca mandarlo todo a la mierda. Sobre todo porque es muy probable que lo que te apetezca mandar a la mierda sea precisamente el soneto, el complemento del verbo y todo eso que te enseñan en clase y que sigues sin saber para qué sirve.
La explicación es sencilla: como te he dicho antes, los seres humanos estamos hechos de esa pasta, y todos nos hemos sentido así. Y cuando digo todos quiero decir todos: tú, yo, tus amigos, tus profesores y tus padres, pero también Garcilaso y Cervantes y Lope de Vega y Bécquer y Machado y Lorca y Neruda y tantos y tantos otros. La diferencia está en que ellos, además de sus fiestas y sus porros (o lo que fuera que existiera en sus respectivas épocas), también se preocuparon de darle vueltas a la cabeza para dejar por escrito cómo se sentían, para así intentar entenderse ellos mismos y que les entendieran los demás. No te voy a negar que, hoy en día, algunas de las palabras que usaban se han quedado antiguas y parece difícil entenderles. Pero no olvides que sus textos hablan de amor, de soledad, de desesperación, de felicidad, de impotencia, de incertidumbre, de miedo al fracaso, de esperanza, de desilusiones… Y tú y yo sabemos que esos temas nos son familiares.
No quiero contarte la milonga de que la poesía puede salvar el mundo. Lo que te estoy contando es que ha habido ocasiones que la poesía ha salvado mi mundo. Gracias a algunos poemas maravillosos conseguí conocer mejor mis problemas, mis dudas, mis miedos, mis frustraciones… Es decir, conseguí conocerme para así poder llevarme mejor conmigo mismo. Quién sabe. Es posible que también te ayude a ti, igual que a veces (estoy seguro de esto) ha habido canciones que te han ayudado a seguir adelante. ¿Por qué no pruebas con la poesía? Al fin y al cabo, se tarda menos en leer un poema que en ver una película.
No sé si esta carta te hará cambiar de opinión. Lo más seguro es que tanto tú como yo volvamos al facebook o a la play para dejar de pensar en los problemas que tenemos. Tú intentarás no darle vueltas a tus cosas y yo haré lo mismo con las mías, e intentaremos olvidar que ahí fuera hay gente que pasa hambre y que no tiene trabajo porque en varias partes del mundo unos cabrones se forraron, se forran y se forrarán en vez de ir a la cárcel, como sería lo lógico si este mundo fuera lógico.
Sí. Lo más probable es que sea eso lo que suceda. Es verdad. Haremos lo posible por no pensar en esas cosas. Y entonces esos cabrones habrán ganado, porque a ellos no les interesa que pensemos. Ni tú, ni yo, ni nadie. Para ellos es mejor que sigamos comprando teles y ordenadores y móviles de última generación para estar entretenidos, porque ellos ganan dinero con nuestra tristeza. Para ellos es mejor que no le demos vueltas a las cosas, que no nos planteemos que a lo mejor las cosas no son como nos las cuentan. Para ellos, lo genial es que cuando nos digan “hay crisis, no hay dinero” nosotros sigamos a lo nuestro en vez de preguntarnos quién tiene el dinero que falta.
No, no pongas esa cara. No he cambiado de tema. Sigo hablando de lo mismo. De cómo la poesía puede ayudarnos a entender el mundo y a nosotros mismos. Fue Quevedo, un grandísimo poeta que nació hace más de cuatrocientos años, quien dijo que un pueblo idiota es la seguridad del tirano. No sé tú, pero a mí no me apetece nada ser parte del pueblo idiota. Pero me apetece aún menos que nuestras ganas de no pensar, de no leer, de no aprender, sean la seguridad del tirano.
Vamos a hablar claro: esto de la poesía es un coñazo ¿verdad? No, no hay problema, tienes todo el derecho a pensarlo. Porque es cierto. La poesía (y la literatura en general, pero ahora quiero hablar de poesía porque de eso trata este blog) puede ser un coñazo, pero también puede ser maravillosa. Y eso sólo depende –como la mayor parte de las cosas- de cómo te la cuenten. De cómo te la vendan. Yo mismo, por ejemplo, no hace demasiado tiempo pensaba que la poesía era algo infumable. Aún hoy, que tengo ya 36, sigo pensando que hay mucha poesía que es una mierda. Pero hay otra que ha hecho que mi vida sea mejor. Y estoy escribiendo estas líneas para explicarte esto último, por si acaso a ti también pudiera sucederte.
Por lo general, en clase de Lengua y Literatura te explican los movimientos artísticos, la época en que nació el autor, sus obras principales… Y tú, que no eres tonto, te preguntas: “¿Y esto, a mí, para qué me sirve?”. Esa es la gran pregunta:
¿Para qué sirve la poesía?
¿Alguna vez has tenido una experiencia realmente estupenda –una fiesta, un viaje, has conocido a alguien…- y, al contárselo a algún amigo que no estuviera allí, te faltaban las palabras exactas para explicarle por qué era tan estupenda y distinta a otras veces parecidas? ¿Unas palabras que no fueran “genial” “la hostia” o “ya ves, chaval”? Es muy posible también, aunque no quieras o no te atrevas a reconocerlo, que algunas veces te levantes triste sin saber por qué, o que ver a una persona determinada te dé mal rollo sin que sepas explicarlo, o que te sientas raro contigo mismo porque piensas que todos los que te rodean son imbéciles y no sabes qué haces con ellos (o, todo lo contrario, te parecen una gente alucinante mientras que tú sientes que no estás a su altura) y quizás te den ganas de llorar o de romper algo o de dar una hostia a las paredes cuando oyes a tus padres discutir en la cocina.
Claro que te has sentido así. Porque de esas y de otras muchas sensaciones está hecha tu vida y la de todos los que te rodeamos. Y para todas esas preguntas sin respuesta -y a otras muchas que tú y yo sabemos- tienes la poesía. Sí, no te quedes con esa cara.
Por supuesto que, cuando te sientes así, hay otras cosas. La play, por ejemplo. O un partido. O pasar un rato en tuenti o en facebook. O irte de fiesta con los colegas. O fumarte unos porros y echarte unas risas. Por supuesto que sí. Pero eso, seamos sinceros, no soluciona el problema. Sólo lo deja a un lado. Con cualquiera de esas cosas lo único que consigues es dejar de pensar en lo que te preocupa. Y eso es muy sano, ojo. Yo soy el primero que a veces necesita hacerlo, así que no lo critico. Lo que sucede es que, por mucho que te esfuerces, la realidad siempre vuelve cuando te quedas solo. Me apostaría cualquier cosa a que muchas noches, en la cama, te cuesta dormir porque no dejas de darle vueltas a la cabeza.
Lo que quiero que entiendas con esto es que, a partir de ahora, esas preocupaciones te van a acompañar toda la vida. Y cuando digo “toda la vida” quiero decir toda. Porque los seres humanos estamos hechos de esa pasta. De alegrías, ilusiones y sonrisas, sí, pero también de dudas, incertidumbres y temores. Así que deberías acostumbrarte a ello lo antes posible. Y, por supuesto, comenzar a buscar modos de enfrentarte a esas dudas, a esas incertidumbres, o, por lo menos, de comprenderlas. Es decir, de comprenderte. Porque hay veces en que el principal problema es que no sabemos qué es lo que nos pasa.
Lo que te quiero decir es que la poesía puede ayudarte a saberlo. Sí, sí. Sé que no ves qué relación puede haber entre eso que estudias en clase que se llama soneto y el que haya veces que te apetezca mandarlo todo a la mierda. Sobre todo porque es muy probable que lo que te apetezca mandar a la mierda sea precisamente el soneto, el complemento del verbo y todo eso que te enseñan en clase y que sigues sin saber para qué sirve.
La explicación es sencilla: como te he dicho antes, los seres humanos estamos hechos de esa pasta, y todos nos hemos sentido así. Y cuando digo todos quiero decir todos: tú, yo, tus amigos, tus profesores y tus padres, pero también Garcilaso y Cervantes y Lope de Vega y Bécquer y Machado y Lorca y Neruda y tantos y tantos otros. La diferencia está en que ellos, además de sus fiestas y sus porros (o lo que fuera que existiera en sus respectivas épocas), también se preocuparon de darle vueltas a la cabeza para dejar por escrito cómo se sentían, para así intentar entenderse ellos mismos y que les entendieran los demás. No te voy a negar que, hoy en día, algunas de las palabras que usaban se han quedado antiguas y parece difícil entenderles. Pero no olvides que sus textos hablan de amor, de soledad, de desesperación, de felicidad, de impotencia, de incertidumbre, de miedo al fracaso, de esperanza, de desilusiones… Y tú y yo sabemos que esos temas nos son familiares.
No quiero contarte la milonga de que la poesía puede salvar el mundo. Lo que te estoy contando es que ha habido ocasiones que la poesía ha salvado mi mundo. Gracias a algunos poemas maravillosos conseguí conocer mejor mis problemas, mis dudas, mis miedos, mis frustraciones… Es decir, conseguí conocerme para así poder llevarme mejor conmigo mismo. Quién sabe. Es posible que también te ayude a ti, igual que a veces (estoy seguro de esto) ha habido canciones que te han ayudado a seguir adelante. ¿Por qué no pruebas con la poesía? Al fin y al cabo, se tarda menos en leer un poema que en ver una película.
No sé si esta carta te hará cambiar de opinión. Lo más seguro es que tanto tú como yo volvamos al facebook o a la play para dejar de pensar en los problemas que tenemos. Tú intentarás no darle vueltas a tus cosas y yo haré lo mismo con las mías, e intentaremos olvidar que ahí fuera hay gente que pasa hambre y que no tiene trabajo porque en varias partes del mundo unos cabrones se forraron, se forran y se forrarán en vez de ir a la cárcel, como sería lo lógico si este mundo fuera lógico.
Sí. Lo más probable es que sea eso lo que suceda. Es verdad. Haremos lo posible por no pensar en esas cosas. Y entonces esos cabrones habrán ganado, porque a ellos no les interesa que pensemos. Ni tú, ni yo, ni nadie. Para ellos es mejor que sigamos comprando teles y ordenadores y móviles de última generación para estar entretenidos, porque ellos ganan dinero con nuestra tristeza. Para ellos es mejor que no le demos vueltas a las cosas, que no nos planteemos que a lo mejor las cosas no son como nos las cuentan. Para ellos, lo genial es que cuando nos digan “hay crisis, no hay dinero” nosotros sigamos a lo nuestro en vez de preguntarnos quién tiene el dinero que falta.
No, no pongas esa cara. No he cambiado de tema. Sigo hablando de lo mismo. De cómo la poesía puede ayudarnos a entender el mundo y a nosotros mismos. Fue Quevedo, un grandísimo poeta que nació hace más de cuatrocientos años, quien dijo que un pueblo idiota es la seguridad del tirano. No sé tú, pero a mí no me apetece nada ser parte del pueblo idiota. Pero me apetece aún menos que nuestras ganas de no pensar, de no leer, de no aprender, sean la seguridad del tirano.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


