Imos empezar a
crear personaxes.
En calquera narración ten que haber un protagonista,
un personaxe a quen lle pasen todas as cousas que a ti se che ocorran. Ti
decides como ten o nariz, se é do tamaño dun zapato, se é pequeniña coma un
botón; ti dáslle vida e resolves quen é e que fai, de onde vén e onde vai. Todo
está nas túas mans: tes a posibilidade de facer maxia.
Para crear un personaxe...
1º.- Datos básicos
Nome:
Apelidos:
(Tamén podemos utilizar un Alcume)
Data de nacemento:
Cidade:
Profesión:
2º.- Descrición
Trazos e particularidades
3º.- Breve historia
Resumo da súa vida e obra
A DESCRICIÓN DUN PERSONAXE CHÁMASE RETRATO. ATENDENDO ÁS SÚAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS, DENOMÍNASE PROSOPOGRAFÍA. ATENDENDO ÁS SÚAS CARACTERÍSTICAS MORAIS, ETOPEA.
Hai escritores que se deteñen a facer minuciosas
descricións dos seus personaxes, revelando ao lector as características físicas
e a indumentaria dos mesmos con todo luxo de detalles.
I. A
túa tarefa arestora será crear un personaxe buscado pola policía. Como non existe ningunha
fotografía del ou dela, terás que facer unha descrición o máis detallada
posible para que se poida facer un retrato robot. Pensa e descríbeo ben
fisicamente, se ten marcas, tatuaxes, lunares, tics nerviosos... calquera cousa
precisa que axude á súa mellor identificación.
SOBRE OS ESTADOS DE ÁNIMO:
Hai escritores e escritoras que con poucas palabras
saben describir o estado de ánimo do personaxe. Hai que dar datos ao lector
para que comprenda como se sente o protagonista, xa que unha mesma frase pode
ter significados completamente diferentes segundo como se diga.
Por exemplo, é moi diferente escribir:
-
“Alicia xirouse bruscamente e dixo moi rabiosa: “Bos días”
-
“Alicia xirouse gracilmente e dixo cun sorriso encantados:
“Bos días”
II. A túa seguinte tarefa consiste en describir diferentes estados de ánimo dun personaxe a partir da seguinte frase:
“Bos días, estiven pensando en ti”
III. Arestora, unha nova tarefa arredor das personaxes:
Para poder crear unha historia, primeiro debemos pensar que personaxes interveñen nela. Así que agora imos crear varios personaxes que logo serán os que utilicemos na posterior creación dunha historia. Podedes crear uns personaxes que xiren arredor dalgunha historia ou conto (fadas, dragóns...) dalgún filme, ou crear outros completamente novos. Esa será a vosa elección. Lembrade que tedes que pensar nos datos que vos dixemos ao comezo deste "post".
Déxovos un exemplo:
A BRUXA RUFINA
Non é unha bruxa común, xa que non lle gusta que a xente -especialmente os nenos e as nenas- lle teña medo, non adoita facer dano a ninguén nin quere asustar xamais.
É unha persoa moi doce e moi sensible, aínda que ninguén o sabe porque a súa aparencia é ben diferente, con ese pucho que utiliza, eses grans monstrosos e ese nariz puntiagudo; a súa compañía máis prezada é un cadeliño de nome "Pelegrín" que acariña a cada momento e con quen comparte a súa soidade de bruxa temerosa, e con quen inventa historias para as súas amigas invisibles. O que máis bota de menos deste mundo é non poder pasear nin ir ao parque a xogar, xa que todo o mundo cando a ve bota a correr espantado. E iso énchea de tristura.

Ningún comentario:
Publicar un comentario