1º:
O pronome átono non se debe confundir co pronome tónico.
Vós sabedes que non
vos esquezo.
A nós non che nos deu
nada
2º: O pronome átono NUNCA pode iniciar frase.
Chameite por
teléfono, pero saltou o contestador.
Quedáronme dous xurelos
sen vender.
Se na frase hai
unha pausa (con coma na escrita ou pausa oral) o pronome debe ir despois do
verbo, pois non debe comezar o enunciado: Axiña,
ponte a traballar.
3º:
A súa colocación normal é DESPOIS do verbo.
Iguais a eses hainos en calquera sitio.
Xoán chamoute ao móbil varias vaces.Excepcións
-- O pronome átono vai DAINTE do verbo nos seguintes casos:
1. Nas
oracións subordinadas: Dille que me chame.
2. Nas
oracións interrogativas e exclamativas: ¿Canto
che custou?
3. Nas
oracións desiderativas: oxalá me chamen
para esa película.
4. Nas
oracións negativas: Non te coñezo.
5. Cando o
verbo vai precedido de certos adverbios: acaso,
aínda, xa, axiña, mesmo, sempre, nunca, tamén…
e cando o verbo vai precedido por algúns indefinidos: algo, alguén, ninguén, ambos, bastante,
calquera, todo, nada.
6. Cando comeza o enunciado un elemento do predicado que habitualmente vai detrás do verbo, para focalizar a atención sobre el: Ganas me deron de marchar de
alí.
Acabamos de dicir que algúns
adverbios e indefinidos esixen a anteposición do pronome. Máis doado que
memorizar cales son os que esixen a proclise do pronome (é dicir, que vai
diante do verbo) podes facer o seguinte razoamento: estas clases de palabras
adoitan figurar no predicado despois do verbo; daquela, os enunciados nos que os
adverbios ou os indefinidos van diante do verbo son enunciados enfáticos,
polo que o pronome debe ir diante do verbo.
Mais, vaiamos por partes.
Esixen proclise os seguintes indefinidos:
-
Ninguén, nada e ningún (xa por seren negativos): Ninguén me axudou.
-
Algo, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos,
mesmo e todo. (Alguén nos avisará).
-
O problema está en
que algúns indefinidos, como os da serie seguinte: algún, outro, un, os
máis, os demais, moito, moi, pouco, tal, tanto, tan, máis, menos e demasiado, unhas
veces esixen proclise, outras non e outras depende do contexto. Poñamos de novo
un pouco de lóxica e será doado distiguir cando debe haber proclise ou
enclise. Observa estas oracións:
Algún día hasme dar a razón/ Algún che
gustará, non é?
Observa que a primeira permite unha pequena pausa entre a
frase que contén o indefinido (algún día)
e o verbo, polo que -como na norma xeral- o pronome vai despois do verbo. Mais
a segunda non permite esa pausa e conleva unha entoación enfática, polo que
esixe a proclise.
Tamén son deste tipo:
Tanto che me ten/
Demasiado o sabía ela / Tan honrado che é Xan coma Pericán.
Os adverbios
Compórtanse
de xeito semellante aos indefinidos:
Algúns fano por razóns de énfase (Si o teño/Si, téñoo; Mal te vexo/ véxote mal).
Outros dependen do significado: logo e agora provocan proclise cando significan “axiña”, pero non con outros significados (Agora vos atendo/ agora chámanos por orde).
En definitiva, adverbios como acaso, aínda, xa, axiña, mesmo, sempre, nunca, tamén, case, ata, disque, eis, seica, velaí, só, ben, cedo, tarde, mal, moito, talvez, quizais…poden esixir a anteposición do pronome cando, precedendo ao verbo, están en posición enfática e non admiten pausa antes do verbo: Aínda te lembro/ Aínda me parecen poucas suspensas.
Colocación cos infinitivos
Se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome
vai despois: Fora mellor contarllo antes.
Nos outros casos o pronome pode ir antes ou despois:
É unha tolemia
non llo dicir/ É unha tolemia non dicirllo.
Teño que dicircho/ téñocho que dicir/ teño que cho dicir.
ORDE DOS PRONOMES:
A orde de colocación dos pronomes é a seguinte:
Primeiro vai o pronome se, logo o pronome de solidariedade, despois o complemento indirecto e por último o complemento directo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario