Séculos escuros from xenevra
luns, 27 de xaneiro de 2020
domingo, 26 de xaneiro de 2020
luns, 13 de xaneiro de 2020
Os determinantes
O adxectivo determinativo acompaña o substantivo, seleccionándoo e delimitando o seu significado.
Os adxectivos determinativos concordan en xénero e número co substantivo ao que acompañan e determinan. Alternativamente, tamén reciben o nome de determinantes (como o artigo). Existen as seguintes clases:
1.- Demostrativos
Posúen un valor deíctico (sinalan a realidade nomeada polo substantivo) e indican a relación de proximidade ou distancia entre a dita realidade e o falante.
| Proximidade | Xénero | Número | |
|---|---|---|---|
| Singular | Plural | ||
| I | masculino | este | estes |
| feminino | esta | estas | |
| neutro | isto | — | |
| II | masculino | ese | eses |
| feminino | esa | esas | |
| neutro | iso | — | |
| III | masculino | aquel | aqueles |
| feminino | aquela | aquelas | |
| neutro | aquilo | — | |
CONTRACCIÓNS COAS PREPOSICIÓNS
| EN | DE | |
| este esta isto |
neste nesta nisto |
deste desta disto |
| ese esa iso |
nese nesa niso |
dese desa diso |
| aquel aquela aquilo |
naquel naquela naquilo |
daquel daquela daquilo |
CONTRACCIÓNS CO INDEFINIDO OUTRO
As formas dos demostrativos
contraen co indefinido outro. As formas resultantes só admiten morfemas de xénero
e número no segundo elemento.
| singular | plural | |
| masculino feminino |
estoutro estoutra |
estoutros estoutras |
| masculino feminino |
esoutro esoutra |
esoutros esoutras |
| masculino feminino |
aqueloutro aqueloutra |
aqueloutros aqueloutras |
Exemplos:
Non quero estes discos, prefiro aqueloutros.
Entre eses e esoutros non hai diferen<a.
Dáme aqueloutras, que me gustan máis.
Non quero estes discos, prefiro aqueloutros.
Entre eses e esoutros non hai diferen<a.
Dáme aqueloutras, que me gustan máis.
USOS ESPECIAIS DALGÚNS DEMOSTRATIVOS
1- As formas aquel,
aquela poden funcionar coma un substantivo e con diferentes significados:
Ten moito aquel para xogar ao balón ( Moito xeito).
Preparaba a comida con moita aquela ( Con moito coidado ).
2- Ás veces úsanse os verbos aquelar e aqueloutrar, con significados moi diferentes segundo o contexto:
Hasme aquelar esa radio, se fas o favor ( Amañar )
Desde que se foi vivir fóra anda moi aqueloutrado ( Preocupado )
3- A contracción daquela é moi empregada e ten un dobre valor:
-Adverbial, equivalente a a entón : daquela bailábase doutro xeito.
-Valor de conxunción, co sentido de polo tanto: Non estudaches, daquela vas suspender.
4- Nisto, nestas, con estas poden funcionar coma adverbios co significado de: entón, de repente, ó momento de acontecer:
Prendín o televisor e nisto soou o teléfono.
Estabamos na praza e nestas botouse a chover.

2- Posesivos
Da mesma maneira que o demostrativo, presenta valor deíctico, seleccionando a realidade designada polo substantivo, do cal indica quen é o seu posuidor.Por vía de regra, o adxectivo posesivo vai precedido do artigo ou dun demostrativo (o seu chaleco, este meu amigo), agás contadas excepcións:
- Con nomes de parentesco próximo, a expresar afectividade: meu pai, miña filla.
- Cando a frase nominal en que se insire o posesivo ten función de vocativo: Non chores, meu rei!
- Nalgunhas expresións e frases feitas: Meu deus!
- Cando acompaña nomes de seres únicos, normalmente ligados á tradición católica: Noso Señor (Xesucristo), Nosa Señora (a Virxe María)
| Un posuidor | Varios posuidores | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Persoa | Xénero | Singular | Plural | Singular | Plural |
| 1.ª persoa | masculino | meu | meus | noso | nosos |
| feminino | miña | miñas | nosa | nosas | |
| 2.ª persoa | masculino | teu | teus | voso | vosos |
| feminino | túa | túas | vosa | vosas | |
| 3.ª persoa | masculino | seu | seus | seu | seus |
| feminino | súa | súas | súa | súas | |
VALORES ESPECIAIS DO POSESIVO
1- As formas de meu, de teu, de seu,
de noso, de voso, de seu, úsanse para expresar pertenza exclusiva ou calidade
propia por natureza: ten piso de seu ( pertenza exclusiva ); é xeneroso de seu
( ten esa calidade por natureza)
2- As formas cadanseu/s, cadansúa/s teñen un sentido distributivo:
Xogaban con cadanseu balón; as mulleres levaban cadansúa cesta na cabeza.
