venres, 17 de abril de 2020
martes, 31 de marzo de 2020
Redactamos
Agora que xa rematou a segunda avaliación, e para non perder o ritmo, propóñovos escribir. O tema no podía ser outro, a estas alturas e con todo o que está pasando. A próxima semana estamos de vacacións, así que tedes que mandarme este traballiño antes do día 5, coma sempre, ás 12 da noite. Xa sabedes, ao meu correo.
Se estades moi cansos e cansas , podedes mandalo durante a Semana Santa. Esta data de entrega é máis flexible. Mentres tanto, a ver se sabemos que vai pasar coa 3ª avaliación. Moito ánimo!!!
Se estades moi cansos e cansas , podedes mandalo durante a Semana Santa. Esta data de entrega é máis flexible. Mentres tanto, a ver se sabemos que vai pasar coa 3ª avaliación. Moito ánimo!!!
Coidadiño coa ortografía (agora xa sabedes moito máis... porque fixestes os exercicios de repaso)!!!
O tema que vos suxiro é moi un acaído para estes días:
O MUNDO DESPOIS DO CORONAVIRUS
luns, 23 de marzo de 2020
Quíxente tanto, meniña
Déixovos aquí un comentario de mostra para que saibades como realizar os comentarios dos poemas de Rosalía que vos vou ir pedindo pouco a pouco. Prestade atención á estrutura do mesmo.
Un pouco máis abaixo, no blogue, tendes as instrucións, ou premendo aquí.
Un pouco máis abaixo, no blogue, tendes as instrucións, ou premendo aquí.
Quíxente tanto, meniña
1 «Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón».
9 Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.
17 Dempois que si me dixeches,
en proba de teu amor
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais a pasar polo río,
¡o caravel afondou!...
Tan bo camiño ti leves
26 como o caravel levou.
tívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón».
9 Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.
17 Dempois que si me dixeches,
en proba de teu amor
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais a pasar polo río,
¡o caravel afondou!...
Tan bo camiño ti leves
26 como o caravel levou.
O tema é o desamor (ou o amor non correspondido).
Subtemas: a traizón; a vinganza.
O argumento é sinxelo, como sinxela é a forma: o narrador rememora
unha declaración pasada, a aceptación e posterior traizón e o seu
actual desexo de vinganza; O poema está posto en boca do mozo, quen vai relatando as súas propias penas. Este mozo comunícase cunha 2ª persoa que non se corresponde co
destinatario do poema (o lector ou lectora), senón que se trata dun
destinatario interno, é dicir, esa moza que foi a meniña dos seus ollos.
O desamor exprésase en contacto cunha natureza apacible e delicada, a pesar do sentimento tan forte e desespardo non presenta características tráxicas.
O punto de vista masculino obedece ao desexo de ofrecer diferentes perspectivas da realidade, por iso no libro hai homes e mulleres falando de feitos similares, ofrecendo a súa versión masculina ou feminina da realidade. Ante a traizón amorosa, a dor no home convértese en violencia e rancor.

Estrutura
Ten dúas partes: a primeira parte vai dende o primeiro verso ata o verso dezaseis, ambos incluídos, cando fala do amor que sentía pola rapaza; aínda que dentro desta primeira pardte hai unha subdivisión clara: 1-8/9-l6, indicada mesmo polas comiñas que ten o texto. A segunda parte tamén o podemos subdividir, xa que os dous últimos versos expresan un desexo de vinganza que non existía no resto do poema.

Todo dito
cunha grande musicalidade fónica que lle vén dada polo predominio de
consoantes sonoras e abundancia de nasais.
PRIMEIRA PARTE DO POEMA
Comeza a composición "in media res", no medio da acción, e a
localización desa situación só nos será dada na segunda subparte.
Os oito primeiros versos van entre aspas, fannos pensar logo que son
unhas palabras textuais que o protagonista pronunciou, pero máis
adiante comprobaremos que non é exactamente así, e poderemos ver a
sutil elaboración de Rosalía, que deste xeito nos dá xa pistas desde a
primeira palabra sobre cal vai ser o desenlace do poema.
Versos 1- 8: Os dous primeiros versos son como un resumo de toda a primeira subparte: expoñen directamente o grande amor do protagonista. En toda esta parte os verbos están en pasado, o que nos indica que hai un berro desesperadamente intenso do sentimento. Nesta primeira subparte non hai acción, case non hai verbos e aquí atópase a maior parte da adxectivación do poema. Os versos acumulan comparacións cos elementos da natureza pola idealización da amada: comeza identificándoa -mediante unha gradación ascendente- coa
luz (gradación que pode querer plasmar o progresivo aumento do amor:
desde a pálida lúa ata o sol, fonte de calor e vida); a esa gradación
hai que lle engadir primeiro a ausencia de adxectivos e logo a
construción paralelística, intensificativa de adxectivo + substantivo (“branca aurora e claro sol”),
con esa anteposición subxectiva que expresa os seus sentimentos: a
brancura, a claridade, os símbolos de pureza da moza, que era o máis
perfecto que el nunca vira.No sexto verso compárra coa flor máis fermosa por excelencia, pero ademais non dun xardín calquera, senón co de Dios
(e aquí aparece xa explícito o elemento sobrenatural do que antes
falábamos), continuando coa ansia intensificadora por medio desa dobre
construción substantivo + de + substantivo + de + substantivo (“rosa do xardín de Dios”). Acaba a descrición nos dous últimos versos desta subparte (versos 7 - 8) con dous versos paralelísticos, que ademais son totalmente
sinónimos e non engaden nada novo. A autora consegue a abstracción dos sentimentos mediante cousas concretas,
naturais e populares, e non mediante
conceptos abstractos de difícil comprensión.
Versos 8- 16: Esta segunda subparte contitúe un momento anterior ao xa narrado na primeia subparte. O verso 8 aclara que os oito primeiro versos foron a declaración amorosa del; pero esta declaración non podía estar en pasado, tal como a lemos. Así pois, non son palabras textuais, polo que estamos ante unah superposición de planos temporais (cambia o presente
lóxico por un pasado narrativamente ilóxico) para que o lector non se
engane, xa desde o primeiro verso: non vai ler un amor pleno,
realizado, senón algo frustrado, xa acabado no tempo.
A situación dos dous protagonistas está tamén maxistralmente plasmada:
- a del mediante dous versos paralelísticos e anafóricos, que
intensifican o seu estado, recalcado ademais pola contradición
semántica: como contraditorio é o seu ánimo ante a dúbida do resultado.
- a dela mediante 4 versos nos que practicamente por primeira vez fai
a súa aparición o encabalgamento, suave, como se o home tivese présa
por coñecer a súa resposta. A súa actitude é presentada xa como
contraposta á del: non hai coordinación, senón “mentres que”, e
ademais ela está depenicando unha flor (símbolo popular de indecisión)
o que ao mesmo tempo lle serve de ocultación, e aparece a primeira
palabra negativa e clave de todo o texto: TRAICIÓS (se ben antes aparecían palabras que poderíamos considerar negativas -“angustia”, “oprimido”-,
estas estaban relacionadas cunha situación concreta e contraditoria,
que encerra en si mesma o positivo e o negativo e non en relación
directa co tema) non percibida naquel momento polo mozo.
SEGUNDA PARTE DO POEMA
A segunda parte, aínda que enlazando coa anterior, supón unha ruptura, pois aí estarán os sentimentos do presente e non só as lembranzas do pasado.
Comeza coa resposta da moza, ese ansiado si sabiamente realzado polo hipérbato e a prenda de amor regalada, ese caraveliño, ese símbolo tenramente engrandecido polo diminutivo cariñoso, que é o máis prezado para o home.
Pero o sentimento actual, a realidade, xorde bruscamente, entre
exclamacións que non se poden conter, rompendo a delicia do pasado.
Nela, o caraveliño perde o seu diminutivo e adquire unha dobre
adxectivación (único caso en todo o texto) totalmente negativa: un
paradoxal caravel negro e maldito. E só despois deste exabrupto
pode explicar o que pasou (que o lector aínda descoñece): o tempo, que
todo o leva, tamén levou o amor: a felicidade, o idilio, durou pouco,
como xa presaxiaba o depenicar inconsciente da moza e os reflexos de
traizón. E acaba o poema con eses puntos suspensivos, ferintes e
tristes que seguen levando o caravel cada vez máis lonxe.
Os dous últimos versos son a maldición popular, o desexo vingativo do mozo ferido e traizoado.
Valoración
Estamos ante un poema
costumista característico de Rosalía, no que partindo de elementos
populares e sinxelos (o dito, os recursos, as figuras, os símbolos...)
crea unha composición lírico-narrativa (conta unha situación, mais
predomina o sentimento) estilisticamente elaborada (a interferencia
temporal, o xogo co caravel...), dunha grande beleza e forte
musicalidade.
Localización
É un romance de Rosalía de Castro, da súa primeira obra en galego "Cantares Gallegos".
De acordo co contido deste libro, é unha composición sinxela, de resonancias populares, tanto pola métrica como polos recursos empregados, mais non exenta de elaboración poética. Responde tamén ao método de composición de todo o libro, ao figurar ao final dous versos populares, perfectamente integrados no texto, nos que se baseou a autora.
venres, 20 de marzo de 2020
Booktuber
Ola! Estou recibindo algúns Booktuber. Mirade primeiro as instrucións. Lembrade que se grava en horizontal, non en vertical. E que o traballo é un comentario do libro, a vosa impresión; non se trata, pois, de facer un resumo só (este debe ser curto), senón a vosa proposta literaria, ou sexa, convidar a unha lectura.
Hai persoas que non me permiten colgar o booktuber no blogue da biblioteca. Outras si, e podedes velos xa (aqueles que pagan a pena):
https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/
Para crear reseñas, debes nomear o seguinte:
- Título do libro
- Autor/a
- Ilustrador/a
- Breve resumo
- O que máis che gustou
- Por que o recomendas?
https://trafegandoronseis5.blogspot.com/2018/01/unha-das-tarefas-desta-segunda.html
Repasar a Gramática e a Ortografía
Estes días, xa que non podemos adiantar materia, aproveitade para repasar todo o visto, que ben nos cómpre!
Nesta páxina tedes todo tipo de exercicios con autocorrección. Non fagades trampas porque non vén a nada.
ESTES EXERCICIOS SON PARA FACER POLA VOSA CONTA, NON TEDES QUE MOS MANDAR!!!
Repasade a Ortografía:https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm#0
E todo o que levamos dado de Gramática:
. O substantivo e adxectivo:
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm
http://aprendogalego.com/apgal_fin/2-Substfin/o_substantivo_definicin_e_clasificacin.html
https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_substantivo/O_x%C3%A9nero
https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/substantivo/X%C3%A9nero
http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_sub_01.html?orix=mor&tema=mor_sub_01.html
http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_adx_01.html?orix=mor&tema=mor_adx_01.html
. O artigo:
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/artigo.htm
. O demostrativo:
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/demostrativo.htm
. O posesivo:
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/posesivo.htm
. O indefinido:
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/indefinido.htm
. O numeral:
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/numeral.htm
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1411726747/contido/mor/mor_det_03.html?orix=mor&tema=mor_det_03.html
. O pronome persoal:
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm#0
http://aulasgalegas.org/colocamos-os-pronomes/
http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud4_01.html?orix=mor&tema=mor_ud4_01.html
http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/o_pronome_persoal_tono.html
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda/system/files/u10/o_pronome_persoal.pdf
https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/persoal/Colocaci%C3%B3n
https://ancoralengua.wordpress.com/category/lingua-galega-2/pronomes-atonos-e-tonicos/
https://padlet.com/xuliovaz/fdzukerlbsfj
http://www.iespugaramon.com/ies-puga-ramon/resources/pronomes1295393426287.pdf
https://galegoenzadar.files.wordpress.com/2015/05/erros_pronomes.pdf
venres, 13 de marzo de 2020
Mulleres que fixeron Historia... escribindo
Como non sabemos moi ben que vai pasar, de momento teredes que facer o traballo das mulleres por escrito. Por tanto, xa non tedes que facer exposición oral deste tema. A oralidade avaliarase por medio do Booktuber.
Vouvos poñer que mulleres tedes escollidas para que vaiades buscando outras e mo vaiades indicando. Irei completando esta listaxe a medida que mas vaidades dicindo. Estade atentxs ao blogue, por tanto.
Podedes facer o traballo tal como vos ensinou a profesora de Historia, Sheila, na plataforma do Clasroom. Se vedes que se cambia a ficha, mandade mensaxe no propio Clasroom para recompoñela de novo. Por favor, estade alertas para facelo axeitadamente.
O prazo remata o día 29 deste mes.
OLLO: O QUE ESTADES A FACER MAL: NON CONSTATADES A SÚA OBRA ESCRITA, QUE É MOI IMPORTANTE
3º ESO A:
3º ESO B:
O prazo remata o día 29 deste mes.
OLLO: O QUE ESTADES A FACER MAL: NON CONSTATADES A SÚA OBRA ESCRITA, QUE É MOI IMPORTANTE
3º ESO A:
1. Caramés Otero, Paula : CHUS PATO | ||||||
2. Conde Quiroz, Alejandra : MARGARITA LEDO | ||||||
3. Couto González, Nuria : ROSALÍA DE CASTRO | ||||||
4. Ferradás Sánchez, Claudia : ROCÍO LEIRA CASTRO | ||||||
5. Gutiérrez García, Iván : MARÍA REIMÓNDEZ | ||||||
6. Gutiérrez Penido, Samuel | ||||||
7. Hermida Lamas, Nerea : OLGA NOVO | ||||||
8. Lameiro Cortés, Lúa : LUÍSA VILLALTA | ||||||
9. Lameiro Insua, Marcos José | ||||||
10. López Pereira, Abel : MARINA MAYORAL | ||||||
11. López Santiso, Raquel : CHUS NOGUEIRA | ||||||
12. Lorenzo Pérez, Efrén : ANTÍA OTERO | ||||||
13. Loureiro Taboada, Marco : XOANA TORRES | ||||||
14. Mato Rodríguez, Uxía : NICOLASA AÑÓN PAZ | ||||||
15. Miguélez Pérez, Pablo | ||||||
16. Montoto González, Ademar : MARÍA DO CEBREIRO | ||||||
17. Pájaro Romero, Paula : IOLANDA ZÚÑIGA | ||||||
18. Prado Areán, Nina : YOLANDA CASTAÑO | ||||||
19. Remeseiro Rodríguez, David | ||||||
20. Roqueiro Galego, Roberto | ||||||
21. Taboada Caldevilla, Aarón | ||||||
22. Vázquez Rodríguez, Abel : LEDICIA COSTAS |
3º ESO B:
1. Areán López, Joritz : LUISA VILLALTA | ||||||
2. Barros Jeremías, Lucía : Mª XOSÉ QUEIZÁN | ||||||
3. Cagide Meijome, María : FRANCISCA HERRERA | ||||||
4. Fernández Cuiña, Nuria | ||||||
5. Fernández Lalín, Gabriel | ||||||
6. Froján González, Marcos : PURA VÁZQUEZ | ||||||
7. Lamas Civeira, Arón : MARÍA DOLORES DEL RÍO | ||||||
8. Lamazares Fernández, Nuria : MARÍA MARIÑO | ||||||
9. Mein García, Claudia : FINA CASALDERREY | ||||||
10. Méndez Vilas, Diego | ||||||
11. Novoa Fernández, Santiago : BEGOÑA CAAMAÑO | ||||||
12. Peiteado Carrón, Paula : JOSEFA IGLESIAS VILERELLE | ||||||
13. Pérez García, Uxía | ||||||
14. Portela Suárez, Lara : MARÍA VICTORIA MORENO | ||||||
15. Rivero Montoto, Nuno : MARTA DACOSTA | ||||||
16. Rodriguez Abelleira, Pablo : SILVIA PENAS | ||||||
17. Rodríguez González, Olivia : INMA LÓPEZ SILVA | ||||||
18. Rodríguez Jiménez, Antía : SOFÍA CASANOVA | ||||||
19. Silva Lage, Alex : ANISIA MIRANDA | ||||||
20. Taboada García, Lorena | ||||||
21. Taboada García, Miguel : FILOMENA DATO | ||||||
22. Vázquez Castro, Jorge | ||||||
23. Vázquez Lorenzo, María : LUZ POZO GARZA |
mércores, 11 de marzo de 2020
Como facer un comentario
QUE É COMENTAR UN TEXTO?
Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor e argumentar cos recursos significativos do texto esa idea escollida.
Identificar o/a autor/a con respecto a un texto polo seu estilo e temática.
CALES SON AS PARTES DUN COMENTARIO?
1-Lectura e información (se é preciso consultar palabras no dicionario)
2-Interpretación ou núcleo (o máis importante do comentario, mellor seguir esta orde):
a) Asunto ou resumo, tema central e punto de vista (lírico ou narrativo)
b) Estrutura (partes, relacións e elementos que as vertebran. Na narrativa: personaxes, espazo, tempo e discurso)
c) Linguaxe (por niveis: o semántico: o ton/ contido, o morfosintáctico: o ritmo/ forma e, no caso de ser poesía, o fónico: rima/sonoro)
3-Valoración (Reunir todos os argumentos e conclusións).
4-Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario do texto a comentar)
É importante:
Identificar cal é o tema central dun texto
- Os recursos máis significativos que na primeira lectura nos chaman á atención, axúdannos
DEBEDES FACER OS COMENTARIOS DOS POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO QUE TRAE O VOSO LIBRO DE TEXTO NAS PÁXINAS 212 - 213. PODEDES MANDARMOS POR CORREO ELECTRÓNICO PARA CORRIXILOS.

IMPORTANTE: MANDAR O PRIMEIRO E AGARDAR A QUE VOLO MANDE CORRIXIDO ANTES DE FACER O SEGUNDO, PARA CORRIXIR OS POSIBLES FALLOS QUE POIDADES COMETER.
NON TEÑADES PRÉSA EN FACELOS, É MELLOR POUCO E BEN QUE MOITOS E MAL.
martes, 10 de marzo de 2020
luns, 9 de marzo de 2020
domingo, 16 de febreiro de 2020
O pronome persoal: exercicios
Para practicar:
http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud4_01.html?orix=mor&tema=mor_ud4_01.html
http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/o_pronome_persoal_tono.html
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda/system/files/u10/o_pronome_persoal.pdf
https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/persoal/Colocaci%C3%B3n
https://ancoralengua.wordpress.com/category/lingua-galega-2/pronomes-atonos-e-tonicos/
https://padlet.com/xuliovaz/fdzukerlbsfj
http://www.iespugaramon.com/ies-puga-ramon/resources/pronomes1295393426287.pdf
https://galegoenzadar.files.wordpress.com/2015/05/erros_pronomes.pdf
http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ud4_01.html?orix=mor&tema=mor_ud4_01.html
http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/o_pronome_persoal_tono.html
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda/system/files/u10/o_pronome_persoal.pdf
https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/persoal/Colocaci%C3%B3n
https://ancoralengua.wordpress.com/category/lingua-galega-2/pronomes-atonos-e-tonicos/
https://padlet.com/xuliovaz/fdzukerlbsfj
http://www.iespugaramon.com/ies-puga-ramon/resources/pronomes1295393426287.pdf
https://galegoenzadar.files.wordpress.com/2015/05/erros_pronomes.pdf
sábado, 15 de febreiro de 2020
Colocación do pronome átono
LEMBRADE:
Tan honrado che é Xan coma Pericán.
Compórtanse
de xeito semellante aos indefinidos:
A
maioría nunca esixen proclise (De súpeto
achegouse a nós).
Algúns fano por razóns de énfase (Si o teño/Si, téñoo; Mal te vexo/ véxote mal).
Outros dependen do significado: logo e agora provocan proclise cando significan “axiña”, pero non con outros significados (Agora vos atendo/ agora chámanos por orde).
En definitiva, adverbios como acaso, aínda, xa, axiña, mesmo, sempre, nunca, tamén, case, ata, disque, eis, seica, velaí, só, ben, cedo, tarde, mal, moito, talvez, quizais…poden esixir a anteposición do pronome cando, precedendo ao verbo, están en posición enfática e non admiten pausa antes do verbo: Aínda te lembro/ Aínda me parecen poucas suspensas.
Mesmo se pode intercalar entre o infinitivo e a preposición/conxunción
que o rexe (se é o caso):
Teño que dicircho/ téñocho que dicir/ teño que cho dicir.
1º:
O pronome átono non se debe confundir co pronome tónico.
Vós sabedes que non
vos esquezo.
A nós non che nos deu
nada
2º: O pronome átono NUNCA pode iniciar frase.
Chameite por
teléfono, pero saltou o contestador.
Quedáronme dous xurelos
sen vender.
Se na frase hai
unha pausa (con coma na escrita ou pausa oral) o pronome debe ir despois do
verbo, pois non debe comezar o enunciado: Axiña,
ponte a traballar.
3º:
A súa colocación normal é DESPOIS do verbo.
Iguais a eses hainos en calquera sitio.
Xoán chamoute ao móbil varias vaces.Excepcións
-- O pronome átono vai DAINTE do verbo nos seguintes casos:
1. Nas
oracións subordinadas: Dille que me chame.
2. Nas
oracións interrogativas e exclamativas: ¿Canto
che custou?
3. Nas
oracións desiderativas: oxalá me chamen
para esa película.
4. Nas
oracións negativas: Non te coñezo.
5. Cando o
verbo vai precedido de certos adverbios: acaso,
aínda, xa, axiña, mesmo, sempre, nunca, tamén…
e cando o verbo vai precedido por algúns indefinidos: algo, alguén, ninguén, ambos, bastante,
calquera, todo, nada.
6. Cando comeza o enunciado un elemento do predicado que habitualmente vai detrás do verbo, para focalizar a atención sobre el: Ganas me deron de marchar de
alí.
Acabamos de dicir que algúns
adverbios e indefinidos esixen a anteposición do pronome. Máis doado que
memorizar cales son os que esixen a proclise do pronome (é dicir, que vai
diante do verbo) podes facer o seguinte razoamento: estas clases de palabras
adoitan figurar no predicado despois do verbo; daquela, os enunciados nos que os
adverbios ou os indefinidos van diante do verbo son enunciados enfáticos,
polo que o pronome debe ir diante do verbo.
Mais, vaiamos por partes.
Esixen proclise os seguintes indefinidos:
-
Ninguén, nada e ningún (xa por seren negativos): Ninguén me axudou.
-
Algo, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos,
mesmo e todo. (Alguén nos avisará).
-
O problema está en
que algúns indefinidos, como os da serie seguinte: algún, outro, un, os
máis, os demais, moito, moi, pouco, tal, tanto, tan, máis, menos e demasiado, unhas
veces esixen proclise, outras non e outras depende do contexto. Poñamos de novo
un pouco de lóxica e será doado distiguir cando debe haber proclise ou
enclise. Observa estas oracións:
Algún día hasme dar a razón/ Algún che
gustará, non é?
Observa que a primeira permite unha pequena pausa entre a
frase que contén o indefinido (algún día)
e o verbo, polo que -como na norma xeral- o pronome vai despois do verbo. Mais
a segunda non permite esa pausa e conleva unha entoación enfática, polo que
esixe a proclise.
Tamén son deste tipo:
Tanto che me ten/
Demasiado o sabía ela / Tan honrado che é Xan coma Pericán.
Os adverbios
Compórtanse
de xeito semellante aos indefinidos:
Algúns fano por razóns de énfase (Si o teño/Si, téñoo; Mal te vexo/ véxote mal).
Outros dependen do significado: logo e agora provocan proclise cando significan “axiña”, pero non con outros significados (Agora vos atendo/ agora chámanos por orde).
En definitiva, adverbios como acaso, aínda, xa, axiña, mesmo, sempre, nunca, tamén, case, ata, disque, eis, seica, velaí, só, ben, cedo, tarde, mal, moito, talvez, quizais…poden esixir a anteposición do pronome cando, precedendo ao verbo, están en posición enfática e non admiten pausa antes do verbo: Aínda te lembro/ Aínda me parecen poucas suspensas.
Colocación cos infinitivos
Se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome
vai despois: Fora mellor contarllo antes.
Nos outros casos o pronome pode ir antes ou despois:
É unha tolemia
non llo dicir/ É unha tolemia non dicirllo.
Teño que dicircho/ téñocho que dicir/ teño que cho dicir.
ORDE DOS PRONOMES:
A orde de colocación dos pronomes é a seguinte:
Primeiro vai o pronome se, logo o pronome de solidariedade, despois o complemento indirecto e por último o complemento directo.http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/colocacin_do_pronome_tono.html
xoves, 13 de febreiro de 2020
O pronome persoal átono
Formas de Complemento Directo
Singular
|
Plural
|
||||
1ª pers
|
2ª pers
|
3ª pers
|
1ª pers
|
2ª pers
|
3ª persoa
|
me
|
te
|
o/lo/no
a/la/na
|
nos
|
vos
|
os/los/nos
as/las/nas
|
Alomorfos da 3ª persoa:
-
no/na/nos/nas úsanse despois dun verbo rematado en
ditongo (Merqueino barato. Chamouno a
nai).
-
lo/la/los/las úsanse tras verbo rematado en –r ou –s,
tras os pronomes átonos "nos", "vos" e "lles" e tralo adverbio interrogativo –u (¿Ulo?).
-
o/a/os/as empréganse no resto dos casos.
Singular
|
Plural
|
||||
1ª pers
|
2ª pers
|
3ª pers
|
1ª pers
|
2ª pers
|
3ª persoa
|
me
|
che
|
lle
|
nos
|
vos
|
lles
|
-
Te, pronome
de 2ª persoa de CD: onte vinte na rúa.
-
Che,
pronome de 2ª persoa de CI: tróuxenche
un agasallo.
-
Lle ,
pronome de 3ª persoa singular de CI (a el ou a ela): deille un bo consello.
-
Lles,
pronome de 3ª persoa plural e CI (a eles ou a elas): deilles un bo consello.Formas reflexivas
Ocorren cando o pronome persoal representa a mesma persoa
do suxeito (o suxeito e o pronome teñen o mesmo referente).
Pro. reflexivo
|
1ª p. sg
|
1ª p. pl.
|
2ª p. sg.
|
2ª p. pl.
|
3ª p. sg e pl.
|
Sen prep.
|
me
|
nos
|
te
|
vos
|
se
|
Con prep.
|
min comigo
|
nós
connosco
|
ti
contigo
|
vós
convosco
|
si
consigo
|
Contraccións
o
|
a
|
os
|
as
|
|
me
|
mo
|
ma
|
mos
|
mas
|
che
|
cho
|
cha
|
chos
|
chas
|
lle
|
llo
|
lla
|
llos
|
llas
|
nos
|
nolo
|
nola
|
nolos
|
nolas
|
vos
|
volo
|
vola
|
volos
|
volas
|
lles
|
llelo
|
llela
|
llelos
|
llelas
|
LLO-LLELO
EXERCICIOS
http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/o_pronome_persoal_tono.html
http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/exercicios_teche.html
http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/substitucin_de_cd_e_ci_polo_pronome_correspondente.html
Teísmo e Cheísmo:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)