xoves, 13 de febreiro de 2020

O pronome persoal átono


Formas de Complemento Directo


Singular
Plural
1ª pers
2ª pers
3ª pers
1ª pers
2ª pers
3ª persoa
me
te
o/lo/no
a/la/na
nos
vos
os/los/nos
as/las/nas


Alomorfos da 3ª persoa:

- no/na/nos/nas úsanse despois dun verbo rematado en ditongo (Merqueino barato. Chamouno a nai).
- lo/la/los/las úsanse tras verbo rematado en –r ou –s, tras os pronomes átonos "nos", "vos" e "lles" e tralo adverbio interrogativo –u (¿Ulo?).
- o/a/os/as empréganse no resto dos casos.


Formas de Complemento Indirecto


Singular
Plural
1ª pers
2ª pers
3ª pers
1ª pers
2ª pers
3ª persoa
me
che
lle
nos
vos
lles

- Te, pronome de 2ª persoa de CD: onte vinte na rúa.
- Che, pronome de 2ª persoa de CI: tróuxenche un agasallo.
- Lle , pronome de 3ª persoa singular de CI (a el ou a ela): deille un bo consello.
       - Lles, pronome de 3ª persoa plural e CI (a eles ou a elas): deilles un bo consello.

Formas reflexivas

Ocorren cando o pronome persoal representa a mesma persoa do suxeito (o suxeito e o pronome teñen o mesmo referente).
Pro. reflexivo
1ª p. sg
1ª p. pl.
2ª p. sg.
2ª p. pl.
3ª p. sg e pl.
Sen prep.
me
nos
te
vos
se
Con prep.
min comigo
nós
connosco
ti
contigo
vós
convosco
si
consigo

 

Contraccións


o
a
os
as
me
mo
ma
mos
mas
che
cho
cha
chos
chas
lle
llo
lla
llos
llas
nos
nolo
nola
nolos
nolas
vos
volo
vola
volos
volas
lles
llelo
llela
llelos
llelas

LLO-LLELO




EXERCICIOS

http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/o_pronome_persoal_tono.html

http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/exercicios_teche.html

http://aprendogalego.com/apgal_fin/4-pronomebac/substitucin_de_cd_e_ci_polo_pronome_correspondente.html

 Teísmo e Cheísmo:





mércores, 12 de febreiro de 2020

O pronome persoal tónico


Pronomes persoais tónicos

Desempeñan a función de suxeito:
Ti mais el sodes coma dúas pingas de auga.
 
Van tras preposición e tralas conxuncións comparativas:
Teño medo de vós. Xoel é tan rápido coma min.


Singular
Plural

1ª persoa
2ª persoa
3ª persoa
1ª persoa
2ª persoa
3ª persoa

Suxeito
Eu
Ti
El/ela
Nós
nosoutros
Vós
vosoutros
Eles/elas

Con prep.
Min
Ti
Si
Nós
Nosoutros
Vós
Vosoutros
Si

Prep.con
Comigo
Contigo
Consigo
Connosco
Convosco
Consigo


As formas de cortesía son vostede e vostedes: esixen o verbo en 3ª persoa
 Nosoutros e vosoutros son plurais de exclusividade (Imos recoller todos a leña; nosoutros xuntámola e vosoutros cargádela no carro).
Na terceira persoa as formas si e consigo son sempre reflexivas.
 Os pronomes tónicos de 1ª e 2ª persoa de plural deben levar til para diferenciarse dos átonos: Vós non vos erguedes a tempo.
Connosco, convosco son as formas tradicionais, preferibles a con nós ou con vós. Mais se o pronome leva algún adxacente, as formas sintéticas non son posibles: viñeron convosco/ viñeron con vó-las dúas.

Contraccións:



el
ela
eles
elas
de
del
dela
deles
delas
en
nel
nela
neles
nelas





luns, 13 de xaneiro de 2020

Os determinantes

O adxectivo determinativo acompaña o substantivo, seleccionándoo e delimitando o seu significado.

Os adxectivos determinativos concordan en xénero e número co substantivo ao que acompañan e determinan. Alternativamente, tamén reciben o nome de determinantes (como o artigo). Existen as seguintes clases:


1.- Demostrativos
Posúen un valor deíctico (sinalan a realidade nomeada polo substantivo) e indican a relación de proximidade ou distancia entre a dita realidade e o falante. 


Proximidade Xénero Número
Singular Plural
I masculino este estes
feminino esta estas
neutro isto
II masculino ese eses
feminino esa esas
neutro iso
III masculino aquel aqueles
feminino aquela aquelas
neutro aquilo

CONTRACCIÓNS COAS PREPOSICIÓNS 

EN DE
este
esta
isto
neste
nesta
nisto
deste
desta
disto
ese
esa
iso
nese
nesa
niso
dese
desa
diso
aquel
aquela
aquilo
naquel
naquela
naquilo
daquel
daquela
daquilo

CONTRACCIÓNS CO INDEFINIDO OUTRO
        
As formas dos demostrativos contraen co indefinido outro. As formas resultantes só admiten morfemas de xénero e número no segundo elemento.

singular plural
masculino
feminino
estoutro
estoutra
estoutros
estoutras
masculino
feminino
esoutro
esoutra
esoutros
esoutras
masculino
feminino
aqueloutro
aqueloutra
aqueloutros
aqueloutras


Exemplos:
                               Non quero estes discos, prefiro aqueloutros.
                               Entre eses e esoutros non hai diferen<a.
                                Dáme aqueloutras, que me gustan máis.

 

USOS ESPECIAIS DALGÚNS DEMOSTRATIVOS 

    1- As formas aquel, aquela poden funcionar coma un substantivo e con diferentes significados:
           Ten moito aquel para xogar ao balón ( Moito xeito).
            Preparaba a   comida con moita aquela ( Con moito coidado ).
2- Ás veces úsanse os verbos aquelar e aqueloutrar, con significados moi diferentes segundo o contexto:

            Hasme aquelar esa radio, se fas o favor ( Amañar )
            Desde que se foi vivir fóra anda moi aqueloutrado ( Preocupado )

3- A contracción daquela é moi empregada e ten un dobre valor:
            -Adverbial, equivalente a a entón : daquela bailábase doutro xeito.
            -Valor de conxunción, co sentido de polo tanto: Non estudaches, daquela vas suspender.
4- Nisto, nestas, con estas poden funcionar coma adverbios co significado de: entón, de repente, ó momento de acontecer:
            Prendín o televisor e nisto soou o teléfono.
            Estabamos na praza e nestas botouse a chover.




2- Posesivos
Da mesma maneira que o demostrativo, presenta valor deíctico, seleccionando a realidade designada polo substantivo, do cal indica quen é o seu posuidor.
Por vía de regra, o adxectivo posesivo vai precedido do artigo ou dun demostrativo (o seu chaleco, este meu amigo), agás contadas excepcións:

  • Con nomes de parentesco próximo, a expresar afectividade: meu pai, miña filla.
  • Cando a frase nominal en que se insire o posesivo ten función de vocativo: Non chores, meu rei!
  • Nalgunhas expresións e frases feitas: Meu deus!
  • Cando acompaña nomes de seres únicos, normalmente ligados á tradición católica: Noso Señor (Xesucristo), Nosa Señora (a Virxe María)

Un posuidor Varios posuidores
Persoa Xénero Singular Plural Singular Plural
1.ª persoa masculino meu meus noso nosos
feminino miña miñas nosa nosas
2.ª persoa masculino teu teus voso vosos
feminino túa túas vosa vosas
3.ª persoa masculino seu seus seu seus
feminino súa súas súa súas



VALORES ESPECIAIS DO POSESIVO


        1- As formas de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu, úsanse para expresar pertenza exclusiva ou calidade propia por natureza: ten piso de seu ( pertenza exclusiva ); é xeneroso de seu
                ( ten esa calidade por natureza)
  
     2- As formas cadanseu/s, cadansúa/s teñen un sentido distributivo:
                Xogaban con cadanseu balón; as mulleres levaban cadansúa cesta na cabeza.
  
     3- Nalgunhas locucións podemos utilizar o posesivo feminino no canto da preposición de seguida de pronome persoal: está detrás túa ( de ti )
        4- As formas de primeira persoa poden indicar familiaridade: senta aquí, meu amigo.
        Usados con numerais poden equivaler a unha expresión que indica cantidade aproximada: ata alí haberá os seus setenta quilómetros.



3.- Indefinidos
Expresan unha cantidade de modo impreciso ou refírense a seres, obxectos ou ideas dunha maneira indeterminada ou xenérica:

moitas mazás, algún lapis, demasiado ímpeto

Polo xeral, adoitan clasificarse en cuantificadores e identificadores. Estes son os determinantes indefinidos máis frecuentes

Variables Invariables
moito, moita, moitos, moitas cada
pouco, pouca, poucos, poucas
varios, varias
bastante, bastantes
abondo, abondos, abonda, abondas
ningún, ningúns, ningunha, ningunhas calquera
algún, algunha, algúns, algunhas
tanto, tantos, tanta, tantas
todo, toda, todos, todas



4.- Numerais
Como o seu nome indica, expresan o número concreto de seres, cousas ou ideas. Clasifícanse en dous tipos:
  • Cardinais. Expresan a cantidade exacta de obxectos ou seres indicados polo substantivo: dous niños, catorce anos.
  • Ordinais. Reflicten a orde que ocupa o substantivo: cuarto día, sexto andar.
A seguir, recóllense algunhas formas de numerais, tanto cardinais como ordinais.
 
 

Cardinais Ordinais
1 un/unha primeiro/a
2 dous/dúas segundo/a
3 tres terceiro/a
4 catro cuarto/a
5 cinco quinto/a
6 seis sexto/a
7 sete sétimo/a
8 oito oitavo/a
9 nove noveno/a
10 dez décimo/a
11 once undécimo/a
12 doce duodécimo/a
décimo segundo/a
13 trece décimo terceiro/a
14 catorce décimo cuarto/a
15 quince décimo quinto/a
16 dezaseis décimo sexto/a
17 dezasete décimo sétimo/a
18 dezaoito décimo oitavo/a
19 dezanove décimo noveno/a
20 vinte vixésimo/a


5.- Interrogativos e exclamativos
Os interrogativos preguntan directa ou indirectamente sobre a realidade designada polo nome, mentres que os exclamativos expresan sorpresa, admiración, énfase...
Segundo posúan flexión de número e xénero ou non, poden ser:
  • Variables: cal(es), canto(s), canta(s) (Cantos anos ten?)
  • Invariables: que (Que frío!)
 

sábado, 11 de xaneiro de 2020

xoves, 9 de xaneiro de 2020

Ser booktuber con xeito

Unha das tarefas desta segunda avaliación, será a de vos converter en Booktubers. Aquí vos deito este vídeo que atopei como mostra dun traballo ben feito:




Lembrade:
1.- Preparemos o que imos dicir sobre o libro: título, autor, editorial, colección…; asemade, que datos queremos destacar do mesmo. Por suposto, teresmo que contar de que vai, destacando as partes que nos interesen (lembrade: non contamos o final!)
2.- Facer un guión
3.- Ensaiar en voz alta. Non ler diante da cámara!
4.- Vocalizar
5.- Ser fiel ao meu propio estilo.
6.- Podemos utilizar material de apoio.

Etes erros dos que nos fala Rosa Moreno para as exposicións orais poden servir tamén á hora de facer un bo vídeo:




Seguide asemade as indicacións que fai A Profa: I e II

No blogue da biblioteca tedes numerosos exemplos de traballos feitos en anos anteriores polos vosos compañeiros e compañeiras:
https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/search/label/Booktuber