3- Nalgunhas locucións podemos utilizar o posesivo feminino no canto da preposición de seguida de pronome persoal: está detrás túa ( de ti )
4- As formas de primeira persoa poden indicar familiaridade: senta aquí, meu amigo.
Usados con
numerais poden equivaler a unha expresión que indica cantidade aproximada: ata alí
haberá os seus setenta quilómetros.( ten esa calidade por natureza)
2- As formas cadanseu/s, cadansúa/s teñen un sentido distributivo:
Xogaban con cadanseu balón; as mulleres levaban cadansúa cesta na cabeza.
3- Nalgunhas locucións podemos utilizar o posesivo feminino no canto da preposición de seguida de pronome persoal: está detrás túa ( de ti )
4- As formas de primeira persoa poden indicar familiaridade: senta aquí, meu amigo.
3.- Indefinidos
Expresan unha cantidade de modo impreciso ou refírense a seres, obxectos ou ideas dunha maneira indeterminada ou xenérica:
moitas mazás, algún lapis, demasiado ímpeto
Polo xeral, adoitan clasificarse en cuantificadores e identificadores. Estes son os determinantes indefinidos máis frecuentes
| Variables | Invariables |
|---|---|
| moito, moita, moitos, moitas | cada |
| pouco, pouca, poucos, poucas | |
| varios, varias | |
| bastante, bastantes | |
| abondo, abondos, abonda, abondas | |
| ningún, ningúns, ningunha, ningunhas | calquera |
| algún, algunha, algúns, algunhas | |
| tanto, tantos, tanta, tantas | |
| todo, toda, todos, todas |
4.- Numerais
Como o seu nome indica, expresan o número concreto de seres, cousas ou ideas. Clasifícanse en dous tipos:
- Cardinais. Expresan a cantidade exacta de obxectos ou seres indicados polo substantivo: dous niños, catorce anos.
- Ordinais. Reflicten a orde que ocupa o substantivo: cuarto día, sexto andar.
| Cardinais | Ordinais | |
|---|---|---|
| 1 | un/unha | primeiro/a |
| 2 | dous/dúas | segundo/a |
| 3 | tres | terceiro/a |
| 4 | catro | cuarto/a |
| 5 | cinco | quinto/a |
| 6 | seis | sexto/a |
| 7 | sete | sétimo/a |
| 8 | oito | oitavo/a |
| 9 | nove | noveno/a |
| 10 | dez | décimo/a |
| 11 | once | undécimo/a |
| 12 | doce | duodécimo/a décimo segundo/a |
| 13 | trece | décimo terceiro/a |
| 14 | catorce | décimo cuarto/a |
| 15 | quince | décimo quinto/a |
| 16 | dezaseis | décimo sexto/a |
| 17 | dezasete | décimo sétimo/a |
| 18 | dezaoito | décimo oitavo/a |
| 19 | dezanove | décimo noveno/a |
| 20 | vinte | vixésimo/a |
5.- Interrogativos e exclamativos
Os interrogativos preguntan directa ou indirectamente sobre a realidade designada polo nome, mentres que os exclamativos expresan sorpresa, admiración, énfase...
Segundo posúan flexión de número e xénero ou non, poden ser:
- Variables: cal(es), canto(s), canta(s) (Cantos anos ten?)
- Invariables: que (Que frío!)
sábado, 11 de xaneiro de 2020
Cantigas de Santa María
Páxina web informativa, xenial: http://cantigas.webcindario.com/
Recopilación de imaxes de músicos que acompañan os textos das cantigas do Rei Alfonso X "O Sabio":
xoves, 9 de xaneiro de 2020
Ser booktuber con xeito
Unha das tarefas desta segunda avaliación, será a de vos converter en Booktubers. Aquí vos deito este vídeo que atopei como mostra dun traballo ben feito:
Lembrade:
1.- Preparemos o que imos dicir sobre o libro: título, autor, editorial, colección…; asemade, que datos queremos destacar do mesmo. Por suposto, teresmo que contar de que vai, destacando as partes que nos interesen (lembrade: non contamos o final!)
2.- Facer un guión
3.- Ensaiar en voz alta. Non ler diante da cámara!
4.- Vocalizar
5.- Ser fiel ao meu propio estilo.
6.- Podemos utilizar material de apoio.
Etes erros dos que nos fala Rosa Moreno para as exposicións orais poden servir tamén á hora de facer un bo vídeo:
Seguide asemade as indicacións que fai A Profa: I e II
No blogue da biblioteca tedes numerosos exemplos de traballos feitos en anos anteriores polos vosos compañeiros e compañeiras:
https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/search/label/Booktuber

Subscribirse a:
Comentarios (Atom)