O libro de texto que se utiliza é "Lingua e Literatura Galega" de 3º de
ESO da editorial Anaya. Está dividido en tres
tomos, e terédelos nas taquillas de voso, posto que imos alternar a súa
utilización. Lembrade que é importante non levar na mochila moito peso, así que procurade levar nela só o material absolutamente necesario.
Ademais, debedes ter un Caderno para exercicios
escritos (mellor de follas intercambiábeis): obrigatorio e a
disposición da
profesora. Nel iremos vendo os vosos progresos na escrita, unha parte ben
importante do curso. Pódovolo pedir en calquera momento, polo que
teredes que telo sempre coidado e non o podedes esquecer na casa.
Lembrade: ESCRIBIR É UN LABOR DIFÍCIL, e teremos que corrixir unha e mil veces para irmos mellorando. Será unha das partes fundamentais do curso.
Lembrade: ESCRIBIR É UN LABOR DIFÍCIL, e teremos que corrixir unha e mil veces para irmos mellorando. Será unha das partes fundamentais do curso.
A materia divídese en catro apartados:
1.- Haberá dous exames por avaliación que constituirán o peso específico da nota, un 60%, por tanto, 6 puntos. Os contidos que se incluirán serán os referidos a comprensión lectora, expresión escrita, funcionamento da lingua, lingua e sociedade e educación literaria que se traballen en cada avaliación. Haberá contidos que estean presentes nas tres avaliacións.
Normalmente, os exames comezan cun texto inzado de erros para corrixir: procuraremos con el irmos pola rúa vendo os múltiples erros ortográficos que nos rodean (*Centro urbán)
2.- Probas escritas de comprensión oral e observación sistemática do alumnado na expresión oral: 15% da nota.
Neste apartado incluíremos audicións, lecturas en voz alta, exposicións, debates, dramatizacións, performances... Valoraranse tanto as intervencións planificadas como as espontáneas.
Cómpre prestar atención ás intervencións na aula, tanto coa profesoracomo coas/cos compañeir@s, xa que serán tidas obxectos de cualificación.
Para poder acadar este valor teremos que utilizar sempre a lingua de noso na aula; si, falar castelán penaliza.
Neste apartado incluíremos audicións, lecturas en voz alta, exposicións, debates, dramatizacións, performances... Valoraranse tanto as intervencións planificadas como as espontáneas.
Cómpre prestar atención ás intervencións na aula, tanto coa profesoracomo coas/cos compañeir@s, xa que serán tidas obxectos de cualificación.
Para poder acadar este valor teremos que utilizar sempre a lingua de noso na aula; si, falar castelán penaliza.
3.- A Comprensión Oral (lectora) chega ata o 10% da nota. Probas escritas e/ou orais de comprensión lectora de fragmentos de obras, textos... Pode haber unha proba específica pero tamén se cuantificarán aquelas traballadas na aula.
4.- A Expresión e Comprensión escrita valorarase, por tanto, co 15% restante. Estes exercicios poderanse realizar ben na casa ben
na aula. Revisaranse as actividades de expresión escrita, traballos individuais, en grupo... tanto realizadas na casa como na aula. Por exemplo, os textos de expresión escrita que deberán elaborarse na casa formarán parte da nota deste apartado..
Valorarase a actividade diaria, preguntas realizadas, actitude (cara á materia, cara á profesora, cara aos/ás compañeir@s...)
Valorarase a actividade diaria, preguntas realizadas, actitude (cara á materia, cara á profesora, cara aos/ás compañeir@s...)
Para superar a materia, cómpre unha media de 5 nas avaliacións, pero para que se poida realizar esta media non se poderá baixar dun 3. Cada avaliación terá unha recuperación no seguinte trimestre.
En setembro, claro está, entra toda a materia, agás a oralidade.
En todas as probas e traballos escritos valorarase a expresión escrita, podendo restar ata 2 puntos por estes aspectos: presentación incorrecta, imprecisións terminolóxicas, incoherencias no texto, erros de cohesión (nexos inapropiados e mala puntuación do texto) e incorreccións ortográficas. Estas últimas descontarán do seguinte xeito: a acentuación non diacrítica -0,05 e o resto dos erros -0,1.
Non hai libros de lectura obrigatoria. Significa iso que non imos ler? Noooon, todo ao contrario, imos ler, e moito. Cando menos, os primeiros dez minutos da hora de clase serán sempre para ler.
Os libros poderedes escollelos na biblioteca entre unha ampla listaxe
que abarca todos os gustos; se estades interesad@s nalgún outro que non
figura, preguntades se é axeitado e se o é, engadirase a esa proposta
inicial. Se a min non me gusta que me impoñan ningún libro, coido que a
vós tampouco. Iso si, estamos para aconsellar sobre lectura. Non
esquezades: nalgunha parte hai un libro para ti. Hai que procuralo. Por
suposto, levarei un control dos libros que leades. En cada trimestre
teredes que facer unha recensión obrigatoriamente dalgún deles. Nesta
recensión valorarase sobre todo a argumentación e a expresión,
mellorándoa de cada vez, e que irá a sumar as notas dese 15% do que vos
falei.
Asemade,
teredes a oportunidade de mellorar as vosas notas da avaliación coa
lectura dun libro optativo e posterior recensión do libro, podendo subir
ata 2 puntos esa nota. Sempre que se teña na media dos dous exames da avaliación un 4 como mínimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario