Verbos con alternancia vocálica no lexema. a) Verbos que trocan o e en i en formas dos presentes e no imperativo : advertir, divertir, referir, repetir, espir, dixerir, suxerir, medir, pedir ... mido, mides, mide, medimos, medides, miden(presente de indicativo) mida, midas, mida, midamos, midades, midan (presente de subxuntivo) mide, medide (imperativo) b) Verbos que presentan e (semiaberto en posición tónica) ou i nos presentes e no imperativo : ferir, seguir, sentir, servir, mentir e derivados: perseguir, consentir, desmentir, etc.
firo, feres, fere, ferimos, ferides, feren (presente de indicativo)
c) Verbos con alternancia u / o no presente de indicativo: acudir, bulir (derivs.), cubrir (comp.), cumprir (= precisar), cuspir, durmir, engulir, fundir (=render) fuxir, lucir (derivs.), muxir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir (derivs.), xunguir, tusir, ulir, xurdirfira, firas, fira, firamos, firades, firan (presente de subxuntivo) fire, feride (imperativo) acudo, acodes, acode, acudimos, acudides, acoden (presente de indicativo) acuda, acudas, acuda, acudamos, acudades, acudan (presente de subxuntivo) acude, acudide (imperativo) d) Verbos en -er que teñen -e- ou Y como últimas vogais do lexema. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente de indicativo presentan a vogal semiaberta:
bebo, bebes, bebe, bebemos, bebedes, beben
como, comes, come, comemos, comedes, comen |
ler, crer, rir (reler, sorrir ...):
leo, les, le, lemos, ledes, len, (presente de indicativo)
lea, lía, lerei, lería, lin, lera ... (outros) |
caer, doer, moer, roer, oír, saír, derivados de traer... intercalan i nalgunhas formas:
caio, caes, cae, caemos, caedes, caen (presente de indicativo)
caia, caias, caia, caiamos, caiades, caias (presente de subxuntivo) cae, caede (imperativo) caía, caías, caía, caïamos, caïades, caían (copretérito)
saio, saes, sae, saímos, saídes, saen (presente de indicativo)
saia, saias, saia, saiamos, saiades, saian (presente de subxuntivo) sae, saíde (imperativo) saía, saías, saía, saïamos, saïades, saían (copretérito) |
Verbos con alternancia vocálica (mudan unha vogal da raíz)
1. Verbos da CII que levan o ou e como última vogal da raíz: abren o timbre da vogal soamente nas p2, p3, p6 do presente de indicativo:/ɛ/ bebo, bebes, bebe, bebemos, bebedes, beben
/ɔ/ como, comes, come, comemos, comedes, comen
Pero non no imperativo, que leva vogal pechada: come, comede; bebe, bebede. Reparade na diferente pronuncia: non come nada, fronte a come dunha vez!
Non o fan así, pois presentan sempre:
-timbre aberto: querer, quecer, esquecer; poder
-timbre pechado: deber, crer, ler, sobreser (e derivados)
e os rematados en –cer (parecer…)
2. Mudan /u/ por /ɔ/ algúns verbos da CIII que teñen u como última vogal do lexema (tamén só nas p2, p3 e p6 do presente de indicativo): Son os verbos tipo subir, tusir:
subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben;
tuso, toses, tose, tusimos, tudides, tosen.
Tampouco no imperativo: o rapaz tose moito / rapaz, tuse tres veces!
Seguen este modelo, xunto cos derivados::
acudir; bulir: rebulir; cubrir: descubrir encubrir recubrir; cumprir*; cuspir (*escupir); durmir; engulir (“tragar”); |
fundir*; fuxir; lucir: deslucir relucir…; mulir*; muxir; pulir; ruxir; sacudir; subir; |
sufrir; sumir: consumir ensumir; tusir (*toser); ulir; urdir; xunguir xurdir |
cumprir: só o verbo defectivo que significa “ser preciso, ser mester”: cómpre máis auga. Non cumprir cos restantes significados: a filla cumpre quince anos, non cumpren as normas.
fundir co significado de “render”: este xabón non fonde nada. Non fundir co significado de “licuar, dar forma”: o sol funde o xeo, mañá funden a escultura.
mulir: “abrandar, amolecer”, “botar mulime ou batume”.
3. Os verbos da CIII tipo pedir mudan o e da raíz por i nalgunas persoas e tempos:
- presente indicativo (p1,2,3,6): pido, pides, pide, pedimos, pedides, piden.
- presente de subxuntivo (todo): pida, pidas…
- imperativo (p2): pide pedide.
adherir; advertir divertir; agredir transgredir; conferir diferir inferir preferir |
referir transferir; competir repetir; concernir discernir; espelir; espir (*desnudar); dixerir |
inxerir suxerir; inserir (“introducir”); medir; pedir (e derivados) reflectir (*reflexar); vestir investir revestir |
4. Cinco verbos da CIII, xunto cos seus derivados, presentan tripla alternancia:
servir ferir malferir mentir |
desmentir sentir asentir consentir |
resentir seguir conseguir perseguir |
proseguir |
- /ɛ/nas p2, p3, p6 do presente de indicativo: sirvo, serves, serve, servimos, servides, serven;
- /i/ na p1 do presente de indicativo: sirvo
en todo o presente de subxuntivo: sirva, sirvas…, sirvamos…
na p2 do imperativo: sirve, servide
Ningún comentario:
Publicar un comentario