Narrar
é contar uns feitos que sucederon. O narrador conta, relata, refire unha
historia (un feito real ou imaxinario no que suceden determinadas accións) que
lle sucede a alguén (personaxes humanos ou non, reais ou ficticios, individuais
ou colectivos) e desenvólvese nun determinado lugar e tempo. A narración
interrómpese con frecuencia pola presenza de descricións, diálogos, aínda que é
posible que unha narración por si soa chegue a constituír un texto propiamente
dito.
Por tanto, narrar é contar uns feitos reais ou imaxinarios cuns personaxes nun tempo e lugar determinados.
A
narración utilízase principalmente nos textos literarios e xornalísticos, pero
pode aparecer en calquera tipo de texto, incluída a conversa. A función
predominante é a referencial, pero iso non implica que a intención comunicativa
sexa necesariamente informativa, pode ser entreter, convencer, etc.
1.- Cales son so cinco elementos da narración?
-
Narrador:
interno (1ª persoa) ou externo (3ª persoa)
-
Personaxes:
principal (protagonista) e secundarios. Pode aparecer un antagonista.
- Espazo:
aberto ou pechado; real, imaxinario ou fantástico
-
Tempo:
desde o principio, a metade da historia (o máis frecuente) ou desde o final;
tempo externo ou tempo interno.
-
Acción: sucesos que lle ocorren aos personaxes. Diferenciamos entre o TEMA (de que trata o texto), o ARGUMENTO (sucesión de acontecementos ou situacións) e TRAMA (organización dos acontecementos). Ou sexa, o tema desenvólvese sobre o argumento a través da trama
2.- Os personaxes
Segundo o seu papel na historia os
personaxes poden ser protagonistas ou
secundarios. Os protagonistas realizan unha serie de accións para conseguir
uns obxectivos e outros personaxes (principais ou secundarios) axudan aos
protagonistas a conseguir os seus obxectivos (aliados) ou lles poñen obstáculos
(adversarios).
Tamén pode aparecer un antagonista, que é o personaxe que se
opón ás accións do protagonista e intenta que non consiga o seu propósito
Os personaxes poden ser planos, aqueles que responden durante
toda a obra a un esquema establecido desde a súa aparición sen variar no
desenvolvemento da acción. Normalmente este esquema tipo verá configurado por
obras literarias anteriores, neste caso os personaxes
serán arquetípicos. Unha segunda posibilidade é un tratamento fondo dos
personaxes principais que responden a unha complexidade psicolóxica
considerable e que, polo tanto, non serán facilmente reducibles a un esquema;
estes son denominados caracteres
redondos e van evoluíndo a medida que avanza a historia.
3.- Espazo e tempo
O espazo pode estar concibido
como un espazo obxectivo, é dicir, como un reflexo máis ou menos fiel do mundo
real, ou ben como un espazo subxectivo cando aparece determinado pola
percepción que o personaxe realiza desde a súa subxectividade.
En canto ao tempo, hai que ter en
conta en primeiro lugar o tempo externo
que refire a época histórica en que suceden os feitos relatados e o tempo interno que fai referencia tanto á
orde cronolóxica dos acontecementos narrados como á súa duración. Cando o
narrador relata os feitos na orde en que sucederon dise que é una narración
lineal, pero pode haber alteracións da orde que dean lugar a saltos temporais
ou anacronías, que se producen cando hai discordancia entre a orde da historia,
lóxica e lineal, e a orde do discurso, subxectivo e dependente do punto de
vista. Hai dous tipos fundamentais de anacronías: a analepse (flash back),
evocación de momentos anteriores, e a
prolepse, anticipación de acontecementos posteriores ao tempo da historia.
4.- O narrador
O narrador (ente de ficción
encargado de contar a historia) pode relatar os feitos en primeira persoa,
(narrador personaxe/narrador protagonista), en terceira persoa, (narrador testemuño
dos acontecementos) ou mesmo en segunda persoa (como un desdobramento da primeira
persoa).
O
grao de coñecemento dos feitos por parte do narrador determina a perspectiva ou
punto de vista, que pode cambiar ao longo do relato. O primeiro elemento estrutural
na narración é o punto de vista xa que o problema previo á estruturación da
materia narrativa é saber quen será o narrador e desde que punto de vista vai
ser tratada. Atendendo á perspectiva podemos distinguir os seguintes
narradores:
- Punto de vista externo: o narrador é unha voz situada FÓRA da historia, conta feitos nos que on participou como personaxe, limítase a narralos “dende fóra”:
- Narrador omnisciente: o narrador
domina toda a historia, o que ocorre dentro e fóra de cada personaxe, antes e
despois, pero non participa na historia.
- Narrador observador (narrador
obxectivista): só conta o que ve e o que oe (accións externas), como unha
cámara fotográfica, sen saber (e polo tanto non pode contalo) o que pensan ou
senten os personaxes. Ás veces esta voz pode estar dentro da historia, polo
tanto, pode ser interno ou externo. Ex.: Crónica
de una muerte anunciada).
- Narrador editor: o escritor finxe
que a obra non a escribiu el, senón que a atopou escrita e limítase a editala.
Ás veces son cartas as que o autor di estar publicando. É unha técnica parecida
á do “relato dentro do relato”, onde un personaxe narra a outro unha historia.(Utilizado xa en “Las
mil e unha noites”).
- Punto de vista interno: o narrador sitúase dentro da historia, como un dos personaxes que participan na acción. Hai varios tipos de narradores internos:
1.
Narrador protagonista: usa
preferentemente a primeira persoa narrativa
2.
Narrador personaxe secundario, que
pode alternar o uso da primeira e terceira persoa.
(Ex.: as narracións de Sherlock Holmes).
(Ex.: as narracións de Sherlock Holmes).
3.
Narrador testemuña, presente como
espectador, utiliza preferentemente a terceira persoa. Tamén pode utilizar a
segunda.
6.- A NARRACIÓN
PRESENTA OS SEGUINTES RASGOS LINGÜÍSTICOS:
- Uso do perfecto para enunciar os feitos e do imperfecto para presentar o desenvolvemento das accións: Chegou cedo, Camiñaba pola rúa cando escoitou un berro
- Predominio de oracións enunciativas
- Relevancia de complementos circunstancias de lugar e tempo
- Utilización de subordinadas adverbiais de causa, finalidade e consecuencia e de coordinadas copulativas que permiten a organización lóxica das accións.
- Presenza dos estilos directo e indirecto: Contestoulle: -Boh!; Lembroulle que era tarde.
-
Utilización de verbos de movemento,
acción e lingua: Correu tras ela; Díxolle que non estaba
- Emprego de adverbios deícticos de lugar e tempo: Ocorreu alí; Coñeceuno onte
Que outros elementos debemos ter en contar para a
redacción dun texto narrativo?:
- .-
División do texto narrativo en capítulos
ou secuencias.
- .- Introdución de descricións de persoas,
lugares ou obxectos.
-
.- Introdución de diálogos entre
personaxes.
-
.- Creación ou non de suspense.
-
.- Final aberto ou pechado.
.-.-Uso de expresións espaciais (aquí, alí,
diante, máis atrás...) e temporais (entón, onte, ao mesmo tempo...)
- .-
Uso preferentemente de verbos en pasado
como o imperfecto (cantaba) ou o o perfecto
(cantou).
- .-
Uso de verbos de acción ou de lingua
(dicir).
Ningún comentario:
Publicar un comentario